All posts by Soledad Castro Soliño

En subxectivo

Foi unha nova cita cos 11 nunha mañá de domingo en Outubro de sol. Atleticamente, o número xa é referencia dun acontecemento que convoca a xente disposta a desafiar pés e asfalto por rúas viguesas, con saída do Náutico e kilómetros en circular que se completan, pois no mesmo Náutico.

Foi outra edición, que se viviu de mil e un xeitos porque mil e pico de sentires e expresares estiveron alí, enchendo os saco dos aconteceres dos 11. porque o ánimo e aplauso supuxo unha constante plena, porque non só existiron atletas; porque a xente respondeu, porque os coches e viandantes resignadamente aceptaron as circunstancias, e porque si, porque a vontade fainos correr, aplaudir, animar, acompañar, axudar, organizar, esperar, protestar…e estar aí.

O Comesaña andou revolto entre o xentío: ao lonxe, ao cerca, unha camiseta, un chándal, un dorsal que se reparte, unha palabra ou varias que se acadan no balbordo. Atletas menores e menos menores representaron ao Clube amplamente. Nas carreiras previas o podio e o non podio recibiu nomes propios. O Comesaña en pequeno foi grande, porque así o quixeron todos os seus participantes, situándose na saída, atravesando a meta.

O disparo soou ás once e once e máis , despois de ter recúado dende unha liña imaxinaria ata outra de imaxinaria saída, pero verdadeira. Entón unha riada coloreada de corpos roubou a paisaxe matutina para redimirse en propósitos e obxectivos: tempos, marcas, postos, rivais…sempre con algunha meta, pola que atravesar a meta e poñer a descansar os kilómetros ensumidos no corpo. Subidas e baixadas retaron o esforzo que se consolidou en Once. E a consolidación expresouse no Comesaña, coa esmerada participación e resposta. Benchegada do planeta vermello e branco en corpo de trofeos, medallas, encomendas cumpridas, superacións, e tamén en corpo de malos rexultados ou fustracións inesperadas.

Frutas Nieves serviu de aperitivo. Esperemos que bo proveito houbese. E que máis 11 teña Vigo, e que o Comesaña poida contalos como Clube máis…

Na foto de Juan Caballero o momento da saida

Os do día nove na Coruña

           O Comesaña S. C. foi a Coruña en autobús. alí agardaban os dorsais e chips, que unha vez colgados e activados nas respectivas camisetas e zapatillas resolveron a identidade de participación na Carreira Popular Coruña 10 que tamén había ser Campionato Galego de 10 Kms en ruta.

           Os prolegómenos sempre son nerviosos e cadaquén debuxa o seu mapa de inquitudes e propósitos ata situarse na liña de saída. Aquí, despois dunha irrespirable e acumulada espera , soou o disparo de inicio. Desta vez coa forza da inercia e gravidade bateron varios atletas no chan, eu vin e agardei a que anulasen a saída por atrapallada e atropelada, pero nada aconteceu, eu tampouco nada fixen, senón seguir adiante, cuestionando a deportividade e precipitacións innecesarias, pensando cunha sensación amarga que ao mellor todo se viría resolvendo coa ampliación dunha liña, evitando caídas e aglomeracións.


           O corpo tería de absorber 10Kms. nun recoñecido percorrido urbano que nos había levar polas rúas da Coruña en variante traxecto de ida e volta. Mesmo puidemos chegar a sentirnos tranvía, avanzando polas sáus vías paso tras paso ata Riazor. onde xa tocou dar volta cara unha meta´: O Obelisco. Aos poucos alí foi chegando o Comesaña: Marcos Antonio Seijo Bujía levou a honra de inaugurar a presenza, boa colleita para Él, campíón galego M40, coa noraboa correspondente despois do tempo ausente. Carlos Carrera Moraña, que non ten licencia federativafoi o segundo do clube, Antonio Sobrado Fernández seguiuno para ultimarse como 6º na categoría M40; Miguel Ángel Costas Iglesias quedou no seu papel de 4º comesañense seica satisfeito, Alejandro Álvarez Costas non amosou un sorriso enteiro ante un 4º posto de categoría Xúnior, Manuel Ayuso Vilaboa mirou con ollos grandes a marca e o seu contento foi máis grande que os ollos. Germán Díaz Alonso reservouse e andou precavido cos números do crono, Yago Lago Álvarez foi o número 40 en SNM e Manuel Pérez González quedou cun baile recíproco de números na marca 43:34, seica capicúa.

