En subxectivo

Foi unha nova cita cos 11 nunha mañá de domingo en Outubro de sol. Atleticamente, o número xa é referencia dun acontecemento que convoca a xente disposta a desafiar pés e asfalto por rúas viguesas, con saída do Náutico e kilómetros en circular que se completan, pois no mesmo Náutico.

Foi outra edición, que se viviu de mil e un xeitos porque mil e pico de sentires e expresares estiveron alí, enchendo os saco dos aconteceres dos 11. porque o ánimo e aplauso supuxo unha constante plena, porque non só existiron atletas; porque a xente respondeu, porque os coches e viandantes resignadamente aceptaron as circunstancias, e porque si, porque a vontade fainos correr, aplaudir, animar, acompañar, axudar, organizar, esperar, protestar…e estar aí.

O Comesaña andou revolto entre o xentío: ao lonxe, ao cerca, unha camiseta, un chándal, un dorsal que se reparte, unha palabra ou varias que se acadan no balbordo. Atletas menores e menos menores representaron ao Clube amplamente. Nas carreiras previas o podio e o non podio recibiu nomes propios. O Comesaña en pequeno foi grande, porque así o quixeron todos os seus participantes, situándose na saída, atravesando a meta.

O disparo soou ás once e once e máis , despois de ter recúado dende unha liña imaxinaria ata outra de imaxinaria saída, pero verdadeira. Entón unha riada coloreada de corpos roubou a paisaxe matutina para redimirse en propósitos e obxectivos: tempos, marcas, postos, rivais…sempre con algunha meta, pola que atravesar a meta e poñer a descansar os kilómetros ensumidos no corpo. Subidas e baixadas retaron o esforzo que se consolidou en Once. E a consolidación expresouse no Comesaña, coa esmerada participación e resposta. Benchegada do planeta vermello e branco en corpo de trofeos, medallas, encomendas cumpridas, superacións, e tamén en corpo de malos rexultados ou fustracións inesperadas.

Frutas Nieves serviu de aperitivo. Esperemos que bo proveito houbese. E que máis 11 teña Vigo, e que o Comesaña poida contalos como Clube máis…

Na foto de Juan Caballero o momento da saida

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.