Última hora del 41º «Belarmino»

Clarisse Crruz seguida de Sandra Mosquera en 2018 (Foto Faro de Vigo)
Clarisse Crruz seguida de Sandra Mosquera en 2018 (Foto Faro de Vigo)
Ivan Roade cruzando la meta el pasado año (Foto La Voz de Galicia)

                         É a dúas horas da pechadura das inscricións…

     Acertar coa resposta á pregunta que figura abaixo destas liñas, escrita onte, volveuse aínda máis complicada, xa que a tratar de levarse a vitoria sumáronse tres firmes candidaturas, pois na carreira masculina formalizaron a súa inscrición os atletas portugueses Rui Teixeira é Carlos Silva, mentres que para a carreira femenina fíxoo a tudense, militante no Valencia Sports, Leticia Fernández Barbosa              

                 Clarisse Cruz e Ivan Roade… reeditarán o éxito de 2018?

     A falta de dous días para pechar o prazo de inscripciones para o 41º Memorial Belarmino Alonso de Campo a través, as inscripciones máis destacadas, quen de saída teñen máis posibilidades de levarse o triunfo nas carreiras Sénior/Sub-23 de cada sexo son:

    En mulleres: Alice Marie Finevieve Finot (Atletismo Feminino Celta), Clarisse Maria Pinho Cruz (Clube Grecas de Vagos) e Sandra Mosquera Losada (ADAS Proinor), por esa orde establecémoslle as súas opcións de vitoria, entendidos pola súa presumible estado deportivo actual, non polos seus antecedentes no Belarmino, xa que Alice conta cun sétimo posto é a súa única participación en 2016, mentres Clarisse conta con dúas vitorias (2018 e 2016) e un segundo (2017) nos seus tres intervencións e Sandra subiu a ese podio nos postos segundo e terceiro (2018 e 2015).
   En homes:
   Iván Roade Lago (ADAS Proinor), Nuno Filipe Ribeiro Pinto Da Costa, Jorge Puig Malvar (C.A. Santiago), Vicente Suárez Amoeiro (Soc. Gimnástica de Pont.), Vitor Mariano Silva Santos (Clube Grecas de Vagos), e Akka Esaadaoui (ADAS Proinor), a quen tamén por esa orde adxudicámoslles as opcións de vitoria. Iván partiría como favorito a revalidar a vitoria lograda o pasado ano na súa única participación, mentres que Nuno, que conta con dúas vitorias (2016 e 2017) e un segundo posto nos seus tres intervencións (2018) non será fácil de doblegar. Dos outros catro, aínda que Akka ha logrado estar entre os tres primeiros (2º en 2014), Jorge, Vicente e Vitor, o portugués que se estrea, parécenos que aparentan contar con algunhas máis opcións…

Inscricións con dorsáis por carreiras e categorías 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.