All posts by Soledad Castro Soliño

O 33º Gran Premio en clave Comesaña.

Este sábado 14 de Xullo as pistas de Balaídos acolleron o 33º Gran Premio Cidade de Vigo de Atletismo en Pista. Despois das dúbidas e oscilacións entre a celebración e non celebración o Gran Premio foi unha realidade mellor ou peor, pero alomenos supón a continuación dunha competición de referencia dentro do calendario do atletismo galego, esperemos que os esforzos e a vontade sigan adiante para poder facer posible unha 34 edición.
O Comesaña tivo a súa representación, destacable nos 1000m. tanto masculinos como femininos. Unha e maila outra proba foron gañadas por atletas comesañenses.
Adrián Lago Tizón con 2′:39»,75 proclamouse vencedor da proba masculina, Vicente Suárez Amoeiro  foi 5º  cun crono de 3′:00».87 quedando 8º Alexandre Lago Tizón con 4′:01».22
No mil feminino levamos maioría representativa ´´Angela González Fernández foi primeira con 3′:00».41; terceira sería Lorena Fernández Carreira 3′: 27».98; María Pérez Boente clasificouse 5ª cun tempo de 3′:32.11 e Irene Guerra Dablanca cos seus 3′:54».33 quedou sexta.
En máis curto .Mónica Rodríguez Álvarez foi a primiera en chegar á meta na final A dos 400m.l. cun tempo de 1′:05.85.
Noraboa a estes atletas pola súa participación e que a presenza prosiga en posteriores edicións.

Consideracións de domingo

De obrigada mención podemos considerar ou de mención sen obriga consideramos a participación dos atletas do Comesaña S. C., nos Campionatos Galegos de Pista ao aire libre. Celebráronse nas pistas de Balaídos en Vigo  en dobre xornada de domingo.
Os comesañenses entregáronse en xornada vespertina en distancias de fondo e medio fondo. Soprou Eolo, quizáis por medirse coas forzas dos ousados atletas, o desafío foi constante.

Carmela Cardama Báez, esta xuvenil foi a máis rauda, correu un 1.500, que completou coma 5ª deste Cto. Absoluto, en 4’44″21, marca persoal, anterior 4’49″05. Excelente temporada a desta xove atleta. Esperamos que a súa evolución  augure unha traxectoria de grandes feitos cumpridos.

Rauda e «curta» dicimos porque o cinco mil, acolleu ao resto dos atletas, tres homes e tres mulleres que deron doce voltas e media á pista. Enrique Martínez Martínez, acabou no posto 11º, sendo no seu debut na distancia o primiero clasificado do club…  situándose ademáis primero xuvenil de ránking FGA cun tempo de 16’16″21, Alejandro Álvarez Costas entrou 13º, invertindo 16’45″37 e Manuel Ayuso Vilaboa  foi 14º con 17’32″25. Trío en 5.000 de ases, porque sempre quedan as espadas para seguir loitando con Crono.

En Feminino, completamos Ouro, Prata e Bronce. Podio pleno para o Comesaña. Yolanda Guitérrez Robles proclamouse vencedora na distancia con de 17’44″29, o segundo posto foi para María de las Mercedes Gómez Alonso, con 19’03″61 e un segundo despois entrou María Soledad Castro Soliño, 19’04″02. Trío de podium para seguir sumando
Clave Comesaña de Campionato. Que outros máis Campionatos teñamos con máis nomes que considerar.

******************************************************************

Tamén en Cambados, pola mañá, na IV  Carreira Popular Concello de Cambados, se considerou  clave Comesaña, porque alí se trasladaron varios dos nosos atletas por correr un 10Kms. . Facemos recopilación de resultados

15º-   Victor Xosé González Horta–   10ºSM-  34’30»
27º-   Adrián González Blanco–   17ºSM-   35’08»
29º-   Miguel Marzóa Ruíz– 19ºSM-   35’22»
39º-   José Andrés Fervenza Fragueiro–   13ºVAM-   35’58»
83º-   Germán Díaz Alonso–   29ºVAM-   37’24»
115º- Félix Qintáns Meléndez– 46ºVAM-  38’27»
130º- José Manuel Martín Tallón-52ºVAM-   38’42»
203º- José Manuel Lorenzo Fernández– 80ºVAM- 40’16».