           O podio femenino, falou co Comesaña S. C. en ocasións varias. Absolutamente estivo con Patricia Méndes Pereira, para felicitarlle o seu Campionato, tamén o seu 2º posto na carreira. Yolanda Gutiérrez saudouno como subcampiona galega e como 3ª na carreira. Veu o silencio para falar de categorías e aí está Soledad Castro Soliño vencedora en F45 e Montserrat Carreira Costas bronce foi en F40, tamén con capicúa. Victoria Fernández García sería 5ª en categoría SNF .

          E mentres todo acontecía entre sol e sombra os grandes e pequenos atletas comesañenses rehabilitábanse, bocadillo en man, bocado en boca.

           E cando xa nada houbo que agardar, o Comesaña S. C. marchou da Coruña en autobús.

 Postos, nomes e tempos
10º-Marcos Antonio Seijo Bujía–1ºM40–31’35», 31º – Carlos Carrera Moraña–15ºSNM–33’53», 32º-Antonio Sobrado Fernández–6ºM40–33’56», 67º-Miguel Ángel Costas Iglesias–18ºSNM–35’22», 75º-Alejandro Álvarez Costas–4ºJNM–35’37», 78º-Patricia Mendes Pereira– 2ªF-1ª SNF–35’39», 85º–Manuel Ayuso Vilaboa–35ºSNM–36’00», 129º-María Yolanda Guitiérrez–3ªF-2ªSNF-37’00», 167º-Germán Díaz Alonso–44ºM35–37’35», 171º-María Soledad Castro Soliño—6ªF6-1ªW45–37’41», 269º- Yago Lago Álvarez–93ºSNM–39’21», 351º- Francisco García Villaverde, 109ºM35–40’16», 656º-Manuel Pérez González–48ºM50–43’34», 802º-Victoria Fernández García—29ªF-9ªSNF-44’47», 928º-Montserrat Carreira Costas–35ªF–13ªW40–45’54».

           Os postos son os da clasificación xeral, os do campionato son bastante distintos. Nestes intres nos resultados oficiais pendurados pola FGA na sua páxina, non consta a compiona Patricia Mendes Pereira…..¿?… ¡¡cousas que acontecen!!

         Tamen participou na carreira dos Infantis, Cadetes e Xuvenís, categorias e sexos mesturados, nun percorrido apro.de 4 Km., o xuvenil Enrique Martínez Martínez, 8ºe 5º xuvenil en 11’57».

As fotos da carreira son de Xandra & Billa e mais de Mayu Coira, baixadas do foro de Correr en Galicia

O Berbés en 10Kms….. máis algo máis

           Eu nunca subira correndo as curvas dun aparcamento nin tampouco as baixara, nunca nunha carreira levara o arrecendo a peixe, marisco e mar tan incrustado no respirar. e pasoume na II Carreira das Xornadas Marisqueiras do Porto de vigo; 10 Kms. divididos en dúas voltas de 5 leváronnos entre exteriores e interiores de enormes naves gardadoras da presenza marítima na terra e na mesa. Viveiros de Vigo foi a saída, tamén a chegada, e alí concentrados tras e debaixo dunha raia de control Cronotec reuníronse máis de cincocentos atletas para completar un peculiar circuíto. Nun familiar e acolledor ambiente con mar de fondo e ceo tordo, a mañá do domingo significou para moitos un esforzo máis, unha meta máis; cadaquén coa súa incógnita interior coa súa teima particular por saber, por superar, por responder, por participar…e sempre por chegar. Outros víronse na encomenda de agardar, de animar e facer o esforzo máis cálido; e pracenteiro foi adiviñar moitos atletas na tarefa de organizar.
Tras gardar o obrigado minuto de silencio polo falecido José Antonio Álvarez, irmán do atleta do Comesaña, Ramón Álvarez Pérez, a carreira deu comezo puntualmente.

