A carreira do CUVI

Eu non estiven malia as intencións e a vontade de ter querido estar.
Así pois dende a óptica pasiva e ausente escribo, porque o resultado da carreira feminina ben merece unhas palabras.
Ganou Sandra, e co seu triunfo consolídanse verdades. A súa tenacidade e optimismo fronte aos reveses que os días lle foron proporcionando elevouna ao alto do podio, coa complicidade da constancia e a loita.
Ás veces a desesperación ante as adversidades rompe o ánimo de seguir, outras, a falta dunha resposta minimamente satisfactoria desfonda todo argumento de continuación. Suponse que no seu periplo de lesión-recuperación, Sandra experimentou as máis variadas emocións e aflicións ,pero con elas decidiu non sucumbir. A incerteza do futuro é unha verdade, pero no presente a verdade máis grande é o sorriso da perseverancia e superación de Sandra.
Segunda da carreira foi Águeda, e un nome histórico do atletismo, sentenciou o terceiro posto.Estela Estévez. Aínda non se indo de todo nunca, volveu, e con ela averiguamos que o atletismo con máis ou menos intensidade ferve nas veas, amortece, convulsiona, inquieta, adormece… pero

nunca se ausenta ao completo e para sempre.
Un terceiro posto con remite dunha permanencia e coraxe diferente, pero o mesmo de agradecida e eficaz.
Que outros moitos podios agarden para poder resolver aínda máis certezas.

(Las dos fotos son de Alfonso Mosquera De La Vega)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.