Na carreira masculina o gañador foi Alejandroo Fernández Rivera  (Ourense Academia Postal), cun tempo de 29’47», segundo entrou Pedro Nimo del Oro (Bikila) en 30’18», e completou o terceiro posto Crisanto Grajales Valencia de Veracruz, cun crono de 30’55».

Na feminina gañou Esther Pedrosa Carrete, (USC)  cun tempo de 38’27», e segunda foi a comesañense Águeda Ofelia Blanco Pérez, sendo primeira da súa categoría, SF, con 39’32», terceira sería Sara Castillo Oñate ( Club atletismo Hellín) e o tempo foi de 40’47».

No San Xoán…correrás

 A vintenove do San Xoán, foi coma sempre, unha carreira marcada polos ritos atléticos e festivos. Os retos e intencións de centos de atletas  deron comezo no lusco das nove e cuarto e camiño do fusco chegaron ao Berbés. Non se sabe se acompañados de feitizos e misterios, que prenden o lume da noite, ou tamén das herbas miragreiras que manteñenen as supersticións vivas. O asfalto das rúas viguesas acolleu unha edición máis deste tradicional evento nuns oito kms que finalizaban con vale de sardiña, tamén rosquilla e bebida para compensar o esforzo.

A presenza do Comesaña foi notada e notoria.
A representación masculina deixou unha listaxe na clasificación de vinteun atletas. A carreira foi gañada por Pedro Nimo del Oro (Bikila). cun tempo de 23’54» seguido de José Antonio Ramallo Reboredo (SGP), con 24’05» e Álvaro Prieto Fervenza (EAM Fuerteventura), completou o podio cun crono de 24’20».
O primiero comesañense foi Pablo Carrera Blanco,(25’43») 13º da xeral e 8º da sua categoría. Seguidamente entraron en catro segundos catro dos nosos, do posto 15º ao 18º. Proclamouse Enrique Martínez, (26’09») gañador da súa categoría, xuvenil do 95 él.
A vencedora na carreira feminina foi María Jesús Gestido (EAM Fuerteventura) que volve facernos os podios imposibles de triple comesañense, o seu tempo foi de 28’03». Noraboa pois, e que moitos máis podios lle acollan. E o misterio da noite chamouse Estefanía Domínguez; apareceu nalgures correu moito e chegou segunda á meta, pero o seu nome non foi pronunciado a efectos oficiais, foi muller sen dorsal, sen formalizada participación. Feito que situou a Patricia en segunda posición e a Sole en terceira, cuns tempos de 28’13» e 29’08» respectivamente. Cuarta entrou Merchi proclamándose vencedora da súa categoría CF1, ao igual que Sole en DF. Correspondeulles o segundo e terceiro posto na categoría AF a Lorena e Elena. Mila e Olga situaríanse de 4 e 5 en DF. e Montse Carreira foi sexta en CF.

Faise recopilación dos resultados dos atletas masculinos do Comesaña atandendo a :Posto Xeral, Posto de Categoría e Tempo invertido
13º- Pablo Carrera Blanco- BM8- 25’43»

15º- Enrique Martínez Martínez- AM1- 26’09»
16º- Miguel Marzóa Ruíz– BM9- 26’13»
17º- Alejandro Álvarez Costas– BM10- 26’13»
18º- Miguel Ángel Costas Iglesias– BM11- 26’17»
21º- César Costas Álvarez– CM4- 26’24»
36º- Samuel Rodríguez Gómez– BM16- 27’14»
41º- Manuel Ayuso Vilaboa– BM17- 27’26»
69º- Cándido Acuña Fernández– CM-32- 28’36»
92º- Yago Lago Álvarez– BM33- 29’31»
111º-Serafín Costas Iglesias– BM39- 30’39»
124º-José Manuel Martín Tallón– CM56- 30’27»
133º-José Manuel Lorenzo Fernández– CM- 63- 30’45»
196º-Manuel Pérez González– DM27- 32’13»
197º-Marcos Castro Rodríguez– CM93- 32’14»
214º-Alberto Correa Gallego– BM71- 32’43»
225º-Antón Amoedo Giménez– CM109- 33’02»
266º-Ramón Vilanova Souto– DM42- 34’03″(*)
271º-Alberto Ayuso Vilaboa– AM6- 34’10″(*)
272º-Juan Fernández Comesaña– AM7-34’10″(*)
362º-Diego Alonso Otero-BM114- 36’48″(*)

