«Plata e Bronce» no Nacional Universitario

Os días 9 e 10 de Maio celebrouse en Fuenlabrada (Madrid) o Campeonato de España Universitario. Nel participaron as comesañenses Marta Fernández, no 5.000 o sábado e Sandra Mosquera no 1.500 o domingo. Ámbalas dúas subiron ao podio no 2º e 3º escalón respectivamente. Os postos foron mellor dos esperados, as marcas predecíanse un pouco mellores. Pero acontece que o corpo ás veces traizoa e os resultados non coinciden cos prognósticos. Mais todo acarrexa un lado positivo que serve de satisfacción. No caso de Marta considerar que nesta tempada sen obxectivos, mellorou a súa marca de 15 días antes, 17`01”6 fronte aos 17,01”00 do campeonato; unhas décimas que valen para sorrir, xunto coa medalla acadada de subcampioa representando a Universidade de Santiago de Compostela. Compartiu podio con Raquel Gómez, 1ª con 16’52”12 da Universidade Extremeña e 3ª Beatriz Morillo, 17’58”55 da Universidade Autónoma de Madrid. Con respecto a Sandra a medalla xa representa un éxito, pois non estaba previamente contemplada e a marca malia non ser a esperada é a que seu corpo ofreceu, sempre pode ser superada. O podio do 1.500 univesitariamente, foi totalmente galego: no 1º posto con 4’35”23 estivo Solange Andreia Pereira da Universidade de Vigo pero con licenza canaria; no 2º con 4’40”75 Alicia Folgar da Universidade de Santiago, por suposto, no 3º con 4’41”06 Sandra Mosquera da Universidade de Vigo .Estas atletas, de querer elas e os seus adestradores, poden depararnos ao longo da tempada bos confrontamentos atléticos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.