All posts by Soledad Castro Soliño

De bronce, con frío e outros desconcertos.

      O frío ía entumecendo os corpos aos poucos, o sol foi timorato e non quixo esperguizarse ao completo, raios mornos que non espantaron as sensacións xélidas. A herba mudou o verde e amenceu cun longo vestido branco confeccionado en xeadas.

   Acontecía en Ribadavia, na celebración dos Campionatos de España de Clubs Veteráns.

  Como xa viña anunciado o Comesaña alí estivo e a súa participación consolidouse en bronce. Un terceiro posto que se inscribe ao palmarés do equipo e unha medalla que foi suma de cinco entrando en meta.Un podio compartido, para seguir facendo historia e historias.
      A carreira feminina acolleu todas as categorías e os equipos clasificados corresponderon a W35/40. E cóntase aquí a maneira de divertimento un chisco amargo a traizón das leis sabidas que nun momento se ofuscan e se volven enimigas.
      A meta remataba en costa, precedida dun arco inflable, o control de chips, xuíces e demais requisitos dunha chegada estaban visiblemente ubicados, mais non foi suficiente para anular o efecto óptico confundido de respirar o remate baixo un arco que nada sinalaba. Non sei o que tería acontecido de non ter sufrido unha alucinación absurda que sentenciou un primeiro posto? pero si sei da sensación rota e o sabor acedo. Non se conta a xeito se desculpa, só como necesidade de expresar a raiba dunhas pernas que correron en todo momento por afacerse coa Vitoria; foi un anaquiño precipitando un desenlace. Pero entristeceu e espertou máis impotencia ver a Merche, tamén, deterse cansada debaixo do arco que nada sinalaba. Cousas da incoherencia que ás veces nos atrapa, esta vez, aconteceu nunha carreira en Rivadavia, agardemos non ter que escribir outra vez
Pero isto só era un conto, e a verdadeira realidade está no final: que o Comesaña Sporting Club co seu equipo femenino veterano, foi estivo no podio con 5 bronces en 5 pescozos (Merche Gómez, Montse Carreira,  Olga Romero, Soledad Castro e Mila Gómez) e unha botella de Viña Costeira nas mans, xentileza da organización
O podio de Equipos Femeninos categorías conxuntas correspondeu aos equipos:

1- Atletismo Cuenca ……………………20
2- Beste Iruña At………………………..27
3- Comesaña Sporting Club…………..34

Falando en masculino disputáronse tres carreiras para acoller a clasificación en 5 categorías
1-M35/M40
2-M45/M5
3-M55-60

      Salientar a vitoria do Ourense Academia Postal en W45 a puntos equitativos co sequndo clasificado e o bronce do Universidade de Santiago na mesma categoría. Así como o tamén bronce do Vet. Pabellón Ourense en W55-60.
O cadtro masculino de podium resumiuse nos Equipos:

M35

1- Calatayud-Cajalón………………33

2- CA Evasión Running……………45

3- AD.Marathon……………………..51

M40

1- Ciudad de Toro………………….41
2- AD Maratón………………………74
3- P. magli Record-Elda…………90

M45

1- Ourense Academia Postal……27
2- Anta bodegas FDR……………..27
3- Universidade de Santiago……32

M50

1- Piélagos Inelecma……………….49
2- Escuela Plasencia………………..89
3- Parquets Germán Rivera……112

M55-60

1- AD.Marathón……………………21
2- TF.Cajacanarias………………..21
3- Vet. Pabellón Ourense……….39

      O feito de terse celebrado en Rivadavia este Campionato facilitou a participación do Comesaña, polo que se agradece a iniciativa e a organización, e que outras oportunidades veñan para participar e protagonizar.
       A foto e una xentileza do ourensán Nacho Rego

De números e máis

Homes

PROBA ——vencedor ———-marca———– puntos

60m.v ——–Denís Galán ——–         8’’,48 ——–939
60m.l. ——–MiguelGómez——-          7’’11 ——–885*
200m.l.——- Samuel Paz ———       22’’50———874
400ml. ——–Enrique Prego——        50’’91 ——–834
800m.l. ——-Alberto Chaves——   1’54’’92 ——–896
1500m.l. ——Javier Soriano ——-  4’04’’97 ——–797
300m.l. ——-J.Pablo Fernández — 8’35’’88 ——–856
Lonxitude —–Jean Marie Okutu —   7,13 m ——- 943
Triple ———Jean Marie Okutu —- 14,35 m ——–871
Altura——— Iván Valle ————    1,92 m ——–789
Pértega ——-Alexandre Sola ——–  4,60 m ——–852
Peso ———-Victor Gallego ———15,82 m ——–869

