CO-INCIDENCIAS.

Hai coincidencias que son casualidades, outras que son causalidades, e existen coincidencias que coinciden ou fanse coincidir. Tamén se di que esta vida é unha continua puñetera elección entre feitos e cousas: se A non B, se B non A, porque irremisiblemente unha desbota a outra; seica é lóxica racional. E continuando, disque ás veces no fondo, e outras na superficie somos egoístas e interesados.
Ata aquí a introdución, o tema principal ha ser unha data e dous acontecementos: domingo 15 de maio e dúas medias maratóns; unha na Coruña outra en Thionville que han ser Campionato galego e campionato de Europa veterán respectivamente. Estas son as coincidencias, a elección escríbese dende a raiba e a dúbida de considerar e razoar a escolla máis idónea, sen chegar a ningunha conclusión decisiva: as dúas merecen interese, e como interesada non dou aclarado a mellor das opcións. Europa era unha idea xa forxada no tempo, Coruña e un campionato galego foi un encontro inesperado.

Hai coincidencias evitables?. Quizais, ou ao mellor.

Afirmo que malia terme inclinado por un campionato veterán previamente establecido, levo dentro a impotencia de non ter sido Comesaña en Equipo, de romper unha secuencia participativa, de non estar nunha referencia consolidada como atleta.
Hai coincidencias que pesan coma pedras, e volven os horizontes opacos.

Por acumulación ou aproximación, os campionatos de media maratón prodigáronse ( España, Europa, Galica)entre finais de abril e inicios de maio.
Por evitar mäis posibles atribulaciöns electivas reivindico as coincidencias evitables; e que A, non se atope con B, nin no espazo nin no tempo.

Noraboa, polo papel desenvolvido polo Comesaña na Coruña, pero afirmo que como son interesada e egoísta, tamén quixese estar aí. e descúlpenme pero son atleta e hai coincidencias que non sirven para seren aceptadas nin asimiladas tan facilmente, entón escribo. morosamente, pero xa se sabe: se A non B, escribir ou non escribir…unha escolla¿?

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.