Campionato galego 2.009 de 10 Km. Ruta

O pasado día 11 de Outubro, celebrouse na Coruña o último dos campionatos galegos da tempada, os 10 Km en ruta. O evento deparou unha vistosa xornada de atletismo en variados aspectos: en participación, na climatoloxía, nos rexistros finais, no circuíto, en premios, en alicientes…”Coruña 10 “ súmase a outras probas pedestres organizadas nesta cidade, “Media Maratón”, “Cantóns de Marcha”, “Maratón”…Subliñamos o labor que se ven ralizando para facer posibles e atractivas competicións pedestres con nivel e con premios apetecibles, situando Á Coruña moi por riba doutras cidades galegas en canto a organización deste tipo de probas.

Referíndonos ao Comesaña destacamos que na clasificación feminina acadouse un feito insólito neste campionato e pouco frecuente en calquera outro; as catro primeiras atletas clasificadas foron “filandesas:

Marta Fernández, afíxose co campionato entrando 7ª na carreira con moi boa marca . Nela depositamos a confianza para ofrecer unha gran próxima tempada porque o camiño vai demostrado co feito.

Mª Yolanda Guitiérrrez, foi Subcampiona, cun 8º posta na xeral feminina. Non deixa de sorprender o progreso desta atleta, e demostrou coa marca realizada o seu excelente estado de forma . Esperamos de Yoli moitas máis agradables sorpresas que infundan e manteñan a ilusión do Equipo.
  
Soledad Castro, completou o podio unha vez máis, sendo 9ª. Cun rexistro de 36:11, non deixa de asombrar aos presentes e a ela mesma a capacidade de poder aínda mellorar o feito nas últimas tempadas. 

Sandra Mosquera; se a terceira foi unha veterana con “máis de cen batallas sobre o asfalto”, a cuarta foi unha debutante nesta ditancia, e acadou unha merecida matrícula de honra . Despedíndose da categría Junior a nosa «Loira de Ouro» fixo un tempo de 36:25. Excelente debut que ben merece unha felicitación.

 Son entón catro nomes, catro postos consecutivos e un Equipo que se congratula da fazaña realizada polas súas atletas.
No campionato masculino, impúxose Manuel Ángel Penas cunha gran marca de 29:01
O arazuano do Chapín, dóiase por ter quedado, “en terra de ninguén”,diante con moita ventaxa ían atletas de Kenia e Eritrea, detrás un cuarteto seguidor a considerable distancia. Con todo acabou satisfeito da súa carreira coa raiba de non ter apurado un chisco máis para rebaixar o 29 a 28.
En segundo lugar entrou Carlos Villamor,(Camargo Juan de Herrera) superando nunha dura loita a Jesús De La Fuente, (Aseficán Piélagos) 30’28»,4º Daniel Bargiela,(Corredoiras de Bueu) 31’23», 5º Rubén Castro, (S.G.P.) 31’24», 6º Gustavo Nieves, (S.G.P.) 31’29», 7º Juan Pablo Fernández, (S.G.P.) 31’32», 8ª Robertas Geralavicius, (O.A.A.P.)…. en el 118º Yago Lago Álvarez, (Comesaña S. C.) en 40’46».

