Category Archives: General

Medio Maratón Vig-Bay, un mar de xentes, cadaquén na súa función. (por Sole)

Quizais porque son de silencios e pequenas cantidades pronunciar 4140 superaba a miña liña de asimilación. Van 12 edicións, eu acordo a 1ª e 3ª, e aí quedei, nesta voltei porque tiña visións oníricas; presentía as pernas correndo polo asfalto que leva de Vigo a Baiona. 4140 son moita xente, antes non eramos tantos, entón temín o desoriento á posibilidade irresoluble de dificultades, o semellar perdida entre a multitude.

Agora confésase que o temor estivo dentro, mais non fóra, nada do receado foi realidade: despois de ter chegado ao Verbum sen atrancos fun un mar de xente en ondas de vai e vén ; cadaquén na súa función: corredores, organizadores, xuíces, voluntarios, dorsais, cronos, motos de policía e non policía, bicicletas, representantes, representativos, esporádicos, sufridos acompañantes, bolsas, mochilas; un mundo multicolor rebulindo para debuxar a paisaxe de Vig-Bay.
E todo foi: o dorsal xa viña servido en Equipo; o servizo de vestiario resolveuse plastificado e en depósito, nin colas nin despropósitos e na saída situáronse as letras dispostas, amables e vixiantes para identificarnos e ubicarnos nelas. Os preámbulos resultaron mainos e vacíos de sucesos intranquilizantes. Entón ocupáronme os nervios de saída-competición, e eles amorteceron coas cantidades de xente, xente e xente. era moita e pensei pois, na grandeza dos números, dos ánimos e aplausos..
Eu pouco sei; non sei se foi soño ou esperta estaba , pero sentín as pernas batendo no asfalto, por veces o vento desafiante, outras veces a calor estremecendo o cansancio, outras o tempo rompendo intencións, tamén a impotencia de pasar ou non chegar a unha rival, sempre barallando, maldicindo ou agradecendo estar aí, intentando seguir, perseguir, acompañar, superar…E si sei que dende o meu silencio, recibín a máis gratificante chegada, máis xente e xente que te pronunciaba e animaba. Aquí expreso a sensación de irrealidade que te envolve porque a magnitude tamén supera a liña de credibilidade.
A xeneroxidade do avituallamento é cousa mencionable e os servizos e atención nada desmereceron.

Resolvo este informe apreciativo en positivo, subxectivo e contributivo en ánimos a continuar e perfeccionar o camiño andado

E en posdata, ao mellor precisaríanse servizos na saída e meta, pois creo que é de prioridade o seu uso, alomenos para os nervios de saída.

E en chamamento sería exemplar que a zona de avituallamento finalizase con recipientes de lixo completos e os espazos libres de pecado en desperdicio.

Falando en feminino, considerar a non presenza, a ausencia, a non participación, o número reducido que se agranda co tempo e convencemento. Así imaxineime que fun moitas mulleres subindo a un podium e por un anaco ausenteime, desprendinme para recibir simbolicamente o recoñecemento a todas elas.

Escribindo en Equipo, dicir que entre 4140 houbo camisetas do Comesaña, formando Equipo masculino e feminino, o labor de cadaquén lustrouse na clasificación conxunta final: segundos e primeiras respectivamente.

Estes foron postos e tempos individualizados:

11- Marcos Seijo Bujía 1: 10´ 29″

29- Carlos Carrerera Moraña. 1:14´26″

34- Antonio Sobrado Fernández.1:15´18″

41- Pablo Carrera Blanco. 1: 15´39″

52- Samuel Rodríguez Gómez. 1:16´53″

58- Javier López Domínguez. 1:17´20″

82- José Andrés Fervenza Fragueiro. 1:18´47″

99- Serafín Costas Iglesias. 1:19´40″

105- Germán Díaz Alonso. 1:19’562

115- Miguel Ángel Costas Iglesias. 1:20´29″

133- María Soledad Castro Soliño. 1:21´16″

164- Yago Lago Álvarez. 1:22’25»

182- Luís Alberto Carnero Díaz: 1:22´50″

359- Mercedes Gómez Alonso.1:27´13″

411- M. Carmen Penas Blanco. 1: 2749″

509-Francisco García Villaverde. 1:29’29»

691- Francisco Otero Amoedo. 1:32´09″

764- José Otero Otero. 1:32´58″

768- Manuel Pérez González. 1:33’02»

781- Antón Amoedo Giménez . 1:33´12″

1014- Sechu López Pérez. 1:35´45″

1257- Ramón Vilanova Souto. 1:38´39″

1333- Motserrat Carreira Fernández. 1:39´14″

1377- Victoria Fernández García. 1:39’44»

2149- Diego Alonso Otero. 1:47’20»

2633-Iris Soto Blanco. 1:52’48»

Subiron ao podio con premio de posto:

 Soledad Castro (2ª Abs.1ª española, 1ª gallega, 1ª Vet. «C»)

Mercedes Gómez Alonso como 3ª Veterana «B»

Carmen Penas Blanco como 3ª Sénior
Iris Soto Blanco,  como 2ª Promesa
Marcos Antonio Seijo Bujía como 3º Veterano «A»
Antonio Sobrado Fernández como 3º Veterano «B»

Samuel Rodriguez Gómez como 1º Júnior

Noraboa pois, Comesaña S. C. pola apañada colleita.
Nas fotos de Jesús Martinez os podios de equipos mais Samuel é Iris

¡¡Que nuestros jovencitos se inicien!!

   As inscripcións levan bo ritmo, non esperes a última hora….. pero tampouco te apuntes si non vas a ir, non buscamos os máximos inscritos, buscamos os máximos participantes
                                   Atletismo Popular en   Pista
            Asociación Comisión Festas da Xuventude
                                       50 aniversario (1961-2011)
            O Comesaña Sporting Club orgaiza ó “2º Trofeo Festas da Xuventude” de Iniciación en Atletismo, ó día sábado 16 de abril do 2011 as 10’30 horas da mañán, nas pistas de atletismo de Balídos – Vigo, con ó patrocinio da Asociación Comisión Festas da Xuventude Balaídos – Vigo, e a colaboración da Delegación da Federación Galega de Atletismo en Vigo.
           Este clube, e o patrocinador, teñen o pracer de convidar a os alumnos/atletas dos centros/clubes/agrupacións e «independentes» de Vigo e a sua bisbarra, a participar neste evento, co seguinte programa de probas.
           As categorías para ambos sexos, distancias e horarios serán os seguintes:
                     Hora             Categoría             Anos Nac.
                    10:30        Infantil Masculina    1998-1999   1.000 m.
                    10:40        Infantil Femenina     1998-1999   1.000 m.
                    10:50       Alevín Masculina      2000-2001     500 m.
                    11:00       Alevín Femenina       2000-2001     500 m.
                    11:10      Benxamín Masculina  2002-2003     300 m.
                    11:20      Benxamín Femenina   2002-2003     300 m.
                    11:30  Pre-benxamín Masculina 2004-2005    150 m.
                    11:40  Pre-benxamín Femenina 2004-2005    150 m.
                    11:45   Pitufos Masculina        2006-07-08       80 m.
                    11:50   Pitufos Femenina         2006-07-08       80 m.
          Ás 12:05 farase a entrega de trofeos a ós 3 mellores tempos de cada proba en cada sexo.
          O plazo de inscripción comenzará o día 16 de marzo. Se poderan realizar na Asociación Comisión de Festas da Xuventude, ou no enderezo electrónico: comesana@comesana.org ata o xoves día 14 de abril do 2011 as 20 horas.
        Nas inscripcións se fará constar nome, apelidos, sexo e data de nacemento,
        Rogamos confirmen o envío das mesmas
    (As manuales faranse debidamente cubertas en letra tipográfica)
      -Todolos dorsais serán perfectamente visibles para o control da carreira debéndose levar colocado no peito, suxetos con catro imperdibles, un en cada esquina.
       En caso de se producir algunha reclamación se deberá acreditar a edad do participante mediante documento acreditativo.
      En casos contrario. o Comité Orgaizador non entregará o premio acadado.
      Debido a o carácter de iniciación a o atletismo do evento, a participación será libre e ilimitada.
    – As reclamacións sobre a competición deberán facerse non máis tarde dos 30 minutos, despois de ser leídos por megafonía, ou expostos no tablón, os resultados

De repaso

– De que quedaches?

a pregunta facíaa o meu sobriño a propósito dunha competición. Ten dez anos e a inxenuidade nos ollos de neno.

Eu contestei que mal me fora, que saíu unha mala carreira.
-Non sempre se gana,a veces tamén se perde. -dicía el.
Pero eu nada perdín, sempre gañas algo ou a alguén.
– Non perdín,gañei ás que quedaron detrás miña.
– E se quedas de última?
-Pois gañas a todas aquelas que non correron, gañas o posto último.
Non quedou moi convencido pero as palabras estiveron aí.
E elas deron en teimar valores e conceptos, na relatividade e interpretación de feitos e cousas.
Eis:
O atletismo é na súa esencia un deporte individual, a loita e a rivalidade realízanse e residen nun mesmo. Detrás dunha liña de saída, agardando o estrondo da pistola, sitúanse corpos coa ansia de correr o máis rápido posible, uns chegarán antes, outros máis despois e algúns e moitos outros aínda máis despois. Para facer un podium en tres, é preciso ter tres, pero máis grande ha ser o tres cantos máis números o acompañen, ou cánto máis valor veña dado entre distancia e tempo. Parte do atletismo aposta pola matemática: números, sumas, restas…a outra parte insasible pero imprescindiblemente presente responde a un compoñente de valores, intencións e metas. A dualidade resólvese na consideración relativa e subxectiva de números e postos. E os valores engadidos son certamente os que fan grande este deporte. Ás veces na escala de valores un 1 pouco significa e satisface, outras pola contra un non 1 pode representar un grande premio.

Na competición todos levamos os mesmos deberes e dereitos a afacernos co posto primeiro, non existe fórmula nin precedente que garanta a vitoria certa: participamos, corremos e a suposta superioridade pode devir en mentira, porque non vén sendo verdade ata atravesar a liña de meta, e é preciso loitala, non hai postos reservados nin previamente concedidos. Abandonar a competición por non ir cumprindo as perspectivas iniciais pode ser definido como un acto fácil e covarde, e mesmo como desestimar aos rivais. Só é preciso asumir e asumirse, e tirar das circunstancias a aprendizaxe que poida remediarnos na vindeira competición. O sabor vacío do abandono quizáis resulte máis amargo queraiba da decepción dun resultado, da sensación de relativo fracaso.

Sempre se gaña porque as vitorias escríbense dende a constancia, en sucesión de malos e bos momentos. Se nada máis se puido acadar, só é preciso un sorriso de resignación que recompense o esforzo e gañaremos intencións de superarnos. De nada vale lamentar e inventar postos ou posibilidades que non son e non foron por circunstancias enrevesadas, reviradas ou fallidas…involuntarias.

Xa se sabe que todo isto non son máis que tópicos manidos e reiterados, pero pode acontecer que de tan supostos acabemos por ignoralos, e non ter porque ser malo ou nocivo recordalo nin mencionalo

