Foi un respiro; a plenitude esnaquizada a un paso da consolidación; a totalidade do corpo absorbido en 400m.. Foi a impotencia matemática da distancia e das forzas; a equidistancia que se retorce como traizón porque as enerxías non responden á vontade, e un insignificante espazo sentencia a resolución: desclasificación.
…Non!. Van os feitos máis alá, porque transcenden o factor competitivo e sitúanse nesa dimensión deportiva que semella olvidada ou que xa non leva relevancia fronte ouros pratas e bronces. Existen outras medallas caladas que non se escriben nin aplauden, quedan dentro para evocalas e sentilas sen sabor a metal.
Os feitos aconteceron nun sábado, nun 4×4 feminino do Campionato Galego en Pista, en Ferrol. O Comesaña aventurou a súa participación porque así o dispuxeron as atletas: facer equipo. Foi no terceiro relevo, faltou só un anaco, un respiro para que a entrega de Merche fose abalada, mais crebou o corpo sen consumar a súa encomenda. A meta alí quedou, impasible e indiferente..mentres un testemuño se revelaba por entregarse, mentres unha testemuña -atleta media inconsciente nos revelou que aínda existen actitudes desinteresadas e entregadas por un equipo…entón non é posible a desclasificación…Noraboa pois!