All posts by Soledad Castro Soliño

Novembro

Novembro noméase con Santos e Defuntos, sabe a castaña, pan e viño, celebra o San Martiño para condena e temor de todo porco vivo.
Atleticamente, Novembro menciónase co inicio dunha nova tempada, cun novo ciclo de saídas e metas que se consolidará e pechará noutro próximo Novembro.
O Comesaña S. C. continúa, Novembro tras Novembro, e ciclo tras ciclo, fornecendo sentenciando a súa historia. A deste ano agarda poder ser escrita con nomes citados, referencias e referentes que permanecen. algúns outros decidiron retomarse e considerar o cambio, esperamos que positivo resulte, para o Comesaña sempre serán ausencias, que foron, e están aí.
Pero este Novembro tamén nos trouxo novos nomes que celebrar, eles motivan este escrito que pretende ser unha benvida e un cálido recebimento, porque neles está depositada a responsabilidade de protagonizar unha historia máis, 2012.2013.
Benchegados e que con raia ou sen ela, moitas metas vaian acadadas. Ben continuados aos que seguen a ser Comesaña e Ben despedidos aos que tomaron outros camiños.
E Bo San Martiño para todos, que non falten castañas, pan e viño.

En Marín, Rosales con carreira.

Manuel Rosales é de Marín, e Marín foi de Manuel Rosales. este venres na noitiña.
O asalto do asfalto, comezou polas nove, cos máis cativos desafíando posibilidades, e ás nove e media con previo protocolo de recoñecementos, Rosales disparou, e despois botouse a correr, foi a saída da carreira absoluta.
A convocatoria   +10 de Marín Manuel Rosales. Gran Premio Ence, reuniu a un representativo número de corredores. Nun percorrido urbano de dúas voltas, completáronse os aproximados 10 km que dán nome á proba. As rúas de Marín priorizaron o evento, a presenza de corredores dispostos a invertir parte dun tempo nocturno correndo, volvéronse protagonistas, mentres os resignados automobilistas, agardaban, miraban, animaban, maldicían ¡quen sabe o que dirían!. Diríase que a ocasión ben merecía unha espera de atasco.
O Comesaña participou, en absoluto con tres homes e unha muller.
Antón Amoedo Giménez, foi o número 8, primeiro comesañense, cun tempo de 35′:24», na súa categría VTBM, clasificouse 3º. Germán Díaz Alonso entrou 17º e correu durante 36′:16» sendo 7º VTAM. Miguel Marzoa Ruíz cruzou a meta 25º con 36′:55′, 8º SNM. Diego Alonso Otero  en 257º posto invertiu un tempo de 51′:55», SNM96
María Soledad Castro quedou 2ª na carreira feminina,45 da xeral, con 38′:22», e clasificaríase 1ª da súa categoría. VTCF
En homes o vencendor foi Iván Docampo González,(SGP) con  31′.17», seguido de Santiago López Rodríguez (Atletismo Porriño), cun tempo de 32′:32» e o terceiro posto correspondeu a Abel Barroso González (C.A. Ría de Arousa-O Grove), 34′:11»
Esther Navarrete Santana (C. A. Feminino Celta), cun tempo de 36′:39», proclamouse vencedora da carreira feminina; máis lonxe, e segunda quedou Sole cos 38′:22» xa mencionados e o terceiro posto foi para María del Rosario Figueroa ( C.C.R. Marisqueiro) invertindo 41′:27»
Primeiro, segundo e terceiro. Primeira, segunda e terceira, postos consolidados en inversión de tempo,sen desputas, a diferencia de crono é representativa.
A noite foi de Rosales, en Marín, moita xente aplaudiu e acolleu a meta e percorrido dos atletas, así unha ringleira de ánimos,á beira dereita, á beira esquerda, que sempre incitan a pensar nunha continuación…Esperamos un vindeiro disparo de Rosales e máis fazañas por contar.


Luces e branco sobre a escuridade, na foto de Laura

Seguimos en clave Comesaña, nocturna, con foto realizada por Laura, espontánea, en sombra da noite.

