Todos é un, e viceversa.
Neste tempo de tránsito incerto, as palabras vólvense refuxio de temores e espanto de pensamentos que reviran as horas. Acodo a elas para que sexan transmisoras dunha teima recorrente.
Acontece dende hai tempo, dende que se oficializa a oportunidade de clikar e intervir en valoracións e críticas, opinións e xulgamentos. Sempre me desconcertou a facilidade, a rapidez, eficaz ou non, de poder establecer unha comunicación virtual ou virtuosa sen interlocutor certo ou destinatario concreto. Non é o caso, por iso escribo, para non seguir silenciando o que divulgado debe quedar, porque así o considero, do contrario deviría en neglixencia.
É a conversa que ano tras ano se foi establecendo cunha votación popular de méritos atléticos. Sempre tiven reparos en aparecer nela, pero a resposta, os números, a incredulidade e emoción, quizáis vaidade tamén…anímábame a permanecer…sen máis ambición que sentir o efecto da maxia: como as valarocións excedían as miñas perspectivas, ascendidas en calidez e aprezo. Por iso, porque teño o agradecemento atragantado escribo para deixar constancia del e poder sentir dalgún xeito que os feitos non quedan impunes, aquí foi a confianza e a fe o meu castigo…o ánimo de saber que malia non intervir de ningunha maneira, a resposta era unha inmensidade, porque nacía da calma e da quietude, da vontade de querer participar sen máis, sen ruídos nin aspaventos…
Aí reside o agradecemento, non olvidado, simplemente non transmitido, sentido pero calado. Agora desprendo a ansia de retomar o tempo e reiterar acumulacións de votos. Un a un, deben ser recontados en escrupuloso escrutinio para presentarlles os meus respectos; un a un. Que aquí quede, que así se faga.
A ampulosidade ou posibles esaxeracións expresadas non son exceso, só necesidade, e aínda máis alá dela, continuará a inquietude de recibir o afecto inesperado. E nestes tempos oscilantes, no tránsito, acarrexo o peso dun péndulo firme que empurra o avance.
Que a satisfacción do recibir quede manifesta para posible reconforto das vontades, que clikaron, e a suma fose alongando a maxia albergada nos actos desinteresados…
Sen máis…