           As camisetas do Comesaña S. C. tamén se mesturaron e entremoteron entre o colorido grupo de saída. Nelas ían homes e mulleres e todas elas, 20, atravesaron moi dignamente a liña de meta.

           A de Patricia Méndes resultou gañadora na carreira feminina, con tódolos merecementos, e cun minuto xusto de diferencia coa segunda clasificada, Soledad Castro. O terceiro posto correspondeu a unha non comesañense, Andrea García Soage (Vila de Cangas), e no cuarto volvemos recuperar a camiseta con Mercedes Gómez. O cadro de podio feminino en categoría vetrerana A, engalanouse de vermello e branco, pois Julia Vaquero completou superlativamente un terceiro posto na categoría, xunto coas mencionadas Sole e Merche (1 e 2). Outro tipo de podio foi protagonizado por Nuria Pérez Fernández e Montserrat Carreira Costas .

           As camisetas masculinas protagonizaron unha sucesión numérica, de dous en dous, tres, e un a un…e despois cadencia aleatoria . O primeiro na meta foi Daniel Bargiela, e do equipo foi Antón Amoedo, seguido de Samuel Rodríguez e Carlos Carrera. Pechouse a presenza comesañense con Alberto Correa,.O papel desenvolvido nada desmerece, oito entre os vinteoito primeiros algúns levaron mariscada, máis grande ou máis pequena e aínda non habendo mariscada de Equipo, agardemos que disfrutada fose por todos a particular recompensa.

           Salvando ás esperas da entrega e reparto de trofeos, as impresións foron positivas,agardamos unha nova edición con dez kilómetros de Berbés e mar.

           Dáse conta de posto xeral, categoría, posto de categoría e tempo das camisetas con nome e

11- Antón Amoedo Giménez-VAM-5–34’23»51, 13-Samuel Rodríguez Gómez-SNM-7–34’35»35
15-Carlos Carrera Moraña SNM-8–34’40»37, 22-Alberto Fernández Pérez-VAM-10–35’05»72
25-Pablo Carrera Blanco-SNM-11–35’19»89, 26-Miguel Ángel Costas Iglesias-SNM-12–35’29»03
27-Germán Díaz Alonso-VAM-12–35’29»52, 28-Alejandro Álvarez Costas-SNM-13–35’49»92
34-Patricia Méndes Pereira-SNF-1–36’24»68, 40-José Andrés Fervenza Fragueiro-VAM-19–36’47»90
54-María Soledad Castro Soliño-VAF-1–37’24»68, 77-Luís Alberto Carnero Díaz-VAM-39–38’31»08
84-Yago Lago Álvarez-SNM-31–38’50»42, 108- María Mercedes Gómez Alonso-VAF-2–39’55»16
131-Alberto Ayuso Vilaboa-SNM-45-40’38»89, 174- Julia Vaquero Sousa-VAF-3–41’55»35
218-Manuel Pérez González-VBM-23–43’03»33, 247- Nuria Pérez Fernández-SNF-7–43’50»68
295-Montserrat Carreira Costas-VAF-8–45’30»00, 385-Alberto Correa Gallego-SNM-105–48’57»95

           Disque tamén o mesmo día  o Comesaña Sporting Club andou por Meaño, alá onde o viño quere ser protagonista. En carreira sobre 6.330 m. gañada por Hassan Lekhili, (OAAP) 19’10», entrando no 9º posto a gañadora feminina, Ercilia Machado, (S.C.Braga) en 22’17», o noso atleta Antonio Sobrado, que quedar terceiro e primeiro de sua categoría en 4’58″o día antes na Milla de Bueu, participou e resultou ser 11º en 22’22». No posto 82 da xeral, pero como 6º da súa categoría entraba Adrián Lago en 26’12», despois era no 167º Cándido Pérez en 30’04. Amalia Dopazo era a 5ª muller con un tempo de 30’51».

           Nuha carreira máis curta, 1600 m. gañaba na sua categoría María Pérez, 9ª era Silvia Alonso, como tamen 9º era David Lago, e 12º na súa categoría Alexandre Lago.