Nocturnas en breve

Dúas carreiras nocturnas, desculpan esta información, porque nelas atopamos a presenza de atletas do Comesaña.
O sábado en Vilagarcía, na IX Carreira Nocturna, participaron Antón Amoedo Giménez ,Yolanda Guitiérrez Robles e Águeda Ofelia Blanco Pérez.
Acadou Yolanda o posto 2, invertindo 26′:34», por detrás de Solange Andreia Pereira (Bikila), 26′:26» e por diante de María Jesús Gestido, 27′:18»,  e mencionamos de novo Comesaña con Águeda para o posto 4º,28′:54»
Amoedo sería 17º cun tempo de 26′:25».
Nun percorrido de 7000m, o gañador foi Alejandro Fernández Rivera (O.A.A.P), 22′:29»; entrou segundo o seu compañeiro de equipo Manuel Hurtado Sanjurjo en 23′:00 e correspondeu o terceiro posto a Uxío Abuín Ares (Atletismo Sar-A Poutada) con 23′:22».
No II Circuíto Correndo por Ourense- A Ponte, Miguel Marzoa Ruíz sobre unha distancia asfáltica de 5250 m, correu en 17′:29», clasificándose 14º da xeral.
En clave nocturna o Comesaña tamén se pronuncia.

Xoves para unha quinta xornada

A 5ª xornada da Serie Municipal, celebrouse un xoves en sesión de tarde-noite.
Nela a presenza do Comesaña foi notoria e con nota. Individualmente a maioría dos participantes melloraron a súa marca na distancia na que competiron, e a nivel de carreiras obtivéronse primeiros postos no 600 m. feminino e masculino,Ángela e Adrián,  e no 800 m. feminino, Carmela. Os segundos postos corresponderon tamén aos 600 tanto masculino como feminino, Vicente e Lorena.  Patricia nos 3000 m. veuse superada por Mª Jesús Gestido, e José Manuel cruzaría a meta segundo no 800 m. da final A. Non houbo terceiros postos, polo que nos detemos nos cuartos para mencionar a Paula nos 200 m,  Elena en 3000 m e Cándido nos 800 da final A. Os homes do 3000 foron catro chegando en pares «acompañados». No primeiro par 7º quedou Alejandro e 8º Enrique, ambos con marca persoal; no segundo par Cándido foi 11º e César entrou 12º.
A nivel xornada diríase que houbo descompensación numérica, nunhas bastante, noutras moi pouca participación. E en clave Comesaña dise que a constancia e o afán son óptimos compoñentes para reais resultados. Parabéns por ter cruzado unha meta máis.

Recóllense resultados de carreira, posto e tempo.

200 m. F
Paula González Comesaña  – 4ª    -32».14
600 m. F
Ángela González Fernández  -1ª   -1′:38».28
Lorena Fernández Carreira  -2ª   – 1′:52».33
600 m. M
Adrián Lago Tizón  – 1º    -1′:30».10
Vicente Suárez Amoeiro   -2º    – 1′:42».44
800 m. F
Carmela Cardama Báez   – 1ª    – 2′:19».03

800 m.M. Final A
José Manuel Lorenzo Fernández   -2º    -2′:17».25
Cándido Acuña Fernández    -4º    -2′:20».61
3000 m. M
Alejandro Álvarez Costas   -7º  -09′:11».51
Enrique Martínez Martínez   -8º   – 09′:26».86
César Costas Álvarez    -11º -09′:48».92
Cándido Acuña Fernández    –12    -10′:21».68
3000m.M
Patricia Méndes Pereira    -2º  -10′:21».76
Elena Guerra Dablanca    -4ª   -13′:08».69

* A foto non se corresponde coa competición comentada.

En Vilagarcía, un cinco mil.

