
«Quedei ganhadora absoluta da carreira de cross con categorias de 50, 45, 40 e 35. Foron 8 kms de asadura, aca vai moita calor.
Non me funciona o teléfono por iso escribo. Agora estou nun hotel que me permite acceder, pero non sei como sera na Universidade, maña, cando chegue Chus e vaia con ela.
O dia 8 corro o 5000 m., polo que o entreno para o resto de dias tera que ser via correo electronico, intentarei velo e cumprilo.
Estou contenta do meu trunfo. Saiu unha sudafricana de 45 moi adiante, e logo unha belga, unha inglesa mais eu, todas de 45. Deixei atras estas duas e gradualmente fun collendo a sudafricana a cal resultaba ser a mítica Zola Budd. Fixo moita calor ainda que corremos as 10 da maña. Aquí agora son as 10 da noite supoño que por ai han ser as 7,30 da maña.
Fixen 28.52, pero non mo creo moito.
A Manuel Rosales descalificarono porque seica non saira. Logo da reclamacion resulta que tivo que conformarse con ser 3º cando foi segundo. Non andan moi ben organizados.»
( Hoy me he dado cuenta, de que los atletas actuales no saben nada de los de los años 80 y 90, por lo tanto pongo este enlace para que sepan algo de Zola Budd: http://es.wikipedia.org/wiki/Zola_Budd )
Como vai de cross, na foto de Cristóbal Ferradas, Sole no Belarmino Alonso.