           Isto é o que «deron deportivamente» estes 10 e 11 de setembro os membros da nosa familia atlética comesañense.

          E aproveitando finalízase este resume coa naraboa ao Equipo Cadete Feminino.

Agosto en reflexión.

Agosto leva na porta pechado por vacacións; é o mes que se deita ao sol, e anda coa casa ás costas, coma caracol. Agosto semella non traballar, senón para facer máis contable e inmortal o disfrute de outros. O mes durme a aspereza de horarios e rotinas inquebrantables.

E non por ser agosto, se atreve este escrito. pero é que ás veces as obviedades asimiladas espertan para volverse obvias. Penso aquí no exercicio do tempo, da relatividade e do recoñecemento. E entón sae de dentro ,vendo cara fóra ,a reflexión.

Dende un labor previo o estatus actual en moitas facetas deportivas, foise acadando co traballo, encono e ilusión dun concelleiro que hoxe xa non é.

Falemos e citamos a Xabier Alonso para expresar unha débeda imaxinaria, ou non, por terse preocupado por pequenas e grandes cousas que afectan ao deporte dende todas as perspectivas mirables. A mirada desta opinión póusase no atletismo porque máis coñecemento da cousa se ten. E a través del considero actitudes e obras que apareceron feitas e consolidadas , outras conseguidas e non conseguidas e tamén as inacadables e inacabadas. Un continuo rebulir de proxectos e intencións que callan ou calan sen máis. Eu non sei numerar nin citar, pero en abstrato e inasiblemente dou voltas a unha esfera: facer-desfacer-refacer-facer…Esgotouse o tempo, os anos , expirou a posibilidade dunha continuación .

É así, o tempo, o relativismo, o recoñecemento.

O tempo traiciona, revive e sepulta; o relativo cuestiona e valora: e o recoñecemento pola labor desenvolvida aquí queda aproveitando as licenzas que o meu Club outorga para expresármonos.

Mentres, Agosto durme o soño das vacacións.

Copando podios, Absoluto mulleres e Xuvenil/Xúnior homes

Foi preludio do lume e da maxia dunha noite. As 9 e cuarto pola Praza do Rei escoitouse un estoupido, foi o San Xoán, para liberar a eses centos de pernas ateigadas e acumuladas nunha liña de saída sen liña certa. E o ritual comezou, unha chea de atletas tomaron as rúas, por acadar un obxectivo: a praza do Berbés, alí outra liña na que cadaquén obtivo a súa meta, 808 foron, máis algún que non entrou na conta.

É a Carreira do San Xoán, que volveu un ano máis.

O misterio da noite trouxo meigas e trasnos que empurraron a participar a 34 atletas do Comesaña, algun deles sen licencia federativa, pero igualmente representando a este clube, pois o tipo de competición o permitía.

O enfeitizo tivo múltiples efectos: por motivar a volta á competición (José Martínez, Andrea Michéle Rosario, Alicia Pérez); por decidir unha camisola (Julia Vaquero Sousa), tamén por debutar coas cores finlandesas (Ramón Álvarez Pérez e Alberto Fernández Pérez) por retomar as sensacións de carreira por un anaco (Nuria Pérez, Pablo Rueda), por desafiar case 8 kms (Olga Romero, Milagros Gómez), por seguir mellorando (Germán Díaz), por chegar (Alberto Ayuso), por sentir un mellor resultado (Manuel Ayuso), por estar entre os vinte primeiros (Samuel Rodríguez, Antón Amoedo, Miguel Ángel Costas) polos podios masculinos e femininos, e deles inevitablemente temos que falar moi satisfactoriamente.

Obtivo o San Xoán un pleno comesañense no podio absoluto feminino: Unha , Patricia Méndez Pereira; dúas, María Soledad Castro Soliño e tres, Mª de las Mercedes Gómez Alonso. Sen máis conto Patricia correu e chegou Primiera con todos os méritos.
E cousa de meigas e trasnos deberá ser que unha carreira orgaizada por unha Delegación da FGA e controlada por seu Comité de Xuices de Atletismo, non faga unha clasificación coas categorías establecidas oficialmente, desta maneira houbo unha categoría A dende os 14 a 18 anos, B de 19 a 35, C de 36 a 45 e D de 46 e máis.
Polo que ademais de completar o podio absoluto feminino, vitoria nas categorias: AF para Sole , e a CF para Merchi, sendo segunda CF Julia Vaquero.