* Maximiliano Rodríguez na semifinal superou á puntuación do vencedor cunha marca de 7»06 = 927 puntos
Mulleres

Proba ————-vencedora———- marca——— puntos

60m.v.———— Virginia Villar ———-        8’’76 —— 1015
60ml. ————-Iria Casal —————         8’’01 ——- 940
200m.l————Iria Casal —————        25’’88 ——–942
400 m.l. ———-Laur-a García ———–   1’01’’40 ——–842
800m.l ———–LeticiaFernández ——–    2’16’’01 ——-886
1500m.l ——– -Sandra Mosquera ——-    4’35’’12 ——-940
3000m.l———-Marta Fernández ——–    9’26’’60 ——1018
Lon xitude ——-Leticia Gil—————        5,38 m ——-855
Triple———— Lucía Pérez ————-      11,62 m——–850

Altura————Iria Abelleira ————         1,64 m——- 806
Pértega——— -Clara Gil—————–         3,30 m ——-680
Peso————- Mercedes de Santaló—–     12.96 m ——-737

      Seica os números non teñen sexo, designan cantidades obxectivas e expresan exactitudes matemáticas. Con esta verdade aceptada óbvianse as palabras, porque a lectura dos valores numéricos é representativa dabondo.
      Refírense elas ás marcas e puntuacións acadadas no Campionato Galego Absoluto de Inverno celebrado o sábado nas pistas universitarias da Coruña .Doce foron as probas disputadas disque sen moita participación nin grande cousa que salientar. Mais analizando feitos e resultados a calidade do produto final acae sobre as carreiras femininas. A marca de maior puntuación corresponde a Marta Fernández, a segunda a Virginia Villar e considerando o conxunto de probas femininas a puntuación final non desmerece eloxio ningún.
      Seica os números son incuestionables, , os cuestionados somos nós que reviramos os valores segundo circunstancias ou intereses.Un 1018 masculino valerá tanto como un 1018 feminino? Non é unha interrogación absurda, se non necesaria, porque sempre un escuro e un silencio acontece cando a relevancia se manifesta en feminino, entón para esclarecer falamos das ausencias e do que non foi.

Son estas palabras cara a un recoñecemento ás puntuacións acadadas polos atletas neste campionato, e os números veñen sendo o argumento primeiro.
      A todos os participantes noraboa polos bos ou malos resultados, porque non só os números fan colleita.

Palabras de vento.

     Xurdiu nun instante, como lufada de vento traendo a memoria dun tempo en secuencias.
E acordei un Comesaña reducido, minimizado á representación dunha atleta, tímido na expresión atlética. Foron anos diferentes, de progresos e retrocesos, de constancia incuestionada e ilusión continua nunha camiseta vermella e branca, que aos poucos veu sendo coma un sinal de identidade impregnado na pel de dentro e de fóra.
    Foi lendo o xornal, que involuntariamente, dalgún xeito algo brincou en min, foi titular que estaba sentenciado dende os inicios: O comesaña era de novo Campion Galego Femenino de Cross. .A noticia bulía xa dende o tempo porque a perseveranza e ben quefacer leva a súa colleita, máis cedo ou menos tarde. E aínda existen persoas con fe, coa vontade disposta a facer e refacer, a ofrecer o seu esforzo, aínda en silencio, co desprendemento que nada espera en compensacións nin recompensas, sentindo o recoñecemento propio de ir acadando cousas e vencendo obastáculos.
    Eu son Comesaña porque así o dispuxeron os fados a eles a miña gratitude. E hoxe o Comesaña, pronúnciase e escríbese en letras grandes, porque as súas fazañas así o requiren.
Só pretende ser este escrito unha lufada de vento que pouse un anaco naquela toda xente que achega o seu saber dende facetas varias, que brinda e desempeña o seu labor para aos poucos seguir sementando novos e grandes titulares.
     Ao certo que rematado o escrito o vento permanece a xeito de ilusión pechado nunha caixiña coma Caixa de Pandora , que aquí se nomea Equipo do Comesaña, que somos nós.

