Eu non estiven malia as intencións e a vontade de ter querido estar.
Así pois dende a óptica pasiva e ausente escribo, porque o resultado da carreira feminina ben merece unhas palabras.
Ganou Sandra, e co seu triunfo consolídanse verdades. A súa tenacidade e optimismo fronte aos reveses que os días lle foron proporcionando elevouna ao alto do podio, coa complicidade da constancia e a loita.
Ás veces a desesperación ante as adversidades rompe o ánimo de seguir, outras, a falta dunha resposta minimamente satisfactoria desfonda todo argumento de continuación. Suponse que no seu periplo de lesión-recuperación, Sandra experimentou as máis variadas emocións e aflicións ,pero con elas decidiu non sucumbir. A incerteza do futuro é unha verdade, pero no presente a verdade máis grande é o sorriso da perseverancia e superación de Sandra.
Segunda da carreira foi Águeda, e un nome histórico do atletismo, sentenciou o terceiro posto.Estela Estévez. Aínda non se indo de todo nunca, volveu, e con ela averiguamos que o atletismo con máis ou menos intensidade ferve nas veas, amortece, convulsiona, inquieta, adormece… pero
nunca se ausenta ao completo e para sempre.
Un terceiro posto con remite dunha permanencia e coraxe diferente, pero o mesmo de agradecida e eficaz.
Que outros moitos podios agarden para poder resolver aínda máis certezas.
(Las dos fotos son de Alfonso Mosquera De La Vega)