All posts by Soledad Castro Soliño

Maceda, in situ

Quiñentos metros en asfalto de ida, cincocentos de volta, recta tras recta fóronse consumindo 5000m. A saída e meta estiveron en Maceda. Alí suadas foron camisetas do Comesaña, que unha vez postas ao sol, contribuíron a colorear o percorrido e saberse merecedoras dunha meta. Unha liña de arboriños delimitou o para acá e para alá do circuíto ornamentado de gala para a ocasión,

O campionato tivo a súa saída conxunta ás 11:30, previa disputa doutras carreiras de categorías menores, posteriormente, ás 12:30 celebrouse a carreira popular. Ao mellor resultou excesiva a dobre convocatoria e máis aceptación tería unificalas. Consideráse a posibilidade sabendo que sería unha decisión a posteiori do remate das inscricións en ambas carreiras, condicionando un horario previsto pero non sentenciado.

As rectas remataron en curvas traicionando os números do crono. Demasiado tempo para este espazo?. en tráfico nas curvas redúcese, ao mellor no atletismo tamén, pero non sabería aplicar aquí por centos correlativos e proporcionais de tempo, rectas e curvas.

Boa organización para este evento que cumpre a súa 2ª edición, a resposta atlética resumisue en presenzas e ausencias esperadas e inesperadas…Maceda cumpriu co seu campionato. O Comesaña tamén.

De pés

Os pés comesañenses pisaron e andaron espallados pola xeografía galega para seren protagonistas en eventos de índole diversa nesta prolífica fin de semana
Daremos conta deles intentando facer crónica recopilatoria (ab absentia) de datos, sucesos e impresións.

A actividade deu comezo o xoves á noitiña en Balaídos, nunha Xornada municipal, alí quixeron estar clavando tartán. atletas do Comesaña. Destacamos a actuacción de Patricia Pereira quen sen miramentos e con soltura se situou dende o disparo de saída na cabeza do 3.000 m. Nos últimos 500 m. apurou o ritmo, deixando atrás a súa constante seguidora Leticia Fernández, O crono de Patricia marcaba 9’47″81, o que significa mellor marca da tempada do ranking FGA, Leticia quedaba perto da mínima buscada, sobráronlle pouco máis de 2″ ao facer 9’52″11, malditos segundos!. As outras dúas participantes do Comesaña S. C. neste 3.000 m. acadaron amplas melloras das súas marcas persoais, 7ª María Álvarez con 12’19″79 e 8ª Jéssica Davila Prado, 12’56»64, ambas de categoría cadete.

No 3.000 masculino, o gañador, Gonzalo Basconcelo acadou a mínima para o Campionato do Mundo Xuvenil cunha marca de 8’44″07, fixo o debut nesta proba o noso choqueiro Antonio Sobrado , alcanzando o 7º posto cunha meritoria marca de 9’15»30, que moi ben está para os seus 42 anos, (dende hoxe 43).

En 200m Ángel Pereira, mellorou amplamente a súa marca persoal, sendo 2º na terceira serie cun tempo de 24″85. Segundo tamén na terceira serie de 800 m. foi Alejandro Álvarez, rebaixando a súa marca persoal a 2’07″39. Nesta mesma serie Alberto Ayuso chegou de noveno con marca persoal, 2′ 15′»10. Once foi o xuvenil Enrique Martínez con 2’19»09. Na segunda serie de 800 m. Pablo Álvarez entrou de 8º nun tempo de 2’12»07.
Na mesma distancia en feminino Elisabeth Oya, foi 11ª con 2’53»72, correndo antes tamén os 200 m. en 31»13 ,7º por detrás da xuvenil Tania Rial, 6º con 31»09; marcas invalidadas polo vento de +2,8 m/s.
Nos 300 m. venceu María Lidia Villar con marca persoal , 47»05. Alba Rodríguez estreouse nesta distancia invertindo un tempo de 50»19 e sendo 5º. en 6º lugar chegou Itsaso Fernández quen rebaixou a seu crono 4» facendo 50»84. No 300 masculino Adrián Lago quedou 3º establecendo a súa marca en 44»19

