Novas de Sole Castro dende Sacramento

           Estas son as novas recibidas de Soledad Castro, a cal se encontra en Estados Unidos de America disputando os Campeonatos do Mundo de Veterans, donde figuran un total de 1.817 inscritos, dos cales 80 son españois. A Sole uniránse no día de hoxe María Jesús Sanguos, (W55) que está inscrita nas probas de valados de 80 e 300 m. o mesmo que Ana María Santos (W50) e Flora Josefa Guzmán, (W60) inscrita nos 100 m.lisos,  levando o nome do Comesaña Sporting Club polo mundo adiante, Sole non estará de turismo en Sacramento, pois ademais da carreira de cross, fará as probas de 5.000 e 10.000 m.l. W45
           «Quedei ganhadora  absoluta da carreira de cross con categorias de 50, 45, 40 e 35. Foron 8 kms de asadura, aca vai moita calor.

           Non me funciona o teléfono por iso escribo. Agora estou nun hotel que me permite acceder, pero non sei como sera na Universidade, maña, cando chegue Chus e vaia con ela.

          O dia 8 corro o 5000 m., polo que o entreno para o resto de dias tera que ser via correo electronico, intentarei velo e cumprilo.

           Estou contenta do meu trunfo. Saiu unha sudafricana de 45 moi adiante, e logo unha belga, unha inglesa mais eu, todas de 45. Deixei atras estas duas e gradualmente fun collendo a sudafricana a cal resultaba ser a mítica Zola Budd. Fixo moita calor ainda que corremos as 10 da maña. Aquí agora son as 10 da noite supoño que por ai han ser as 7,30 da maña.
           Fixen 28.52, pero non mo creo moito.
           A Manuel Rosales descalificarono porque seica non saira. Logo da reclamacion resulta que tivo que conformarse con ser 3º cando foi segundo. Non andan moi ben organizados.»

   ( Hoy me he dado cuenta, de que los atletas actuales no saben nada de los de los años 80 y 90, por lo tanto pongo este enlace para que sepan algo de Zola Budd: http://es.wikipedia.org/wiki/Zola_Budd )
Como vai de cross, na foto de Cristóbal Ferradas, Sole no Belarmino Alonso.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.