Nunha mañá de estío, con sabor a sol, praia, area, e sombra dominical, Vilagarcía foi punto de referencia de carreira e campionato. O 15 de Xullo aí se celebraba a I Edición Carreira Popular Deputación de Pontevedra e o II Campionato Galego de 5 km en ruta.
Con cumprida austeridade  desenvolveuse a xornada. Ás once e media un chisco pasadas, deuse a saída conxunta: categorías establecidas masculinas e femininas.Nun percorrido de dúas voltas de 2500 m. habería que completar os 5000. Un circuíto de ida e volta, sen obstáculos, costas ou outros impedimentos que entorpecesen a velocidade. Cadaquén ao seu ritmo e cos obxectivos mellor ou menos mellor acadados, foi chegando á meta e sen máis, despois do cansancio, cadaquén organizou o seu correcto descanso e recuperación, ou a espera para a entrega de trofeos e medallas.
En clave Comesaña hai moitos nomes por mencionar; a listaxe de atravesados na meta deste campionato  é ilustrativa.
O primiero comesañense foi Alejandro Álvarez Costas, entrou na xeral de 14 invertindo 16′:25», que lle garantiu un segundo posto na súa categoría JM. A primeira comesañense do campionato foi María Yolanda Gutiérrez Robles, que cos seus 17′:33» subiu ao podio como segunda clasificada
Recóllense participantes tampos e postos, xeral de carreira e de categoría no campionato:

14- Alejandro Álvarez Costas– 2º JM2-   16′:25»
24- Enrique Martínez Martínez– 2º XM2-16′:41»
26- César Costas Álvarez– 4ºM35-  16′:51»
44- J. Andrés Fervenza Fragueiro– 9º M40- 17′:16»
50- Antón Amoedo Giménez-10ºM40-  17′:32»
63- Cándido Acuña Fernández– 13º M40-  17′:54»
84- Manuel Ayuso Vilaboa -SM    -18′:37»
97- José Manuel Lorenzo Fernández– 18ºM40-  19′:12»
115- Manuel Pérez González 8º M50-  20′:18»

Maioría en  M40 para homes; unha case medalla en M35; unha prata para Enrique en XM e Alejandro en JM; Unha mala pero superable carreira de Manuel SM  tamén Manuel en M50 acadou un 8 de posto.

2-María Yolanda Gutiérrez Robles– SF-  17′:33»
3- Carmela Cardama Báez– 1ªXF- 18′:17»
4- M. Soledad Castro Soliño-1ª F45-  18′:34»
5- María de las Mercedes Gómez Alonso-1ºF40-  18′:48»
12-Victoria Fernández García– SF-  20′:31»
26-Elena Guerra Dablanca-3ª XF- 24′:52»

O podio foi cómplice das mulleres, unha considerable representación foi protagonista del.
Impediu de novo María Jesús Gestido ( EAMJ- Fuerteventura,), 1ª con 17′:16»,un pleno de Comesaña absoluto. Conformámonos pois, co 2 e 3º posto, e ata o 5º dominamos.
Como xa foi citada, Yoli acadaría a prata absoluta, quedando o bronce para Carmela, que continúa coa súa colleita de campionatos, e progresando. Na categoría W40 foi o ouro para Merchi e así tamén pasou con Sole en W45, Elena recolleu o seu merecido bronce en categoría xuvenil. e Victoria quedou de doce muller.
O campión galego masculino foi Francisco Javier Gómez Noya (SGP), 2º clasificouse Iván Docampo González tamén da SGP con 15′:20» e repetimos club SGP ao citar o bronce porque foi para Rafael Fuentes Lubiáns, 15′:40». Pleno podio para a SGP.
Na carreira popular proclamouse vencedor Crisanto Grajales Valencia cun tempo de 14′:16», segundo foi o xa citado Francisco Javier Gómez Noya e o terceiro posto quedou para Irving Adrián Pérez Pineda con 15′:16».

Na carreira feminina sería primeira Bárbara Riveros con 16′:37, segunda quedaría Ricarda Lisk, 17′:08» e terceira a campiona galega Mª Jesús Gestido.

Así se consolidou un segundo campionato na distancia.  Así, puido ser Vilagarcía na súa primeira edición popular de cinco mil en ruta.
Dende alí pronunciamos, dende aquí seguimos pronunciando, pensando un nome, JOAQUÍN, para que en El permanezan o ánimo e forzas precisas que contribúan a unha boa e rápida recuperación. O percorrido que Te agarda  vai cheo de voces  que te empurren cara a túa meta. Esta páxina agárdaTe.

A primeira foto de Suso Carril.
A segunda foto de Beatriz Viteri correspondese ó podium femenino do Campionato.