Os pés comesañenses pisaron e andaron espallados pola xeografía galega para seren protagonistas en eventos de índole diversa nesta prolífica fin de semana
Daremos conta deles intentando facer crónica recopilatoria (ab absentia) de datos, sucesos e impresións.
En 200m Ángel Pereira, mellorou amplamente a súa marca persoal, sendo 2º na terceira serie cun tempo de 24″85. Segundo tamén na terceira serie de 800 m. foi Alejandro Álvarez, rebaixando a súa marca persoal a 2’07″39. Nesta mesma serie Alberto Ayuso chegou de noveno con marca persoal, 2′ 15′»10. Once foi o xuvenil Enrique Martínez con 2’19»09. Na segunda serie de 800 m. Pablo Álvarez entrou de 8º nun tempo de 2’12»07.
Na mesma distancia en feminino Elisabeth Oya, foi 11ª con 2’53»72, correndo antes tamén os 200 m. en 31»13 ,7º por detrás da xuvenil Tania Rial, 6º con 31»09; marcas invalidadas polo vento de +2,8 m/s.
Nos 300 m. venceu María Lidia Villar con marca persoal , 47»05. Alba Rodríguez estreouse nesta distancia invertindo un tempo de 50»19 e sendo 5º. en 6º lugar chegou Itsaso Fernández quen rebaixou a seu crono 4» facendo 50»84. No 300 masculino Adrián Lago quedou 3º establecendo a súa marca en 44»19
Dous días despois, en sábado, en Noia volvía correr Antonio Sobrado os 3000m gañando a proba en 9′:15»:64.
Aínda máis á noitiña, no asfalto de Celanova bateron os pés percorrendo rúas: e elas recibiron o saúdo do Comesaña representado por seis homes e tres mulleres. citamos co posto xeral, de categoría e tempo invertido. A carreira masculina foi gañada por Daniel Bargiela Araújo, (VTAM-24′:52») completando podio con José Manuel Fernández Márquez (VTBM-25′:02») e Alberto Bastos Dasilva (SNM1-25′:28»). Mentras que Iria Fernández Fontenla (SNF-30′:37») foi a máis rápida en feminino, seguida de dúas atletas de categoría xuvenil Eva Cid Guede (XVNF1-31′:09»)e Victoria Rodríguez Freiría (XVNF2-31′:38»)
Miguel Ángel Costas Iglesias: 12-SNM7-19′:37», Carlos Carrera Moraña: 16- SNM9-27′:46», Serafín Costas Iglesias: 53-SNM23-29′:41», Alberto Ayuso Vilaboa: 64-JNM2-21′:51», José Otero Otero: 78-VTAM16- 22′:06», Yago Lago Álvarez: 141-SNM48-23′:44»
MULLERES
Montserrat Carreira Costas:217- F14-VTBF5-24′:28», Olga Romero Domínguez: 442-F45- VTEF1-30′:48», Milagros Cagide Gómez: 443-F45-VTCF7
Merecido descanso pois para estes pés nocturnos. Algúns deles, decidiron continuar a súa andaina en Esgos, e a colleita aí está con medallas e sen elas, aproveitada e custosa
Esmerados pés femininos que se situaron no podio no 2º e 3º caixón; son de Yolanda Guitiérrez e Marta Fernández, elas acompañaron a Paula Mayobre (XF- 36′:01) no podio como primeira clasificada .Iris Soto subiría ao podio como 2º clasificada promesa
Destacados pés masculinos que se resolveron nun exercicio de entrega con bronce de categoría para Antonio Sobrado Fernández, entre os 25 en meta estiveron Juan Carlos Villanueva Acuña e Germán Díaz. A carreira foi gañada polo portugués José Rocha cun segundo de diferencia co segundo clasificado Francisco Javier Gómez Noya , 29′:13» e 29’14». En 29′:48» chegou a meta o veterán Hassan Lekhili facéndose co posto terceiro.
Recóllense posto xeral, de categoría e tempo.
HOMES
Antonio Sobrado Fernández :9 VAM3-33′:02, Juan Carlos Villanueva Acuña: 21-SM14-35′:10», Germán Díaz Alonso: 25 -VAM7-35′:39»
MULLERES
María Yolanda Guitiérrez Robles:33-F2-SF1-36′:40», Marta Fernández Otero: 38-F3-SF2-37′:01», Amalia Dopazo Otero: 284-F13-SF9-45′:19», Iris Soto Blanco: 294- F15-XF2- 45′:51
Nas fotos de David Figueroa, Patricia seguida de Leticia, e Antonio en Balaídos, na de «Tito«, Olga Romero en plena carreira nocturna de Celanova e nas de Cambados, na de «enteirito», Amalia Otero e Yolanda Gutierrez e na de «Xandra», Juan Carlos Villanueva.