Festas da Xuventude… xuventude iniciándose

Con motivo das Festas da Xuventude, a Comisión de Festas tivo xa
hai tres anos a loable idea de promocionar o atletismo. Os dirixentes
cosideraron que este deporte é básico no resto dos demais deportes, tanto de equipo coma individuais. O Comesaña Sporting Club colabora coa Comisión de Festas para levar a cabo ese cometido, contando coa inestimable colaboración á súa vez do Concello de Vigo, (que por certo estivo o concelleiro de deportes Manel Fernández, presente mirando as mesmas, e colaborou na entrega de premios) e a Delegación en Vigo da FGA que puxo facilidades para a utilización das pistas sintéticas.

Foron un total de 94 os participantes nestas probas de promoción do
Atletismo entre os máis cativos, todos recibiron a súa correspondente
medalla acreditativa por ter competido nas pistas de Balaídos nunha tarde na que saíu o Sol e non choveu, o cal facilitou o desenvolvemento das distintas carreiras segundo idade e sexo, ao tempo que «non xustificou» as ausencias dos que se incribiran e non acudiron, que foron 27, non deixa de ser un exemplo da sociedade na que vivimos.

Os podios foron conformados, por sexo, da seguinte forma:
80 m. 1º Lucas Bley, 17″1, 2º Xián Pérez, 17″9, 3º Miguel González 18″0. Elas: 1ª Silvia Otero, 21″7, 2ª Uxía Sánchez, 22″0, 3ª Ilenia Caserío, 22″5.

150 m. 1º Álvaro Rial, 28″3, 2º Sebastián Vázquez, 32″1, 3º Óscar Costas, 32″7. Elas: 1ª Alba Méndez, 29″7, 2ª Carlota Salgado, 30″3, 3ª Carla Lamas, 30″4.

300 m. 1º Manuel Lorenzo, 59″8, 2º Eric Cruz, 1’00″7, 3º Roi Gallego, 1’001″1. Elas: 1ª Laura Alonso, 1’05″8, 2ª Elena Rey, 1’10″8, 3ª Sofía Fernández, 1’15″9.

500 m. 1º Diego Barros, 1’37″1, 2º Xoel Rodríguez, 1’38″2, 3º Carlos Rodríguez, 1’40″2. Elas: 1ª Berta Valle, 1’34″5, 2ª Sofía Iglñesias, 1’40″4, 3ª Ainhóa Fernández, 1’41″4.

1.000 m. 1º Diego Pérez, 3’50″6, 2º Diego Martínez, 3’51″3, 3º Ian Rodríguez, 3’54″4. Elas: 1ª María Pérez, 3’35″2, 2ª Irene Guerra, 3’55″6, 3ª María Paula Soto, 4’52″3.

RESULTADOS COMPLETOS

Onte, para a inmensa maioría destes participantes foi a primeira vez que corrían nunha pista de atletismo, a eles, bueno aos seus proxenitores, dicirlles que o Comesaña Sporting Club está sempre aberto á incorporación de nova xente nas súas filas, incluídos directivos, pois o esencial para un clube é ter canteira en ambos os dous sentidos.
Grazas aos participantes e a séus proxenitores por ter estado.
Para o ano vindeiro, máis.

Na foto miramos na saida do 300 m. de esquerda a dereita a: Antero Molares García, Daniel Ojea Carnero, Lucas Martínez Pérez, Manuel Pérez Prieto, Roi Gallego Martínez, (Elena Rey Gómez, que espera para correr a continuación) é Gonzalo Álvarez Núñez.(facendo clik enrriba da foto millor)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.