O Berbés en 10Kms….. máis algo máis

           Eu nunca subira correndo as curvas dun aparcamento nin tampouco as baixara, nunca nunha carreira levara o arrecendo a peixe, marisco e mar tan incrustado no respirar. e pasoume na II Carreira das Xornadas Marisqueiras do Porto de vigo; 10 Kms. divididos en dúas voltas de 5 leváronnos entre exteriores e interiores de enormes naves gardadoras da presenza marítima na terra e na mesa. Viveiros de Vigo foi a saída, tamén a chegada, e alí concentrados tras e debaixo dunha raia de control Cronotec reuníronse máis de cincocentos atletas para completar un peculiar circuíto. Nun familiar e acolledor ambiente con mar de fondo e ceo tordo, a mañá do domingo significou para moitos un esforzo máis, unha meta máis; cadaquén coa súa incógnita interior coa súa teima particular por saber, por superar, por responder, por participar…e sempre por chegar. Outros víronse na encomenda de agardar, de animar e facer o esforzo máis cálido; e pracenteiro foi adiviñar moitos atletas na tarefa de organizar.
Tras gardar o obrigado minuto de silencio polo falecido José Antonio Álvarez, irmán do atleta do Comesaña, Ramón Álvarez Pérez, a carreira deu comezo puntualmente.

           As camisetas do Comesaña S. C. tamén se mesturaron e entremoteron entre o colorido grupo de saída. Nelas ían homes e mulleres e todas elas, 20, atravesaron moi dignamente a liña de meta.

           A de Patricia Méndes resultou gañadora na carreira feminina, con tódolos merecementos, e cun minuto xusto de diferencia coa segunda clasificada, Soledad Castro. O terceiro posto correspondeu a unha non comesañense, Andrea García Soage (Vila de Cangas), e no cuarto volvemos recuperar a camiseta con Mercedes Gómez. O cadro de podio feminino en categoría vetrerana A, engalanouse de vermello e branco, pois Julia Vaquero completou superlativamente un terceiro posto na categoría, xunto coas mencionadas Sole e Merche (1 e 2). Outro tipo de podio foi protagonizado por Nuria Pérez Fernández e Montserrat Carreira Costas .

           As camisetas masculinas protagonizaron unha sucesión numérica, de dous en dous, tres, e un a un…e despois cadencia aleatoria . O primeiro na meta foi Daniel Bargiela, e do equipo foi Antón Amoedo, seguido de Samuel Rodríguez e Carlos Carrera. Pechouse a presenza comesañense con Alberto Correa,.O papel desenvolvido nada desmerece, oito entre os vinteoito primeiros algúns levaron mariscada, máis grande ou máis pequena e aínda non habendo mariscada de Equipo, agardemos que disfrutada fose por todos a particular recompensa.

           Salvando ás esperas da entrega e reparto de trofeos, as impresións foron positivas,agardamos unha nova edición con dez kilómetros de Berbés e mar.

           Dáse conta de posto xeral, categoría, posto de categoría e tempo das camisetas con nome e

11- Antón Amoedo Giménez-VAM-5–34’23»51, 13-Samuel Rodríguez Gómez-SNM-7–34’35»35
15-Carlos Carrera Moraña SNM-8–34’40»37, 22-Alberto Fernández Pérez-VAM-10–35’05»72
25-Pablo Carrera Blanco-SNM-11–35’19»89, 26-Miguel Ángel Costas Iglesias-SNM-12–35’29»03
27-Germán Díaz Alonso-VAM-12–35’29»52, 28-Alejandro Álvarez Costas-SNM-13–35’49»92
34-Patricia Méndes Pereira-SNF-1–36’24»68, 40-José Andrés Fervenza Fragueiro-VAM-19–36’47»90
54-María Soledad Castro Soliño-VAF-1–37’24»68, 77-Luís Alberto Carnero Díaz-VAM-39–38’31»08
84-Yago Lago Álvarez-SNM-31–38’50»42, 108- María Mercedes Gómez Alonso-VAF-2–39’55»16
131-Alberto Ayuso Vilaboa-SNM-45-40’38»89, 174- Julia Vaquero Sousa-VAF-3–41’55»35
218-Manuel Pérez González-VBM-23–43’03»33, 247- Nuria Pérez Fernández-SNF-7–43’50»68
295-Montserrat Carreira Costas-VAF-8–45’30»00, 385-Alberto Correa Gallego-SNM-105–48’57»95

           Disque tamén o mesmo día  o Comesaña Sporting Club andou por Meaño, alá onde o viño quere ser protagonista. En carreira sobre 6.330 m. gañada por Hassan Lekhili, (OAAP) 19’10», entrando no 9º posto a gañadora feminina, Ercilia Machado, (S.C.Braga) en 22’17», o noso atleta Antonio Sobrado, que quedar terceiro e primeiro de sua categoría en 4’58″o día antes na Milla de Bueu, participou e resultou ser 11º en 22’22». No posto 82 da xeral, pero como 6º da súa categoría entraba Adrián Lago en 26’12», despois era no 167º Cándido Pérez en 30’04. Amalia Dopazo era a 5ª muller con un tempo de 30’51».

           Nuha carreira máis curta, 1600 m. gañaba na sua categoría María Pérez, 9ª era Silvia Alonso, como tamen 9º era David Lago, e 12º na súa categoría Alexandre Lago.

           Isto é o que «deron deportivamente» estes 10 e 11 de setembro os membros da nosa familia atlética comesañense.

          E aproveitando finalízase este resume coa naraboa ao Equipo Cadete Feminino.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.