Dous días despois, en sábado, en Noia volvía correr Antonio Sobrado os 3000m gañando a proba en 9′:15»:64.
Aínda máis á noitiña, no asfalto de Celanova bateron os pés percorrendo rúas: e elas recibiron o saúdo do Comesaña representado por seis homes e tres mulleres. citamos co posto xeral, de categoría e tempo invertido. A carreira masculina foi gañada por Daniel Bargiela Araújo, (VTAM-24′:52») completando podio con José Manuel Fernández Márquez (VTBM-25′:02») e Alberto Bastos Dasilva (SNM1-25′:28»). Mentras que Iria Fernández Fontenla (SNF-30′:37») foi a máis rápida en feminino, seguida de dúas atletas de categoría xuvenil Eva Cid Guede (XVNF1-31′:09»)e Victoria Rodríguez Freiría (XVNF2-31′:38»)

HOMES
Miguel Ángel Costas Iglesias: 12-SNM7-19′:37», Carlos Carrera Moraña: 16- SNM9-27′:46», Serafín Costas Iglesias: 53-SNM23-29′:41», Alberto Ayuso Vilaboa: 64-JNM2-21′:51», José Otero Otero: 78-VTAM16- 22′:06», Yago Lago Álvarez: 141-SNM48-23′:44»

MULLERES
Montserrat Carreira Costas:217- F14-VTBF5-24′:28», Olga Romero Domínguez: 442-F45- VTEF1-30′:48», Milagros Cagide Gómez: 443-F45-VTCF7

Merecido descanso pois para estes pés nocturnos. Algúns deles, decidiron continuar a súa andaina en Esgos, e a colleita aí está con medallas e sen elas, aproveitada e custosa

Outros pés quixeron erguerse en domingo e elixiron bater os 10 Km. aprox. do asfalto de Cambados. Seica resultou unha carreira cuestionada legalmente. Tres mulleres portuguesas internacionais nas derradeiras cinco tempadas, inscritas e dispostas a participar atoparon coa normativa reivindicada por corredoras conscientes dos agravios que se puidesen espertar. Sen alternativa ante a aplicación das normas que rexen as carreiras do Calendario FGA, non puideron participar . En homes houbo reclamación a posteriori, unha vez conquistado o posto co correspondente premio. O suceso e as circunstancias non resultan descoñecidas, é unha historia reiterada, que dá pé a confusións e malentendidos, e sobre todo, a desilusións e raibas. Non é difícil salvar estas situacións, cumprindo a legalidade por parte de todos; organización, federación, atletas e clubes, sen concesións. O atletismo gañaría e evitaríanse moitos desagradables desencontros.
Esmerados pés femininos que se situaron no podio no 2º e 3º caixón; son de Yolanda Guitiérrez e Marta Fernández, elas acompañaron a Paula Mayobre (XF- 36′:01) no podio como primeira clasificada .Iris Soto subiría ao podio como 2º clasificada promesa

Destacados pés masculinos que se resolveron nun exercicio de entrega con bronce de categoría para Antonio Sobrado Fernández, entre os 25 en meta estiveron Juan Carlos Villanueva Acuña e Germán Díaz. A carreira foi gañada polo portugués José Rocha cun segundo de diferencia co segundo clasificado Francisco Javier Gómez Noya , 29′:13» e 29’14». En 29′:48» chegou a meta o veterán Hassan Lekhili facéndose co posto terceiro.
Recóllense posto xeral, de categoría e tempo.
HOMES
Antonio Sobrado Fernández :9 VAM3-33′:02, Juan Carlos Villanueva Acuña: 21-SM14-35′:10», Germán Díaz Alonso: 25 -VAM7-35′:39»
MULLERES

María Yolanda Guitiérrez Robles:33-F2-SF1-36′:40», Marta Fernández Otero: 38-F3-SF2-37′:01», Amalia Dopazo Otero: 284-F13-SF9-45′:19», Iris Soto Blanco: 294- F15-XF2- 45′:51

Acá queda o recoñecento ás pegadas comesañenses que quedaron imprimidas en tartán, terra e asfalto, espalladas pola xeografía galega.

Nas fotos de David Figueroa, Patricia seguida de Leticia, e Antonio en Balaídos, na de «Tito«, Olga Romero en plena carreira nocturna de Celanova e nas de Cambados, na de «enteirito»,  Amalia Otero e Yolanda Gutierrez  e na de «Xandra»,  Juan Carlos Villanueva.

CAMPIONATO GALEGO VETERÁN EN PISTA

Pontevedra acolleu este sábado os campionatos galegos veteráns de pista, en dobre xornada, matutina e vespertina.

A calor tormentosa non espantou nin disuadiu a participación . O espectáculo anímico e dinámico nas pistas desprendíase dun abano de xente esmerada en cumprir intencións e metas.
O ambiente non desmereceu, ampla participación e preocupada organización. Feito que abre interrogantes e admiracións a un tempo. As posibles preguntas radican na comparación con outros campionatos ou probas absolutas.; o nivel de participación evidencia un aumento de adeptos veteráns, cousa que se volve admiración ante a entrega e afanamento dos competidores, empeñados en superar marcas e rivais, consolidarse en varias probas ou ilusionarse ante un posto e medalla. que ao mellor é causa primeira de motivación.
Non todo foi perfecto, porque protestas houbo, elas invitan a valoración e reflexión para superar erros e fallos facilmente evitables. Esperamos que desta vez as posibles repercusións en negativo non afectasen de xeito extremo e que algunha ensinanza en positivo houbese.
Quizáis eivado e apoucado en número resultou a participación en feminino. Quizáis noutrora cambien as circunstancias, pero a día de hoxe o misterio da reducida presenza feminina evoca a interrogación última sen resposta concreta: por que?

Estivo o Comesaña sen embargo con ampla representación en mulleres e tamén en homes que acarrexaron e brillaron en medallas.
Os resultados de probas e atletas foron os seguintes:

MULLERES
Montserrat Carreira Costas (W40)
400m 1′:16»:30 :medalla de ouro
800m 2′:51′:18; medalla de ouro
Salto de loxitude 3.58m; medalla de ouro
María Soledad Castro Soliño (W45)
1500m 5′:14»:6; medalla de ouro
5000m 18′:22»:18; medalla de ouro
María Mercedes Gómez Alonso (W40)
5000m 19′:04»:01: medalla de ouro)
Milagros Gómez Gagide (W45)
lanzamento de peso 7.30m, medalla de ouro
200m 36»: 97: medalla de bronce
400m 1′:26»:80; 4º posto
Elisabeth Oya Steinbruggen (W35)
400m valados 1′:24»:67; 4º posto
800m 2′:57»03 ñedalla de ouro
Olga Romero Domínguez (W60)
100m 17»:08; medalla de ouro
Salto de lonxitude 3.05m; medalla de ouro
María Jesús Sanguos Espiña (W 55)
80m.valados 14»:12, medalla de ouro
300m. valados 54»:49, medalla de ouro
Ana María Santos Solla (W50)
300m valados 1′:13»: medalla de ouro

HOMES

Germán Díaz Alonso (M35)
800m 2′:13»:99, medalla de bronce
5000m 17’42»:31. 4º posto
J. Manuel Lorenzo Fernández (M35)
200m 27»: 65; medalla de bronce
400m 58»:52: medalla de prata
Antonio Sobrado Fernández (M40)
1500m 4′:22»:38; medalla de broncE
Alberto Vázquez Alonso (M45)
triple salto 10.22m ; medalla de ouro
400m valados 1′:17»:27: medalla de prata

Noraboa en postos e medallas.
E ollo coas cámaras de chamadas porque un retraso pode significar non participación, como seica aconteceu .

