All posts by Soledad Castro Soliño
O Valle de Llodio e a súa primavera
Sandra respirou a súa primavera co primeiro posto na carreira feminina junior, aval que pode garantir a súa presenza no Campionato de Europa de Cross . O podio completouno con Beatriz Esteban e Atteneri Tur. O tempo invertido e a distancia de vantaxe sobre a segunda , 12:17” fronte a 12´:39” prognostican unha digna despedida de categoría. O domingo no Belarmino significará o seu bautizo de cross na categoría promesa. Sabemos que o benfacer desta atleta acarrexará positivos resultados cos que alegrarnos.
Decir que Nesta mesma carreira Leticia Fernández Barbosa do Ourense Atletismo acabou no 9º posto con 13´:56”
Marta tivo unha primavera suave e prometedora, porque foi a 9ª (28:05”) española en cruzar a meta. Despois do tempo, despois das circunstancias volve á competición a outros niveis que comprometen doutro xeito, que presionan de distinta maneira e impoñen un chisco máis. Boa resposta de Marta nesta proba que significou a introdución e contacto primiero co cross e con rivais que esperemos que volvan ser de sempre. Agardamos moitas máis competicións con moitos mellores resultados. Na clasificación xeral foi 14, nunha carreira que dominou a gacela Linet Massai ,entrando con 50” de diferencia sobre Milcah Cheywa, terceira sería Inés Monteiro . O cadro clasificatorio español e ata Marta comezou con Rosa Morató, 4ª seguida de Diana Martín; Sonia Bejarano sería 6ª; Fortuna Zegergish 7ª; Gema Barrachina 8ª; 9ª Jacqueline Martín por diante de Azucena Díaz; Estela Navascueces foi 12ª, e Irene Pelayo 13. Esperemos que esta primeira primavera siga avanzando e acade aos poucos a súa plenitude atlética.
Estivo presente tamén Consi Gómez do atletismo Ourense, clasificada no posto 30.
A carreira masculina tamén se expresou en africano, o eritreo Teklemariam Medhin foi o vencedor, seguido de Leonard Comon e Tadese. Carles Castillejo inaugurou a clasificación española sendo 8º, 9º había ser Francisco Javier e a Manuel Penas correspondeulle un meritorio 10º posto que o sitúa como 5º español.
Tamen participaron: 19º Jesús De La Fuente, 27º Juan Ant. Puosa y 37º Juan Pena.
Cousas do 19 Medio Maraton de Valencia
Un «Medio» para Yolanda
En Valencia estará Yolanda Gutiérrez para participar no «19º medio maratón de Valencia». Ten a carreira un carácter solidario : dos 20€ que custa a inscrición, 5€ serán destinados a Cáritas Española.
Esperemos que a participación teña a súa compensación solidaria e deportiva e que a meta satisfaza amplamente os propósitos.
Que a reaparición, despois de Santiago, veña chea de ánimo para o día 29 disputar o Belarmino
Llodio: Carreira iniciática
O vindeiro sábado 21, as nosas atletas Marta Fernández e Sandra Mosquera, collerán camiño cara a Bilbao, para o domingo 22 competir no» Cross Internacional Valle de LLodio». Iniciarán aquí a súa tempada de Cross, e terán a oportunidade de acadar obxectivos inmediatos. Para Marta significa esta carreira a posibilidade de comprobar o seu rendemento nunha competición con rivais diferentes.Para Sandra supón a oportunidade de participar no Campionato de Europa, na categoría Júnior, e finalizar unha destacada etapa atlética; Comeza a súa andaina como promesa de 1º ano, pero a efectos deste campionato aínda se considera júnior.
Nada a priori fai dubidar das súas posibilidades e se as circunstancias non reviran resultados, auguramos unha satisfactoria colleita que ilusione as perspectivas futuras.