De «Sole» en momentos de obrigada espera

     

         Ainda que por falta de coñecemento distes medios figura ao final Joaquín:  
        A publicación é de Soledad Castro Soliño, quen aproveita estes medios de comunicación do Club para testemuñar a gratitude que ata o de agora non manifestei. Por todas aquelas voces que nalgún momento mencionaron ou pensaron na miña ausencia, escribo.

                                     En todo camiño hai parada”

          Fanse días raros, sen as rutinas asumidas, sen os ritos en datas marcadas, sen as incuestinables citas dun calendario consolidado de ano en ano. Resulta denso interromper a dinámica presencial para situarse noutra perspectiva.

          Supoño que en todo camino hay un stop, de obrigado cumplrimento, de parada inevitable. Eu atopei co sinal, e despois de agardar o tempo preciso vou reanudando a marcha,  xa sin intencións de cumplir destinos programados.

          Permanezo nuha espera activa con grato e tranquilo sentir, porque a riba de non estar, de non participar queda amortecida sabendo que os campionatos seguen sumando para o Comesaña S. C., que a lenda continua con e sen títulos e a historia segue escribíndose. A perspectiva da ausencia non doe tanto cando os obxetivos seguen agrandándose, cando metas se seguen atravesando incansablemente, mentras a pregunta reconforta, por que non estás?.  

          Foto do arquivo de clube. E no podio co  trofeo de campionas de «Cross Corto» do ano 2005, de esquerda a dereita: Andrea Michèlle Rosario Fauré, Montserrat Carreira Costas, Marta Fernández Otero e Nuria Pérez Fernández (a do medio co trofeo non fai falla poñer o seu nome).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.