Patricia M. Pereira, Manuel Ángel Penas e Soledad Castro, gañadores

O domingo , en bautizo de estío, celebrouse o primeiro «Medio Maratón Cidade de A Coruña” e o Campionato Galego. O asfalto, a calor e os quilómetros confabuláronse para recibir aos centos de participantes, que decidiron completar un circuíto de 3 voltas en percorrido urbano pola cidade da Coruña..   
Fronte a confabulación, auga: suor polos corpos botellas que van de man en man por amortecer os síntomas de sol, chorros agradecidos enfriando o esforzo, ansia por chegar a ese punto quilométrico onde refrescar os labios pegañentos, meta de auga final…En desafío unha onda de zapatillas en movemento: paso adiante, paso atrás, ao lado , ao unísono, en descompás, pasos grandes e máis pequenos , que se van trazando en dinamismo brancomulticolor..os quilómetros van tragándose mentres os raios de sol absorben coma ladróns a vontade e as forzas.
 Dous homes ao son do disparo colocáronse ao fronte da carreira, e así continuaron até a final, Jesús de la Fuente,(Aseficán Piélagos) sempre un chisco por diante e Manuel Ángel Penas (Puma Chapin Jerez) non deron opción ao seu perseguidor Daniel Bargiela (C.A. Corredoiras de Bueu). A estratexia de meta, valeulle a “Lolo” acadar o campionato Galego de Medio maratón e proclamarse vencedor da carreira en 1h06’29«, segundo sería “Suso” en 1h06’57«, e terceiro Daniel Bargiela. Coincidindo así podio de campionato e de proba popular.Polo carto posto houbo forte loita hasta a metade da carreira para pouco a pouco impoñerse David Rodrígez, (Ourense Academia Postal) 1h09’27«, no posto 18 chegaba noso atleta Víctor Álvarez nun tempo de 1h16’56«.
 Na proba feminina as cousas aconteceron de xeito distinto: houbo un grupo sempre ao fronte comandado por María J. Gestido, (Playas de Jandía) con ela Patricia M. Pereira,(Comesaña S. C.) María Jesús Valiño,(Ría Ferrol-Concepción Arenal) e aos poucos foise achegando tamén Soledad Castro (Comesaña S. C.).

Cos quilómetros acudiu o cansanzo e «Chus» foi a primiera en sentilo; a altura do quilómetro 12, marcáronse distancias, quedando María J., seguida de Patricia e máis atrás «Sole«. Pero seica nada está sentenciado até que se atravesa a meta, e sorpresivamente, a primiera colóscase terceira, algún problema acaeceu; entón os postos reviráronse a favor de Patricia, que gañaría a proba en 1h19’10, e Sole, 2º e campiona galega en 1h19’54«; en contra de María J. que de sempre perseguida acabou perseguidora e co 3º posto, subcampiona galegaen 1h20’24. Misterios do atletismo, cousas dos corpos. Este é o noveno campionato de media para Sole e un octavo consecutivo, completando poido con María Jesús e «Chus» Valiño (1h23’51«) Patricia Mendes Periera ao ser portuguesa non optaría ao campionato galego, pero sí puntuou para que o Comesaña Sporting Club acadase o 1º posto por equipos, tamen participou Amalia Dopazo que acompañou a sua nai.

Asfalto, calor e auga, o silencio cansado despois dos ánimos e o esforzo… os sorrisos resecos de sol en raia de meta…Aconteceu na «Medio Maratón Cidade da Coruña» nunha mañá de inauguración estival e bautizo de carreira.

Resultados:   Medio Maratón

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.