Lamentablemente, o pasado día 15 de xullo ao Salón de Actos da Sociedade Cultural Veciñal e Deportiva Nautilius soamente acudiron nove persoas para a celebración das sesións asemblearias (Ordinaria e Extraordinaria), comunicadas coa preceptiva antelación.
Na primeira delas todos os puntos a debater foron aprobados por unanimidade, e con respecto á segunda, ante a falta doutras candidaturas á presidencia, volveu a presentarse Belarmino Alonso, cuxa candidatura, a pesar de ser a única, foi exposta á votación das persoas presentes sendo a mesma aprobada por unanimidade. El tras agradecer os servizos prestados a anteriores membros da Xunta Directiva salinte, trasladou alí mesmo a súa solicitude de colaboración para compoñer o seu novo equipo directivo, quedando como segue: