O Comesaña Sporting Club convoca a todos os socios/as o día 18 de Abril do 2015, á Asemblea Xeral extraordinaria na Sociedade Veciñal Cultural e Deportiva Nautilius situada en Rúa Sanín, nº 54 na parroquia de San Andrés de Comesaña en Vigo ás 20:00’ en primeira convocatoria e ás 20:30’ en segunda coa seguinte:
Único punto do día:
Elección Presidente e Xunta Directiva
Conforme os estatutos poden presentarse candidaturas para Presidente o mesmo día da Asemblea se a mesma e acompañada alomenos, dun secretario e un tesoureiro. Podéndose completar ata con sete membros máis.