E as Mulleres así se clasificaron:

55º-2ªF- Patricia Méndes Pereira– BF2- 28’13»
81º-3ªF- María Soledad Castro Soliño– DF1-  29’07»
96º-4ªF- María de las Mercedes Gómez Alonso– CF1- 29’38»
269º-13ªF-Montserrat Carreira Costas-CF6- 34’06″(*)
275º-14ªF-Lorena Fernández Carreira– AF2- 34’17″(*)
430º-42F-Elena Guerra Dablanca– AF3- 39’44″(*)
467º-53ªF-Milagros Gómez Cagide – DF4- 42’53″(*)
469º-54ªF-Olga Romero Domínguez– DF5- 43’00″(*)

(*) Figuran os postos reaís da carreira, pois o que figura no posto 228º dos reultados oficiáis debe ser descalificado, non completou a carreira.

Destacamos desta crónica en clave Comesaña a numerosa participación, desenfadada ou enfadada, mellor ou peor cumprida.
Agardamos unha Trinta.

Nas fotos xentileza de Ruben Huertas Otero, na primeira, de esquerda a dereita: Guzmán Gómez, Alejandro Álvarez, Enrique Martinez e Miguel Marzóa, na segunda nosa Patricia M. Pereira.

En Lugo, medallas para o Comesaña

Inestable, así foi a climatoloxía dominical: rachas de vento que desequilibraban os tempos, con nubarróns que oscilaban diante do sol dispoñendo a chuvia por veces.
Así foi Lugo este domingo nas Pistas de Atletismo Gregorio Pérez Rivera, os veteràns consolidaron o seu campionato galego en pista ao aire libre. En xornada de mañá e tarde fóronse desenvolvendo as distintas probas, unhas con máis participantes, outras non con tantos. A cita congregou a unha parte representativa do atletismo veterán, pero diríase que faltou outra boa parte.
En clave Comesaña

Nesta ocasión a pista foi das mulleres, seis e un home chegaron ata Lugo para competir nas súas respectivas probas. Dominou o sector curto e tamén dominou un pleno en medallas.
Marcos Castro Rodríguez (M35) participou nos 400 m.l. e invertiu neles 1’02″30, que significou o bronce na súa categoría. Tamén quixo estar nos 5000m.l. nos que rematou 14º da xeral e 7º da categoría cun tempo de 20’08’40».
Tivemos dúas W60,
Olga Romero Domínguez, en salto de lonxitude proclamouse campiona de categoría con 2,97 m, sendo 4ª da xeral. Nos 100 m.l. foi 2ª con 17″35, seguindo á súa compañeira de equipo e categoría Flora Josefa Gúzmán Davila quen cun tempo de 16″96, acadou o posto primeiro. Repetiu áurea medalla nos 200 m.l. parando o crono en 32″37. Dobre de ouros para Flor

Sempiterna María Jesús Sanguos Espiña, agora W55, participou nos 400 m.l. cun campionato xeral e de categoría, 1’10″37 foi o que tardou en completar a volta á pista, esta vez sen vallas, pero cunha nova mellor marca nacional na distancia e na categoría. Imbatible Chus, retando tempos, desafiándose, sempre eterna promesa cumprida.
Tamén dúas representativas en W45.
Milagros Gómez Cagide participou en lanzamento de peso, sendo 5ª da xeral e 1ª da categoría con 7,46 m. En salto de lonxitude tamén foi 5ª xeral e 2ª W45 con 2,60 m. Nos 200 m.l. invertiu 37″46, que lle proporcionou outra prata.
María Soledad Castro Soliño, deu 12 voltas e media á pista coas mulleres todas e os homes de W50 en 19’11″66, foi o tempo que lle valeu para afacerse cun campionato de 5.000 m. un chisco opaco.
A nosa W35 foi Elisabeth Oya Steinbruggen,  foi prata nos 400m, 1’08″55, máis bronce no 200 m.l. cun crono de 30″93
E aquí se pecha unha xornada máis de atletismo veterán, polémica en números de voltas no 10.000, no 5.000,.E excesivamente demorada en entrega de medallas.
Todo é mellorable, os números cantan, pero ás veces desafinan, outras veces despistan. Houbo disconformismo, houbo espera. Inestable xornada para inestables tempos.

Cross en primavera

Hoxe chove, onte tamén. Situouse a chuvia na semana, constante e intensa. Atrás quedou o sol, diríase que impreso nunha mañá do último domingo de abril.  Espertou e brillou para acompañar unha matutina xornada de Cross e logo iniciou o seu letargo.
En San Miguel de Oia, no camiño da Verdella, por segundo ano consecutivo neste novo circuíto, transcorreu o Trofeo San Miguel. Cross de primavera para atletas de monte, terra e herba.

O percorrido definiuse en reviravoltas, curvas de desaceleración e rectas de recuperación, algúns pasos estreitos que quizáis dificultaron o ritmo de carreira no seu inicio. O final resultaron gañadores deste «Trofeo San Miguel de Campo a Través» por parte masculina o atleta marroquí independente Akka Essaadaoui, mentras en mulleres gañaba a comesañense de Mos Soledad Castro.

O Comesaña S. C. completou unha considerable presenza, distribuída nas distintas categorías. Con podio e sen el, os nomes aí estiveron participando cun nome de Clube.
Faise recolleita deles coa honra posta nesas categorías pequenas que poden facer grande o futuro.

Prebenxamín:
 M- 1º   – Fabián Cidrás Pérez
 F-  9ª-  – Raquel Vicente Badía
      19ª  – Lucía Prado Gutiérrez
Benxamín:
F-  5ª    – Laura Alonso Moreda
Alevín
M- 2º   – Diego Barros Carballo
     3º    – Xoel Rodríguez Abad
     12º  – José Ibrahim Soto Pintos
     15º  – Mateo Cidrás Pérez
     17º  – David Lago Tizón
F- 1ª    –  Berta Valle Martínez
     3ª   –  Sofía Iglesias Carreira
Infantil
M- 4ª   – Brais villar Viéitez
       7º   – Diego Pérez Tizón
      9º   – Alexandre Lago Tizón
F- 3ª    – Laura Rodríguez Gómez
     4ª   – María Pérez Boente
     10ª  – Irene Guerra Dablanca
Cadete
M- 1º    – Adrián Lago Tizón
      8º   – Vicente Suárez Amoeiro
      10ª – Pablo Juato Seijo
F- 2ª    –  Lorena Fernández Carreira
     6ª    –  María de los Milagros Murga
         – Silvia Alonso Prado

Celebrouse en carreira mixta conxuntamente as categorías xuvenil e xúnior, en masculino, o xuvenil Enrique Martínez Martínez foi terceiro e cuarto de carreira, Alejandro Álvarez Costas dominou categoría e posto xeral, proclamándose vencedor indiscutible.
Elena Guerra Dablanca protagonizou a categoría Xuvenil Feminina, primeira foi.

Ás 11:20h. deu comezo a carreira tamén mixta, absoluta, acollendo ás restantes categorías masculinas e femininas. O Comesaña coa súa participación contribuíu a completar podio.
En clasificación absoluta masculina, Antón Amoedo Giménez foi 3º e 1º da súa categoría (B), invertindo un tempo de 27′:09»
Samuel Rodríguez Gómez situouse 4º e segundo da categoría A, con 27′:50»
César Costas Álvarez chegou 8º, 4º B, cun crono de 28′:30». Doce foi Javier López Domínguez, 29′:08», sendo 5ºB. Nunha ducia máis, 24º, entrou Cándido Acuña Fernández, 29′:54» e 12ºB, unha ducia menos. José Manuel Lorenzo Fenández clasificouse en ouro de número, 50º, e 21ºB, con 32′:59».
Absolutamente no podio feminino predominou o Comesaña: Soledad Castro Soliño foi a muller primeira   e 1ª tamén de categoría (C),  o tempo marcou 30′:04» e posto xeral 26º. María de las Mercedes Gómez entrou segunda, sendo primeira en categoría B e posto xeral 33º.

Excelente Comesaña nesta inesperada xornada de Cross ofrecida polo S.A.Dep. San Miguel de Oia, agardamos máis edicións co cumprimento das expectativas marcadas e que con éxito queden celebradas.
Cunha tregua de chuvia péchase a crónica.

As fotos foron feitas por Cristóbal Estéban Ferradás Veiga, por orden se miran: 1ª-Akka, 2ª-Sole e José Ant.Vázquez, 3ª-Brais Villar, Adrián Lago e Amed Anadi, 4ª-Laura Soto (difuminada)e Lorena Fernández.