De pés

Os pés comesañenses pisaron e andaron espallados pola xeografía galega para seren protagonistas en eventos de índole diversa nesta prolífica fin de semana
Daremos conta deles intentando facer crónica recopilatoria (ab absentia) de datos, sucesos e impresións.

A actividade deu comezo o xoves á noitiña en Balaídos, nunha Xornada municipal, alí quixeron estar clavando tartán. atletas do Comesaña. Destacamos a actuacción de Patricia Pereira quen sen miramentos e con soltura se situou dende o disparo de saída na cabeza do 3.000 m. Nos últimos 500 m. apurou o ritmo, deixando atrás a súa constante seguidora Leticia Fernández, O crono de Patricia marcaba 9’47″81, o que significa mellor marca da tempada do ranking FGA, Leticia quedaba perto da mínima buscada, sobráronlle pouco máis de 2″ ao facer 9’52″11, malditos segundos!. As outras dúas participantes do Comesaña S. C. neste 3.000 m. acadaron amplas melloras das súas marcas persoais, 7ª María Álvarez con 12’19″79 e 8ª Jéssica Davila Prado, 12’56»64, ambas de categoría cadete.

No 3.000 masculino, o gañador, Gonzalo Basconcelo acadou a mínima para o Campionato do Mundo Xuvenil cunha marca de 8’44″07, fixo o debut nesta proba o noso choqueiro Antonio Sobrado , alcanzando o 7º posto cunha meritoria marca de 9’15»30, que moi ben está para os seus 42 anos, (dende hoxe 43).

En 200m Ángel Pereira, mellorou amplamente a súa marca persoal, sendo 2º na terceira serie cun tempo de 24″85. Segundo tamén na terceira serie de 800 m. foi Alejandro Álvarez, rebaixando a súa marca persoal a 2’07″39. Nesta mesma serie Alberto Ayuso chegou de noveno con marca persoal, 2′ 15′»10. Once foi o xuvenil Enrique Martínez con 2’19»09. Na segunda serie de 800 m. Pablo Álvarez entrou de 8º nun tempo de 2’12»07.
Na mesma distancia en feminino Elisabeth Oya, foi 11ª con 2’53»72, correndo antes tamén os 200 m. en 31»13 ,7º por detrás da xuvenil Tania Rial, 6º con 31»09; marcas invalidadas polo vento de +2,8 m/s.
Nos 300 m. venceu María Lidia Villar con marca persoal , 47»05. Alba Rodríguez estreouse nesta distancia invertindo un tempo de 50»19 e sendo 5º. en 6º lugar chegou Itsaso Fernández quen rebaixou a seu crono 4» facendo 50»84. No 300 masculino Adrián Lago quedou 3º establecendo a súa marca en 44»19

Dous días despois, en sábado, en Noia volvía correr Antonio Sobrado os 3000m gañando a proba en 9′:15»:64.
Aínda máis á noitiña, no asfalto de Celanova bateron os pés percorrendo rúas: e elas recibiron o saúdo do Comesaña representado por seis homes e tres mulleres. citamos co posto xeral, de categoría e tempo invertido. A carreira masculina foi gañada por Daniel Bargiela Araújo, (VTAM-24′:52») completando podio con José Manuel Fernández Márquez (VTBM-25′:02») e Alberto Bastos Dasilva (SNM1-25′:28»). Mentras que Iria Fernández Fontenla (SNF-30′:37») foi a máis rápida en feminino, seguida de dúas atletas de categoría xuvenil Eva Cid Guede (XVNF1-31′:09»)e Victoria Rodríguez Freiría (XVNF2-31′:38»)

HOMES
Miguel Ángel Costas Iglesias: 12-SNM7-19′:37», Carlos Carrera Moraña: 16- SNM9-27′:46», Serafín Costas Iglesias: 53-SNM23-29′:41», Alberto Ayuso Vilaboa: 64-JNM2-21′:51», José Otero Otero: 78-VTAM16- 22′:06», Yago Lago Álvarez: 141-SNM48-23′:44»

MULLERES
Montserrat Carreira Costas:217- F14-VTBF5-24′:28», Olga Romero Domínguez: 442-F45- VTEF1-30′:48», Milagros Cagide Gómez: 443-F45-VTCF7

Merecido descanso pois para estes pés nocturnos. Algúns deles, decidiron continuar a súa andaina en Esgos, e a colleita aí está con medallas e sen elas, aproveitada e custosa

Outros pés quixeron erguerse en domingo e elixiron bater os 10 Km. aprox. do asfalto de Cambados. Seica resultou unha carreira cuestionada legalmente. Tres mulleres portuguesas internacionais nas derradeiras cinco tempadas, inscritas e dispostas a participar atoparon coa normativa reivindicada por corredoras conscientes dos agravios que se puidesen espertar. Sen alternativa ante a aplicación das normas que rexen as carreiras do Calendario FGA, non puideron participar . En homes houbo reclamación a posteriori, unha vez conquistado o posto co correspondente premio. O suceso e as circunstancias non resultan descoñecidas, é unha historia reiterada, que dá pé a confusións e malentendidos, e sobre todo, a desilusións e raibas. Non é difícil salvar estas situacións, cumprindo a legalidade por parte de todos; organización, federación, atletas e clubes, sen concesións. O atletismo gañaría e evitaríanse moitos desagradables desencontros.
Esmerados pés femininos que se situaron no podio no 2º e 3º caixón; son de Yolanda Guitiérrez e Marta Fernández, elas acompañaron a Paula Mayobre (XF- 36′:01) no podio como primeira clasificada .Iris Soto subiría ao podio como 2º clasificada promesa

Destacados pés masculinos que se resolveron nun exercicio de entrega con bronce de categoría para Antonio Sobrado Fernández, entre os 25 en meta estiveron Juan Carlos Villanueva Acuña e Germán Díaz. A carreira foi gañada polo portugués José Rocha cun segundo de diferencia co segundo clasificado Francisco Javier Gómez Noya , 29′:13» e 29’14». En 29′:48» chegou a meta o veterán Hassan Lekhili facéndose co posto terceiro.
Recóllense posto xeral, de categoría e tempo.
HOMES
Antonio Sobrado Fernández :9 VAM3-33′:02, Juan Carlos Villanueva Acuña: 21-SM14-35′:10», Germán Díaz Alonso: 25 -VAM7-35′:39»
MULLERES

María Yolanda Guitiérrez Robles:33-F2-SF1-36′:40», Marta Fernández Otero: 38-F3-SF2-37′:01», Amalia Dopazo Otero: 284-F13-SF9-45′:19», Iris Soto Blanco: 294- F15-XF2- 45′:51

Acá queda o recoñecento ás pegadas comesañenses que quedaron imprimidas en tartán, terra e asfalto, espalladas pola xeografía galega.

Nas fotos de David Figueroa, Patricia seguida de Leticia, e Antonio en Balaídos, na de «Tito«, Olga Romero en plena carreira nocturna de Celanova e nas de Cambados, na de «enteirito»,  Amalia Otero e Yolanda Gutierrez  e na de «Xandra»,  Juan Carlos Villanueva.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.