No podio absoluto masculino estivo Elías Domínguez Cabral (Club Corredores Vig-Bay) que completou os menos de 8.000 m en 23’37», seguido polos independentes: Akka Essaadaoui con 23’38» e Daniel Bargiela Araújo, 24’02»,

Na categoría AM, Samuel Rodriguez, estivo aí de novo no nº 1, Enrique Martínez, no 2 e Alejandro Álvarez no 3, enchendo outro podio máis de cor vermella e lixeiramente branca e negra. De terse feito as cousas como está regulamentado Enrique sería o primeiro xuvenil, asi mesmo Adrián Lago o primeiro nos cadetes… mais era noite de meigas e trasnos.

Sen remisión o Comesaña S. C. deu que falar ao San Xoán. ademáis das suculentas sardiñas e do pan gañado.

Trofeos, agasallos, xamóns e lacóns. Ben estivo, ben se cumpriu. Noraboa e que todo aproveitado viñese.

Estes foron os que luciron o nome de noso nonaxenario clube, nos seguintes postos:

De 7º Samuel Rodríguez Gómez-AM 1º – 24’50», 18ºAntón Amoedo Giménez-CM 4º- 25’59», 18º Miguel Ángel Costas Iglesias-BM 11º- 26’04», 20º Antonio Sobrado Fernández-CM 6º- 26’12», 23º e 1ª feminina Patricia Mendes Pereira-BF 1ª- 26’30», 25º Germán Díaz Alonso-CM 8º- 26’37», 26º José Andrés Fervenza Fragueiro-CM 9º- 26’44», 32º Carlos Carrera Moraña-BM 16º- 26’51», 33º Enrique Martínez Martínez-AM 2º- 26’52», 40º Manuel Ayuso Vilaboa-BM 19º- 27’30», 42º Alejandro Álvarez Costas-AM 3º- 27’31», 44º Serafín Costas Iglesias-BM 20º- 27’38», 48º José Martinez Rodríguez-BM23º- 27’44», 50º Ramón Álvarez Pérez-BM 24º- 27’49», 53º Alberto Fernández Pérez-CM 15º- 27’53», 58º e 2ª feminina Soledad Castro Soliño-DF 1ª- 27’59», 81º Yago Lago Álvarez-BM 37ª- 28’51», 86º Luis Alberto Carnero Díaz-CM 29º- 28’56», 126º e 3ª feminina Mercedes Gómez Alonso-CF-1ª- 29’56», 131º Adrián LagoTizón-AM-7º- 30’01», 137º Sechu López Pérez-DM 24º- 30’07», 165 e 6ª feminina Julia Vaquero Sousa-CF 2ª- 30’33», 184º Alberto Ayuso Vilaboa-AM 9º- 30’56», 268º Manuel Pérez González-DM 44º- 32’07», 336º e 18ª feminina Montserrat Carreira Costas-CF 7ª-33’00», 393º F 24ª Iris Soto Blanco-B19ª- 33’43», 477º F30ª Nuria Pérez Fernández -BF 12ª- 35’02», 535º F37ª Alicia Pérez Alonso-BF 16ª- 36’03», 584º F42ª Andrea Michele Rosario Faure-BF 20ª-37’16», 637º Pablo Rueda Rodríguez Vila-BM 246º- 38’32», 698º Alberto Correa Gallego-BM 268º-40’39», 707º F 64ª Olga Romero Domínguez-DF 8ª- 41’18», 739º Bruno Suárez Cruz– AM 23º- 42’43, 745º F 71ª Milagros Gómez Cagide-DF 9ª- 42’48»
Fotos de Rubén Huertas, 118 Sechu López, 103 Manuel Castro, 718 José Iglesias, detras deles Gonzalo Basconcelo e Jenny Fernández.
Na outra 132 Alicia Pérez.