O pasado día 11 de Outubro, celebrouse na Coruña o último dos campionatos galegos da tempada, os 10 Km en ruta. O evento deparou unha vistosa xornada de atletismo en variados aspectos: en participación, na climatoloxía, nos rexistros finais, no circuíto, en premios, en alicientes…”Coruña 10 “ súmase a outras probas pedestres organizadas nesta cidade, “Media Maratón”, “Cantóns de Marcha”, “Maratón”…Subliñamos o labor que se ven ralizando para facer posibles e atractivas competicións pedestres con nivel e con premios apetecibles, situando Á Coruña moi por riba doutras cidades galegas en canto a organización deste tipo de probas.
Marta Fernández, afíxose co campionato entrando 7ª na carreira con moi boa marca . Nela depositamos a confianza para ofrecer unha gran próxima tempada porque o camiño vai demostrado co feito.
Mª Yolanda Guitiérrrez, foi Subcampiona, cun 8º posta na xeral feminina. Non deixa de sorprender o progreso desta atleta, e demostrou coa marca realizada o seu excelente estado de forma . Esperamos de Yoli moitas máis agradables sorpresas que infundan e manteñan a ilusión do Equipo.Soledad Castro, completou o podio unha vez máis, sendo 9ª. Cun rexistro de 36:11, non deixa de asombrar aos presentes e a ela mesma a capacidade de poder aínda mellorar o feito nas últimas tempadas.
Sandra Mosquera; se a terceira foi unha veterana con “máis de cen batallas sobre o asfalto”, a cuarta foi unha debutante nesta ditancia, e acadou unha merecida matrícula de honra . Despedíndose da categría Junior a nosa «Loira de Ouro» fixo un tempo de 36:25. Excelente debut que ben merece unha felicitación.
A clasificación feminina vén completada con: 5ª Natalia Raña, (Ría Ferrol-Concepción Arenal) 38’05», 6ª Paula Mayobre, (Puerto de Alicante) 38’37», 7ª Águeda Ofelia Blanco, (Comesaña) 38’47», 8ª Sara Pérez, (Atl. Fem. Celta) 39’45″…. Do Comesaña S. C. entraron , 11ª Mª Mercedes Gómez, 40’25», 13ª Carmen Penas, 41’16», 41ª Olga Romero, 53’57», 47ª Milagros Gómez, 56’59».En Homes: Júniorr, 1º Pablo Noche, (San Fernando Lucus-Caixa Rural) 33’43», 2º Fco. Javier Iglesias, (S.G.P.) 34’20», 3º Santiago García, (Ría Ferrol-Concepción Arenal) 35’33«, Veteráns: M35, 1º Jesús De La Fuente, (Aseficán Piélagos) 30’28», 2º Manuel Oliver, (As Mariñas-Betanzos) 33’55», 3º Miguel Carrillo, (Atl. Milladoiro) 33’58«, M40, 1º Santiago López, (Atl. Porriño) 31’34», 2º Ramón Serantes, (S.G.P.) 33’26», 3º José Ant. Paz, (OAAP) 33’54», M45, 1º Ángel Rodríguez, (Atl. Milladoiro) 33’49», 2º Manuel Vigo, (C.D.U.S.) 34’48», 3º Higínio Rodríguez, (Coruña Comarca) 34’52», M50, 1º José Luis Bouza, (Atl. Sierra Narón) 35’42», 2º Santiago Estévez, (C.D.U.S.) 36’17», 3º Domingo Álvarez, (Burgas Atl. Ourense) 37’31«, M55, 1º Xose Luis Otero, (C.D.U.S.) 36’11» 2º Matias Regueira, (A.A.D.Barbanza) 40’44», 3º Luis Seoane, (Burgas Atl. Ourense) 41’07«, M60, 1º José Arufe, (Atl. Milladoiro) 42’42», 2º Manuel Valcárcel, (S.D.Albións) 43’43», 3º Miguel Alzola,(Occidente Návia) 44’22», M65, 1º Enrique Landesa, (Veteranos. de Samil) 46’23», 2º Tomás Cousiño, (Veteranos. de Samil) 48’28», 3º Rafael De Los Árcos, (Veteranos. de Samil) 50’24», M70+ Enrique Río, ,(C.D.Egovarros-Viveiro) 1:02’58»
Fotos de Xandra & Billa
