Una vez concluida la temporada 2022, ha llegado el momento de hacer realidad el compromiso adquirido en todo momento por el club de cumplir el Baremo de Ayudas económicas a sus atletas, cuyo resultado final oficial en base a sus logros ha sido el que a continuación se expone para conocimiento general.
En la temporada a punto de finalizar, han sido un total de 209 licencias federativas, repartidas entre personas de ambos sexos nacidas entre 1944 (Manuel Míllara Blanco) y 2016 (Hugo Suárez Rodríguez), las tramitadas por el Comesaña Sporting Club, de las que 191 son autonómicas (AG) y 18 nacionales (GA). Como sea que a pesar de estar en vigor hasta el último día del año, ya desde el pasado lunes se pueden tramitar renovaciones y nuevas licencias para la temporada 2023. En consecuencia con una línea de total trasparencia, para conocimiento del colectivo atlético y la sociedad en general, publicamos lo que sigue:
Las imágenes son el instante detenido que se revela como testimonio consecuente de la historia que se quiera percibir.
Su percepción es subjetiva y susceptible a las emociones que ellas provoquen a los sentimientos que ellas despierten o evoquen. La contemplación supone una traición al tiempo a través de la mirada que ahonda y abre los ojos hacia dentro; a través del estímulo cromático que concede al blanco y negro el afecto o efecto de memorándum. (el texto sigue)
As imaxes son o instante detido que se revela en testemuña consecuente da historia que se queira percibir.
A percepción delas é subxectiva e susceptible ás emocións que elas provoquen aos sentimientos que esperten ou evoquen. A súa contemplación supón unha traizón ao tempo a través da mirada que afonda e abre os ollos cara adentro; a través do estímulo cromático que concede ao branco e negro o afecto, o efecto do memorándum. (o texto segue)
Na última reunión de Xunta Directiva, o presidente decidiu convocar para o próximo día 6 de agosto a Asemblea Xeral Ordinaria do Comesaña Sporting Club, por suposto sempre tomando as pertinentes medidas en vigor impostas polas autoridades sanitarias se fose o caso.
Esperando que nada o impida, rogamos a máxima asistencia de todas as persoas socias do club. A súa participación na asemblea é de vital importancia para o futuro desta centenaria entidade.
Espoñemos dous escritos que nos fixo chegar a atleta senheira do Comesaña Sporting Club, a mosense María Soledad Castro Soliño:
Alfonso Posada Sánchez (Vigo *1931 + 2022)
Morreu Posada. Chamábase Alfonso, pero seguirá sendo Posada ou G. Reyes. Entón non morreu, mentres o pensamento e as palabras reteñan o recordo, será o que queiramos evocar. O home entregado, empeñado en informar, fomentar e vivir o que o atletismo puido significar na súa existencia. Os feitos seica quedan se non se arruínan; as persoas tamén se non prescindimos da súa esencia, dos emigmas e descubertas que impulsaron os seus retos e metas. Foise silencioso coma sempre, coma ese home en sosego, sen máis palabras que as necesarias para inventar, crear e ofrecer o que a vontade levaba nas mans, facendo para volver a facer que o universo atlético tivese a honra de ser escrito, difundido, coñecido, divulgado, organizado… Non se sabe onde residen os afáns, de onde manan pero sí se evidencia o que manifesto é. Non importa. Posada esta aí, nas pistas, ho periódico, nos libros, nos datos e historias, nun micrófono que sáuda e conta cada carreira. Está porque así o dispuxo o seu acontecer vital, sen renuncia, na condena incerta que somete a cadaquén os ditames de ser, ou non ser. Tampouco se adiviña a enerxía que move as paixóns, e a encomenda de situarse nelas para non traicionar as ilusións. Foi o atletismo, o encontro mutuo que sentenciou a incondicional dedicación, e así respondeu con intensidade e constancia, co tempo roubado a tempo para compartir e gratificar recíprocamente. Por iso e moito mais, alá onde residas agora, recibe o afecto destas palabras que elas te honren coa calidez e o recoñecemento merecido. Dende min, escribo o último acto; a entrega da medalla nas pistas de Balaidos na xornada organizada polo Comesaña Sporting Club; e a Túa felicitación, e non precisamente polo posto acadado na carreira. E porque foi emotivo e significativo do que non sei explicar, recito a memoria que vén de lonxe, de sempre, e termino co AMÉN, que te Descanse Posada. (En Faro de Vigo).
Non teño 12 anos, nin menos tampouco, quedaron almacenados nalgún lugar que xa non sei evocar ; pero se os tivese pensaríame atleta do Comesaña Sporting Club, pensaría que participei no Campionato de Galicia Sub-12 Feminino na pista ao aire libre por clubs, e que fomos sextas, e compartiría o meu contento por moitos motivos, polas razón que prevalecen na grandeza de poder contribuir ao éxito dun equipo, de posibilitar a presenza no Campionato e ser rival conxuntamente. Entón emotivamente pensaría que cando tivese tanta cantidade de anos, poñámoslle 56, seguría sendo atleta do Comesaña Sporting Club, satisfeita de que así fose, porque gratamente tería que felicitar a Erika, Laura Meira, Laura Vicente, Gabriela, Mara, Ana, Candela e África. Noraboa ao Comesaña Spoting Club por se equipo con idades históricas e tempos con historias que celebrar. Nunca máis terei menos se 12 anos, nin 12, pero nada hai que lamentar, porque o feito Sb-12, aí está.