Consideracións de domingo

De obrigada mención podemos considerar ou de mención sen obriga consideramos a participación dos atletas do Comesaña S. C., nos Campionatos Galegos de Pista ao aire libre. Celebráronse nas pistas de Balaídos en Vigo  en dobre xornada de domingo.
Os comesañenses entregáronse en xornada vespertina en distancias de fondo e medio fondo. Soprou Eolo, quizáis por medirse coas forzas dos ousados atletas, o desafío foi constante.

Carmela Cardama Báez, esta xuvenil foi a máis rauda, correu un 1.500, que completou coma 5ª deste Cto. Absoluto, en 4’44″21, marca persoal, anterior 4’49″05. Excelente temporada a desta xove atleta. Esperamos que a súa evolución  augure unha traxectoria de grandes feitos cumpridos.

Rauda e «curta» dicimos porque o cinco mil, acolleu ao resto dos atletas, tres homes e tres mulleres que deron doce voltas e media á pista. Enrique Martínez Martínez, acabou no posto 11º, sendo no seu debut na distancia o primiero clasificado do club…  situándose ademáis primero xuvenil de ránking FGA cun tempo de 16’16″21, Alejandro Álvarez Costas entrou 13º, invertindo 16’45″37 e Manuel Ayuso Vilaboa  foi 14º con 17’32″25. Trío en 5.000 de ases, porque sempre quedan as espadas para seguir loitando con Crono.

En Feminino, completamos Ouro, Prata e Bronce. Podio pleno para o Comesaña. Yolanda Guitérrez Robles proclamouse vencedora na distancia con de 17’44″29, o segundo posto foi para María de las Mercedes Gómez Alonso, con 19’03″61 e un segundo despois entrou María Soledad Castro Soliño, 19’04″02. Trío de podium para seguir sumando
Clave Comesaña de Campionato. Que outros máis Campionatos teñamos con máis nomes que considerar.

******************************************************************

Tamén en Cambados, pola mañá, na IV  Carreira Popular Concello de Cambados, se considerou  clave Comesaña, porque alí se trasladaron varios dos nosos atletas por correr un 10Kms. . Facemos recopilación de resultados

15º-   Victor Xosé González Horta–   10ºSM-  34’30»
27º-   Adrián González Blanco–   17ºSM-   35’08»
29º-   Miguel Marzóa Ruíz– 19ºSM-   35’22»
39º-   José Andrés Fervenza Fragueiro–   13ºVAM-   35’58»
83º-   Germán Díaz Alonso–   29ºVAM-   37’24»
115º- Félix Qintáns Meléndez– 46ºVAM-  38’27»
130º- José Manuel Martín Tallón-52ºVAM-   38’42»
203º- José Manuel Lorenzo Fernández– 80ºVAM- 40’16».

Na carreira masculina o gañador foi Alejandroo Fernández Rivera  (Ourense Academia Postal), cun tempo de 29’47», segundo entrou Pedro Nimo del Oro (Bikila) en 30’18», e completou o terceiro posto Crisanto Grajales Valencia de Veracruz, cun crono de 30’55».

Na feminina gañou Esther Pedrosa Carrete, (USC)  cun tempo de 38’27», e segunda foi a comesañense Águeda Ofelia Blanco Pérez, sendo primeira da súa categoría, SF, con 39’32», terceira sería Sara Castillo Oñate ( Club atletismo Hellín) e o tempo foi de 40’47».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.