En Marín, Rosales con carreira.

Manuel Rosales é de Marín, e Marín foi de Manuel Rosales. este venres na noitiña.
O asalto do asfalto, comezou polas nove, cos máis cativos desafíando posibilidades, e ás nove e media con previo protocolo de recoñecementos, Rosales disparou, e despois botouse a correr, foi a saída da carreira absoluta.
A convocatoria   +10 de Marín Manuel Rosales. Gran Premio Ence, reuniu a un representativo número de corredores. Nun percorrido urbano de dúas voltas, completáronse os aproximados 10 km que dán nome á proba. As rúas de Marín priorizaron o evento, a presenza de corredores dispostos a invertir parte dun tempo nocturno correndo, volvéronse protagonistas, mentres os resignados automobilistas, agardaban, miraban, animaban, maldicían ¡quen sabe o que dirían!. Diríase que a ocasión ben merecía unha espera de atasco.
O Comesaña participou, en absoluto con tres homes e unha muller.
Antón Amoedo Giménez, foi o número 8, primeiro comesañense, cun tempo de 35′:24», na súa categría VTBM, clasificouse 3º. Germán Díaz Alonso entrou 17º e correu durante 36′:16» sendo 7º VTAM. Miguel Marzoa Ruíz cruzou a meta 25º con 36′:55′, 8º SNM. Diego Alonso Otero  en 257º posto invertiu un tempo de 51′:55», SNM96
María Soledad Castro quedou 2ª na carreira feminina,45 da xeral, con 38′:22», e clasificaríase 1ª da súa categoría. VTCF
En homes o vencendor foi Iván Docampo González,(SGP) con  31′.17», seguido de Santiago López Rodríguez (Atletismo Porriño), cun tempo de 32′:32» e o terceiro posto correspondeu a Abel Barroso González (C.A. Ría de Arousa-O Grove), 34′:11»
Esther Navarrete Santana (C. A. Feminino Celta), cun tempo de 36′:39», proclamouse vencedora da carreira feminina; máis lonxe, e segunda quedou Sole cos 38′:22» xa mencionados e o terceiro posto foi para María del Rosario Figueroa ( C.C.R. Marisqueiro) invertindo 41′:27»
Primeiro, segundo e terceiro. Primeira, segunda e terceira, postos consolidados en inversión de tempo,sen desputas, a diferencia de crono é representativa.
A noite foi de Rosales, en Marín, moita xente aplaudiu e acolleu a meta e percorrido dos atletas, así unha ringleira de ánimos,á beira dereita, á beira esquerda, que sempre incitan a pensar nunha continuación…Esperamos un vindeiro disparo de Rosales e máis fazañas por contar.


Luces e branco sobre a escuridade, na foto de Laura

Seguimos en clave Comesaña, nocturna, con foto realizada por Laura, espontánea, en sombra da noite.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.