En Lugo, medallas para o Comesaña

Inestable, así foi a climatoloxía dominical: rachas de vento que desequilibraban os tempos, con nubarróns que oscilaban diante do sol dispoñendo a chuvia por veces.
Así foi Lugo este domingo nas Pistas de Atletismo Gregorio Pérez Rivera, os veteràns consolidaron o seu campionato galego en pista ao aire libre. En xornada de mañá e tarde fóronse desenvolvendo as distintas probas, unhas con máis participantes, outras non con tantos. A cita congregou a unha parte representativa do atletismo veterán, pero diríase que faltou outra boa parte.
En clave Comesaña

Nesta ocasión a pista foi das mulleres, seis e un home chegaron ata Lugo para competir nas súas respectivas probas. Dominou o sector curto e tamén dominou un pleno en medallas.
Marcos Castro Rodríguez (M35) participou nos 400 m.l. e invertiu neles 1’02″30, que significou o bronce na súa categoría. Tamén quixo estar nos 5000m.l. nos que rematou 14º da xeral e 7º da categoría cun tempo de 20’08’40».
Tivemos dúas W60,
Olga Romero Domínguez, en salto de lonxitude proclamouse campiona de categoría con 2,97 m, sendo 4ª da xeral. Nos 100 m.l. foi 2ª con 17″35, seguindo á súa compañeira de equipo e categoría Flora Josefa Gúzmán Davila quen cun tempo de 16″96, acadou o posto primeiro. Repetiu áurea medalla nos 200 m.l. parando o crono en 32″37. Dobre de ouros para Flor

Sempiterna María Jesús Sanguos Espiña, agora W55, participou nos 400 m.l. cun campionato xeral e de categoría, 1’10″37 foi o que tardou en completar a volta á pista, esta vez sen vallas, pero cunha nova mellor marca nacional na distancia e na categoría. Imbatible Chus, retando tempos, desafiándose, sempre eterna promesa cumprida.
Tamén dúas representativas en W45.
Milagros Gómez Cagide participou en lanzamento de peso, sendo 5ª da xeral e 1ª da categoría con 7,46 m. En salto de lonxitude tamén foi 5ª xeral e 2ª W45 con 2,60 m. Nos 200 m.l. invertiu 37″46, que lle proporcionou outra prata.
María Soledad Castro Soliño, deu 12 voltas e media á pista coas mulleres todas e os homes de W50 en 19’11″66, foi o tempo que lle valeu para afacerse cun campionato de 5.000 m. un chisco opaco.
A nosa W35 foi Elisabeth Oya Steinbruggen,  foi prata nos 400m, 1’08″55, máis bronce no 200 m.l. cun crono de 30″93
E aquí se pecha unha xornada máis de atletismo veterán, polémica en números de voltas no 10.000, no 5.000,.E excesivamente demorada en entrega de medallas.
Todo é mellorable, os números cantan, pero ás veces desafinan, outras veces despistan. Houbo disconformismo, houbo espera. Inestable xornada para inestables tempos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.