Roubadas foron as fotos a Beatríz Viteri, e nelas están Elisabeth e Alberto

CO-INCIDENCIAS.

Hai coincidencias que son casualidades, outras que son causalidades, e existen coincidencias que coinciden ou fanse coincidir. Tamén se di que esta vida é unha continua puñetera elección entre feitos e cousas: se A non B, se B non A, porque irremisiblemente unha desbota a outra; seica é lóxica racional. E continuando, disque ás veces no fondo, e outras na superficie somos egoístas e interesados.
Ata aquí a introdución, o tema principal ha ser unha data e dous acontecementos: domingo 15 de maio e dúas medias maratóns; unha na Coruña outra en Thionville que han ser Campionato galego e campionato de Europa veterán respectivamente. Estas son as coincidencias, a elección escríbese dende a raiba e a dúbida de considerar e razoar a escolla máis idónea, sen chegar a ningunha conclusión decisiva: as dúas merecen interese, e como interesada non dou aclarado a mellor das opcións. Europa era unha idea xa forxada no tempo, Coruña e un campionato galego foi un encontro inesperado.

Hai coincidencias evitables?. Quizais, ou ao mellor.

Afirmo que malia terme inclinado por un campionato veterán previamente establecido, levo dentro a impotencia de non ter sido Comesaña en Equipo, de romper unha secuencia participativa, de non estar nunha referencia consolidada como atleta.
Hai coincidencias que pesan coma pedras, e volven os horizontes opacos.

Por acumulación ou aproximación, os campionatos de media maratón prodigáronse ( España, Europa, Galica)entre finais de abril e inicios de maio.
Por evitar mäis posibles atribulaciöns electivas reivindico as coincidencias evitables; e que A, non se atope con B, nin no espazo nin no tempo.

Noraboa, polo papel desenvolvido polo Comesaña na Coruña, pero afirmo que como son interesada e egoísta, tamén quixese estar aí. e descúlpenme pero son atleta e hai coincidencias que non sirven para seren aceptadas nin asimiladas tan facilmente, entón escribo. morosamente, pero xa se sabe: se A non B, escribir ou non escribir…unha escolla¿?

Medio Maratón Vig-Bay, un mar de xentes, cadaquén na súa función. (por Sole)

Quizais porque son de silencios e pequenas cantidades pronunciar 4140 superaba a miña liña de asimilación. Van 12 edicións, eu acordo a 1ª e 3ª, e aí quedei, nesta voltei porque tiña visións oníricas; presentía as pernas correndo polo asfalto que leva de Vigo a Baiona. 4140 son moita xente, antes non eramos tantos, entón temín o desoriento á posibilidade irresoluble de dificultades, o semellar perdida entre a multitude.

Agora confésase que o temor estivo dentro, mais non fóra, nada do receado foi realidade: despois de ter chegado ao Verbum sen atrancos fun un mar de xente en ondas de vai e vén ; cadaquén na súa función: corredores, organizadores, xuíces, voluntarios, dorsais, cronos, motos de policía e non policía, bicicletas, representantes, representativos, esporádicos, sufridos acompañantes, bolsas, mochilas; un mundo multicolor rebulindo para debuxar a paisaxe de Vig-Bay.
E todo foi: o dorsal xa viña servido en Equipo; o servizo de vestiario resolveuse plastificado e en depósito, nin colas nin despropósitos e na saída situáronse as letras dispostas, amables e vixiantes para identificarnos e ubicarnos nelas. Os preámbulos resultaron mainos e vacíos de sucesos intranquilizantes. Entón ocupáronme os nervios de saída-competición, e eles amorteceron coas cantidades de xente, xente e xente. era moita e pensei pois, na grandeza dos números, dos ánimos e aplausos..
Eu pouco sei; non sei se foi soño ou esperta estaba , pero sentín as pernas batendo no asfalto, por veces o vento desafiante, outras veces a calor estremecendo o cansancio, outras o tempo rompendo intencións, tamén a impotencia de pasar ou non chegar a unha rival, sempre barallando, maldicindo ou agradecendo estar aí, intentando seguir, perseguir, acompañar, superar…E si sei que dende o meu silencio, recibín a máis gratificante chegada, máis xente e xente que te pronunciaba e animaba. Aquí expreso a sensación de irrealidade que te envolve porque a magnitude tamén supera a liña de credibilidade.
A xeneroxidade do avituallamento é cousa mencionable e os servizos e atención nada desmereceron.