Crónica dende Cabío

Sorprendeu o sol en Cabío. A mañá presentouse apacible e disposta para non chover, ventar ou conxelar. Entre medias nubes e algún ceo claro transcorreu o Campionato veterán de cross en Pobra do Caramiñal. A paisaxe foi de mar, entre piñeiros e chan de terra mollada, candeas e area. Un circuíto irregular e para pernas sufridas foi deteriorándose conforme avanzaban as probas, o barro ía amolecendo e a area facíase revoltallo.
O ambiente foise expresando en ánimos e aplausos durante as diferentes carreiras, en comentarios de avatares atléticos e non atléticos de agora antes e despois. Alí estiveron centos de atletas veteráns para vivir e participar nun evento máis que poida servir para ir consolidando e reivindicando o atletismo veterán galego.
Nestas circunstancias, alí en plena beira de praia inaigurouse ás 11:45 o campionato, previa competición das categorías menores. Foron as mulleres, todas xuntas, porque entre todos os anos sumaron 18, pouca presenza, pero de seguro que aos poucos virán outros tempos e máis atletas que sumar.
A carreira dende o comezo foi dominada por María Soledad Castro (CSCV), e a medida que ía comendo metros alongaba a distancia ás súas predecesoras, cruzou a meta nun tempo de 19:53, despois de ter completado os 5500m. aproximados. A segunda resultou ser María Isabel Sáez Batallán (OAAP),21:’15» a quen lle insinuamos que noutros posibles campionatos compita coa indumentaria do equipo ao que representa. E terceira en meta será Montserrat Carreira Costas (CSCV), 22′:06». Todas elas, W40.
Nas outras categorías os podios correspondéronse do xeito que segue:
-W35: María José Grobas (CAOS) 22’:29’’; Silvia Teijeiro Ferro (OAAP),23’:19’’e Pamela Rodríguez Milazo (EGOV), 24’:18’’.
-W45; Cristina García Colomo (OAAP), 25:05; Luisa Calvo Ger males (CAOS), 26’:31’’ e María Esther Bouso Fuentecilla (OAAP), 27’:28’’.
-W50: Marina Laura Fernández López (COCO), 23’:29; Mª del Carmen Novo Varela (FLUV) 23’:56’’e Ángeles Rodríguez del Río (CAOS), 24’:53’’
-W50: Elvira Tresguerras González (SAM), 37’:56
Milagros Gómez Cagide en W45, finalizou cuarta, valéndolle ao Club a súa clasificación e a prata acadada por detrás do Academia Postal. Meritorio esforzo que o equipo recoñece e agradece.
En vertente masculina, celebráronse dúas carreiras. A primeira delas acolleu aos atletas W35 e W40 e a segunda W45 e seguintes.
A crónica de W35 e W40, escríbese coa emoción que depararou a loita polos tres primeiros postos. Aínda que a proba foi encabezada nun inicio por varios atletas resolveuse a continuación nun recital de dominio entre Xavier Díaz Fernández (LUCU) e Carlos Piñeiro Rivas (SGPO), aínda que de categorías diferentes, mantiveron oseu duelo, por afacerse co prinmeiro posto da carreira, máis rezagado pero acurtando distancia viña Alejandro Gómez (ALGC) quen chegou a reducila considerablemente, pero non bastou para acadalos. A meta foi cruzada con igual tempo polos dous primieros ,23’:55’’, mentres Alejandro Gómez en terceira posición completou o circuíto de 8500m. aprox. en 24’:01’’.
Na carreira seguinte, W45 e posteriores, os 5450 apro. m. a percorrer foron abertos e rematados con Manuel Vigo Otero (USC), quen en solitario completou o circuíto ata a meta nun tempo de 17’:03’’, seguido de Ángel Rodríguez López (CAMS), 17’:31’’ e José Martínez Santomé ( SAME),17’:34’’. Todos eles W45 .
O cadro de podium nas distintisntas categorías non especificadas foi:
-M35: Xavier Díaz Fernández ( LUCU), 23’:55’’; Antón Amoedo Jiménez (VALM), 24’:35’’ e Miguel Carrillo Silvoso,( CAMS), 24’:38’’
-M40: Carlos Piñeiro Rivas ((SGPO), 23’55’’; Alejandro Gómez Cabral (ALGC),24’:01’’ e José Manuel Fernández Márquez (OAAP) , 24’:15’’
-M50: Santiago Estévez Lado (USC), 17:56; José Luís Bouza Freire (NARO),18’:27 e José Álvarez Alfonso( VIG), 18’:33.
-M55: Antonio Soliño Castro (VALM), 18’:44’’; José Matías Regueira.(ADB), 19’:57’’ e Carlos Beiro Martínez (SMO)20’:15’’ , segundo a FGA foron 1, 3, e 4; e o 2?
-M60: José Luís Merodio Vázquez ( LUCU) 19’:53’’; Antonio Hernández Barreiro (EGOV),22’:20’’e José Fernando Sáinz García (SAR) 25’:25’’
-M65: Luís Seoane Cebreiro (BURG), 20’:40’’; Enrique Landesa Macías (VESM), 21’:45’’ e Rafael de los Arcos Lage (VESM) 25’:54’’
-M70; José Collazo Puga (VESM), 35’:38’’
-M75: Enrique Río Nieto (EGOV), 32’:19’’
-M85: Arturo Rivas Martínez (VESM), 34’:02’’

