Distinción ao Mérito Deportivo da Xunta de Galicia 2015

A Presidencia da Xunta de Galicia vén de conceder as Distincións ao Mérito Deportivo de Galicia 2015 a 29 persoas e 3 institucións entre as que se atopan o Comesaña Sporting Club.

Creadas no 2010, as Distincións ao Mérito Deportivo de Galicia son concedidas de forma anual en recoñecemento do labor ou traxectoria notoria e exemplar no ámbito deportivo a persoas físicas ou xurídicas, entidades ou organismos, que teñen contribuído ao crecemento, promoción, fomento e excelencia do deporte e da educación física da Comunidade Autónoma.

O acto de entrega da distinción da man do presidente da Xunta de Galicia D. Alberto Núñez Feijóo, tivo lugar o día 9 de xullo, no Auditorio Municipal de Vilalba.