Resolvo este informe apreciativo en positivo, subxectivo e contributivo en ánimos a continuar e perfeccionar o camiño andado

E en posdata, ao mellor precisaríanse servizos na saída e meta, pois creo que é de prioridade o seu uso, alomenos para os nervios de saída.

E en chamamento sería exemplar que a zona de avituallamento finalizase con recipientes de lixo completos e os espazos libres de pecado en desperdicio.

Falando en feminino, considerar a non presenza, a ausencia, a non participación, o número reducido que se agranda co tempo e convencemento. Así imaxineime que fun moitas mulleres subindo a un podium e por un anaco ausenteime, desprendinme para recibir simbolicamente o recoñecemento a todas elas.

Escribindo en Equipo, dicir que entre 4140 houbo camisetas do Comesaña, formando Equipo masculino e feminino, o labor de cadaquén lustrouse na clasificación conxunta final: segundos e primeiras respectivamente.

Estes foron postos e tempos individualizados:

11- Marcos Seijo Bujía 1: 10´ 29″

29- Carlos Carrerera Moraña. 1:14´26″

34- Antonio Sobrado Fernández.1:15´18″

41- Pablo Carrera Blanco. 1: 15´39″

52- Samuel Rodríguez Gómez. 1:16´53″

58- Javier López Domínguez. 1:17´20″

82- José Andrés Fervenza Fragueiro. 1:18´47″

99- Serafín Costas Iglesias. 1:19´40″

105- Germán Díaz Alonso. 1:19’562

115- Miguel Ángel Costas Iglesias. 1:20´29″

133- María Soledad Castro Soliño. 1:21´16″

164- Yago Lago Álvarez. 1:22’25»

182- Luís Alberto Carnero Díaz: 1:22´50″

359- Mercedes Gómez Alonso.1:27´13″

411- M. Carmen Penas Blanco. 1: 2749″

509-Francisco García Villaverde. 1:29’29»

691- Francisco Otero Amoedo. 1:32´09″

764- José Otero Otero. 1:32´58″

768- Manuel Pérez González. 1:33’02»

781- Antón Amoedo Giménez . 1:33´12″

1014- Sechu López Pérez. 1:35´45″

1257- Ramón Vilanova Souto. 1:38´39″

1333- Motserrat Carreira Fernández. 1:39´14″

1377- Victoria Fernández García. 1:39’44»

2149- Diego Alonso Otero. 1:47’20»

2633-Iris Soto Blanco. 1:52’48»

Subiron ao podio con premio de posto:

 Soledad Castro (2ª Abs.1ª española, 1ª gallega, 1ª Vet. «C»)

Mercedes Gómez Alonso como 3ª Veterana «B»

Carmen Penas Blanco como 3ª Sénior
Iris Soto Blanco,  como 2ª Promesa
Marcos Antonio Seijo Bujía como 3º Veterano «A»
Antonio Sobrado Fernández como 3º Veterano «B»

Samuel Rodriguez Gómez como 1º Júnior

Noraboa pois, Comesaña S. C. pola apañada colleita.
Nas fotos de Jesús Martinez os podios de equipos mais Samuel é Iris