O equipo vencedor en M35-40 foi o Universidade de Santiago, seguido do Club Atletismo Milladoiro e o Club San Fernando Lucus. Correspondeu a vitoria en M45 e seguintes á Sociedade Atlética Val Miñor, completando o podio O Club Atletismo Milladoiro e o Ourense A. Academia Postal.

Esperemos poder escribir máis e máis crónicas sobre moitos futuros campionatos galegos de veteráns de cross e que eles vaian gañando en calidade e cantidade , que gañen protagonismo e importancia dentro do panorama atlético galego.

A paisaxe exterior queda recollida na foto, con circuíto ao fondo, a interior permanecerá en cadaquén polo que o esmero na organización sempre é de agradecer por levar dentro imaxes nítidas e satisfeitas. Aconteceu así en Cabío?

Pon, quita e roubo.

Tocaban cambios, coma de cando en cando, coma noutras moitas veces. E coma todas as veces, co material preciso encamiñeime cara ao punto de encontro; a casetiña con puntóns a xeito de percheiro; un improvisado vestiario compartido con asiduos e ocasionais; táboa sobre táboa proporciona un teito relativamente eficaz, pero imprescindible.
En cuestión de roupa, hai unha de quita e despois pon; coma rito condicionante da rendabilidade e calidade das voltas, do tempo . E como eran cambios, desprenderse da vestimenta inicial permanecendo coa indispensable viña sendo actitude prioritaria, quizais para sentir a coherencia, absurda?, de que levas a indumentaria axeitada ao adestramento.
E seguindo ritos, cologuei a roupa de quita metida nunha bolsa, saudando a unha xove parella sentada no banco da casetiña. Alá fun; comecei o meu correr cumpridor absorbida por un crono, por unha distancia, teimando nas sensacións, preocupándome polo cambio seguinte, qué diría o meu corpo. Así foron transcorrendo un tras outro; lento, rápido…Á fin pensei que tampouco resultaran tan malos coma previamente supoñía e respirei co alivio de poder volver xa á roupa de pon. A xove parella xa levantara, non sei en que momento decidiron marchar. Fun cara aos percheiros e os ollos golpeáronme; tardei en reaccionar e asumir a obviedade; xa non había bolsa nin roupa. Todo aquilo que me acompañara nun adestramento máis desaparecera de min, e tiven a certeza de que había ser para sempre. Con todo, preguntei escoitando as respostas temidas e sabidas: ninguén veu nada.
Pensei e pronunciei a palabra temida «roubáronme» e un desequilibrio emocional situouse no espazo , involuntariamente. Fixen reconto e sentín mágoa pola roupa de quita, agora perdida, e máis que mágoa foi a raiba, e máis que a raiba foi o fracaso. O saber que alá se foron anos e anos de fe, de presentir que Castrelos era un chisco teu, meu, noso…daqueles que lles dan voltas día a día . Alá fuxiu a inmunidade crida, a seguranza nun acordo tácito entre Castrelos e os asiduos ou ocasionais que o percorremos. Era mentira, algo e alguén matou o rito da roupa de quita e pon, agora consideraremos a roupa de pon, sen quita…porque se non onde se pon?.

O preludio a este escrito sitúase noutros días, nuns paus atravesados que prestaban un servizo desinteresado xunto con outros aparellos que lle naceron a Castrelos e que agradecidos son. Eles despareceron e non se sabe que outros servizos andan a prestar.
Aquí queda pois un requiem de paus e roupa e unha palabra máis no vocabulario ritual de adestramento «roubo». e que ben aproveitado sexa o roubado.