Despues del CUVI, la Vig-Bay

          Por estar ocupado en otros menesteres se había quedado sin referencia alguna en esta página la brillante actuación, en cuanto a puestos ocupados en la carrera, de nuestros atletas en los «10 Km. Cidade Universitaria», pues tanto el podio absoluto femenino (Patricia M. Pereira, Yolanda Gutiérrez y Soledad Castro) y el júnior masculino (Samuel Rodríguez, Alejandro Álvarez y Alberto Ayuso) fueron al completo ocupados por atletas del Comesaña Sporting Club, además 1ª y 2ª veteranas «A»(Soledad Castro y Mercedes Gómez), más Antonio Sobrado, 3º veterano «A» y Olga Romero 2ª veterana «B».
          Los puestos y tiempos invertidos por los 29 participantes de nuestro club, fueron los siguientes: (11º) Pablo Carrera, 34’16», (14º ) Antonio Sobrado, 34’37», (16º) Samuel Rodríguez, 34’54», (18º) Carlos Carrera, 34’58», (25º) Javier López, 35’37», (28º) José Andrés Fervenza, 35’52», (31 y 1ª) Patricia Mendes, 36’04», (36º) Serafín Costas, 36’21», (41º) Alejandro Álvarez, 36’34», (42º) Germán Díaz, 36’35», (46º) Miguel Ángel Costas, 36’49», (56º) Manuel Ayuso, 37’33», (58 y 2ª) Yolanda Gutiérrez, 37’36», (61º) Antonio Soliño, 37’47», (65º) Luis Alberto Carnero, 38’00», (69 y 3ª) Soledad Castro, 38’05», (82º) Yago Lago, 38’33», (84º) Francisco Otero, 38’37» (101º) Antón Amoedo, 39’16», (106º) Francisco García, 39’24», (115 y 5ª) Mercedes Gómez,39’47», (135º) Alberto Ayuso, 40’34», (220º) Manuel Pérez, 42’19», (241º) Ramón Vilanova, 42’43», (349 y 13ª) Montserrat Carreira, 44’58», (467 y 17ª) Nuria Pérez Fernández, 48’03», (487ª) Diego Alonso, 48’33», (632 y 2ª Vt.»B») Olga Romero, 56’28», (636 y 23 Vt,»A») Milagros Gómez, 57’29». Entre 656 controlados en línea de meta.
          Felicitarnos por la gran participación de los nuestros, con esa victoria de Patricia Mendes Pereira y esos podios al completo, tambien con la vuelta a nuestras filas de Nuria Pérez. Si aquí fueron 29 los participantes del Comesaña S. C., en el Medio Maratón Vig-Bay del próximo día 10 serán de la salida 26, 20 hombres y 6 mujeres, con los que aspiramos a ocupar puestos de podio por equipos en ambas categorías, suerte a todos en esa prueba de gran participación de masas como es la Vig-Bay.
Fotos de Jilly de momentos de la prueba

Crónica en Castrelos

          E foi un Abril máis para a carreira do Castro-San Miguel «Trofeo NovacaixaGalicia», e foi Castrelos tomado por pequenos e grandes atletas: nenos, rapazas, nenas, rapaces, nais, pais e outras xentes diversas: acompañantes, familiares, espectadores, viandantes, curiosos, participantes e organizantes. Tamén foi o sol, acaendo de máis en máis para lustrar a mañá e ser testemuña de primavera.

         Pode que para moitos veña sendo unha referencia necesaria no seu calendario, para compartir un día distinto, para sentir o aplauso merecido, para ofrecer os ánimos insinuados ou simplemente para estar e contemplar. Pode supoñer unha xornada iniciática, unha consolidación ou unha continuación…pero de certo que non deixa indiferente. Pode significar a renuncia de moitos, e á vez a introdución e preludio doutros moitos. A oportunidade está aí, e dun xeito mellor ou algo peor merece a pena aproveitala.
         Convocados foron escolares, pais e nais para participar e a resposta foi agradecida. Moitos corpos buliron tras unha liña de saída, nerviosos, ansiosos, desconcertados, medoñentos, ilusionados, animados e animosos. E foron moitos os que atravesaron a meta coa recompensa agardando: o afecto, un bico, unha medalla, o recoñecemento. Ata aquí o abstracto.
          En concreto negativo, cuestionamos a entrega de dorsais, que preocupou a axudantes e participantes, outro xeito de entrega podería ser reconsiderado evitando posibles aglomeracións e nerviosismo. Tamén preguntaremos aos benxamíns que tiveron ensaio e función; correr sen e con pistoletazo, ás veces pasan cousas evitables ou inevitables, pero de certo que o cabreo de moitos estivo aí. Agardaremos non ter que recorrer máis nunca a unha «real moviola».
          En concreto positivo houbo moita medalla colgada, que perdurou colgada, co orgullo de simplemente gañala prescindindo dun posto máis ou menos alá. O aprezo a este merecemento significa e fai o camiño máis idóneo e doado cara o futuro. O afán de superación e triunfo, xa virá de seu, aos poucos… Esperamos máis edicións melloradas, mellorables, e perfeccionadas e que a primavera siga a traer de ano en ano, o cros dun domingo de Abril e que o sol se achegue para saúdar, fóra e dentro. Recóllense as distintas clasificacións, elas son a testemuña primeira da numerosa resposta recibida. Que así siga sendo.  
Las fotos corresponden a las dos carreras más pequeñas, la de niños justo antes de salir y las niñas justo despues de llegar, por los dorsales se pueden identificar en los resultados.