A clasificación feminina vén completada con: 5ª  Natalia Raña, (Ría Ferrol-Concepción Arenal) 38’05», 6ª Paula Mayobre, (Puerto de Alicante) 38’37», 7ª Águeda Ofelia Blanco, (Comesaña) 38’47», 8ª Sara Pérez, (Atl. Fem. Celta) 39’45″…. Do Comesaña S. C. entraron , 11ª Mª Mercedes Gómez, 40’25», 13ª Carmen Penas, 41’16», 41ª Olga Romero, 53’57», 47ª Milagros Gómez, 56’59».
 Os podios galegos nas restantes categorías quedaron do xeito que segue : Júnior Feminina, 1ª Sandra Mosquera, (Comesaña) 36’25», 2ª Ana Cristina Gil, (Vila de Cangas) 42’45», 3ª Silvia Veira, (Atl. Alcobendas) 48’08, Promesa Feminina, Paula Mayobre, (Puerto de Alicante) 38’37», 2ª Sara Pérez, (Atl. Fem. Celta) 39’45», 3ª Xoana Roig, (OAAP) 42’21», Veteranas: W35, 1ª Mª Mercedes Gómez,(Comesaña S. C.) 40’25», 2ª María José Grobas, (Atl. Ordes) 44’51», 3ª Pamela Rodríguez, (C.D.Egovarros-Viveiro) 48’50«,  W40, Soledad Castro, (ComesañaS. C.) 36’11», 2ª Teresa Corral, (Coruña Comarca) 42’15», 3ª Mª Belén Lemat, (Samertolameu) 45’25»,  W45, Fátima Paz, (C.D.U.S.) 39’45», 2ª Esther Pedrosa, ( C.D.U.S.) 40’26», 3ª Mª Rosario Sureda, (Atl. Monte Segade) 43’52», W50,Marina Laura Fernández, (Coruña Comarca) 47’00», 2ª Mª Angeles Del Río, (Atl. Ordes) 48’15», 3ª Pilar González, (Burgas Atl. Our.) 48’32«,W55,Isabel Bréa,(C.D.Egovarros-Viveiro) 49’27», 2ª Olga Romero,(Comesaña S. C.) 53’57», 3ª Amalia Otero, (Veteranos de Galicia) 54’50»,  W60+, Francisca Romasanta,(C.D.Egovarros-Viveiro)  55’12».

En Homes: Júniorr, 1º Pablo Noche, (San Fernando Lucus-Caixa Rural) 33’43», 2º Fco. Javier Iglesias, (S.G.P.) 34’20», 3º Santiago García, (Ría Ferrol-Concepción Arenal) 35’33«, Veteráns: M35, 1º Jesús De La Fuente, (Aseficán Piélagos) 30’28», 2º Manuel Oliver, (As Mariñas-Betanzos) 33’55», 3º Miguel Carrillo, (Atl. Milladoiro) 33’58«, M40,Santiago López, (Atl. Porriño) 31’34», 2º Ramón Serantes, (S.G.P.) 33’26», 3º José Ant. Paz, (OAAP) 33’54», M45, 1º Ángel Rodríguez, (Atl. Milladoiro) 33’49», 2º Manuel Vigo, (C.D.U.S.) 34’48», 3º Higínio Rodríguez, (Coruña Comarca) 34’52», M50,José Luis Bouza, (Atl. Sierra Narón) 35’42», 2º Santiago Estévez, (C.D.U.S.) 36’17», 3º Domingo Álvarez, (Burgas Atl. Ourense) 37’31«, M55, 1º Xose Luis Otero, (C.D.U.S.) 36’11» 2º Matias Regueira, (A.A.D.Barbanza) 40’44», 3º Luis Seoane, (Burgas Atl. Ourense) 41’07«, M60, 1º José Arufe, (Atl. Milladoiro) 42’42», 2º  Manuel Valcárcel, (S.D.Albións) 43’43», 3º Miguel Alzola,(Occidente Návia) 44’22»,  M65, 1º Enrique Landesa, (Veteranos. de Samil) 46’23», 2º Tomás Cousiño, (Veteranos. de Samil) 48’28», 3º Rafael De Los Árcos,  (Veteranos. de Samil) 50’24», M70+ Enrique Río, ,(C.D.Egovarros-Viveiro) 1:02’58»

En definitiva, o Comesaña S.C. despide esta tempada cunha frutífera colleita individual, con 4 ouros , 2 pratas e un bronce. Como Equipo nada recollemos porque anormalmente,non figuraba tamén como campionato Galego de Clubes de 10km en ruta.
O día  12/10/09 en Lugo, Alberto Caballero, quedaba terceiro nun 800 m. facendo marca persoal de 2’04″21, una boa maneira de despedir a tempada.

Fotos de Xandra & Billa

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.