Os Campionatos Galegos de Campo a Través 2014 celebrados en Negreira, despois e ainda.

          Despois dun domingo de Campionato, a chuvia segue teimuda, con leves treguas que serven de alento e remanso
        
Despois doutros campionatos, o Comesaña Sporting Club segue sen tregua, acumulando títulos que van ampliando o seu historial e a súa historia.
          Pode resultar crónica resesa, o tempo é pasado e o esforzo competitivo descansa e anda renovado noutros inminentes obxectivos. Pero falta grave sería obviar un domingo en Negreira. Alí disputáronse os Campionatos Galegos de Campo a Través. Os días pasaron, pero os méritos permanecen, irremediablemente, nesta páxina pois, intemporalmente, dámos conta do que ao Comesaña S. C. lle aconteceu neles.

      E con compracencia relátanse os feitos pequenos e máis pequeniños que resultaron grandes grandes.

       Non houbo Promesas mulleres que presentar, única categoría que quedou sen representación comesañense, algún outro campionato estará agardando para recibila, que certo sexa. O título individual levouno Jenny Fernández Massó (Sociedad Atlética Val Miñor) invertindo 25´11″. E tamén vitoria para o Equipo que representa. Diríase categoría reducida, pois tanto en homes como en mulleres soamente se completou UN Equipo.

      No resto das carreiras fomos presenza, e notada. Os datos avalan e son testemuño da relevancia.
 
       Comezamos pola disputa máis numerosa, a do Cto. Absoluto masculino. O podium recibiu a Pedro Nimo del Oro (DARE2B-C.Corredores Pedro Nimo), quen atravesando a meta en 31’51″, proclamouse campión absoluto galego por 5ª vez no seu curriculo. En segunda posición entrou Robertas Geralavicius en 32´16″ e Victor Riobó Villanueva acompañounos como terceiro clasificado cun tempo de 32´31″, estes dous, lituano e mariñense, do Sociedad Gimnástica de Pontevedra.
       A representación do Comesaña S. C. acolleu atletas da categoría senior e promesa (nestes campionatos os veteráns son a todos os efectos uns sénior máis) . Os protagonistas foron por orde de chegada da carreira:
Alberto Moreira Novas 3º Cto.Promesa y 22º Cto. Abs. (29º) en 35´22″

Víctor Xosé González Horta 28º Cto.Abs. (35º) en 35´58″

Manuel Vieites Carballo 31º Cto.Abs. (38º) en 36´16″
Hugo Loureiro Cerqueira 4º Cto. Promesa y 41º Cto. Abs. (48º) en 36’49»

César Costas Álvarez 56º Cto.Abs. (63º) en 37’34»
Alberto Ayuso Vilaboa 8º Cto. Promesa y 57º Cto.Abs. (64º) en 37’40»

Martín Regueira Rellán 9º Cto. Promesa y 62º Cto. Abs. (69º) en 38’06»
Germán Díaz Alonso 72º Cto. Abs. (79º) en 39’00»
Acuña Fernández Cándido 77º Cto.Abs. (84º) en 39’30»
Alejandro Álvarez Costas 11º Cto. Promesa  y 89º Cto. Abs. (96º) en 40’18»
Manuel Pérez González 117º Cto.Abs.  (124º) en 47’20»
       Sumando postos da clasificación promesa, disputada conxuntamente neste Campionato Absoluto, o triunfo  do Campionato Promesa por Equipos recaeu sobre o  Comesaña S. C. renovando así  o seu iniciático título do ano pasado en Santa Uxía de Ribeira.
 
        Vencedor do campionato resultou Gonzalo Basconcelo Araújo (Celta Atletismo) 34´32″, ao entrar no posto 17º en xeral . Diante, nos postos 12º e 13º, entraron outros dous atletas Promesa, mais ao ser estranxeiros non contaron para ningún dos campionatos en disputa.No posto 18º entrou o segundo atleta galego da categoría, o coruñes de Narón Sergio Piñón Paz (C. A. Affelou Narón) en 34´47″ e o terceiro do campionato foi noso atleta Alberto Moreira Novas en 35’37» quen, despois de longos anos apartados do atletismo, agasollounos con esa medalla individual e ao mesmo tempo coa dourada colectiva.
        No de Equipos Senior, o primeiro posto acadouno o Sociedad Gimnástica de Pontevedra con 15 puntos, seguidos do DARE2B C.Corredores Pedro Nimo sumando 64 e un punto máis relegou ao Atletismo SAR A Poutada á terceira posición.
        Un sétimo posto para o Comesaña S. C.evidencia valores que acumulan ouros doutra calidade. Os puntos conseguidos contribuíron a acadar e renovar o título de Clube Campeón Honorífico, baseado na suma de puntos entre equipos masculino e feminino. Con 125 puntos, seis menos que o Ourenruning, 131, correspondeunos tal distinción.
        Continúase a recolleita cos postos no Campionato Absoluto Feminino cunha inesperada e In-inscrita, participación privilexiada, Solange Andreia Pereira da Ponte (Atletismo Bikila) proclamouse vencedora do Campionato, atravesou a meta en 23´27″ Paula Mayobre González, compañeira de clube en uns 23’45» fíxose co subcampionato e en terceiro posto entrou Esther Navarrete Santana (Atletismo Femenino Celta) con 24´04″
      A enumeración prosegue con nomes de noso:
  Iria Fernández Fontenla foi cuarta en 24’23»
  Barca Toba Suárez era a quinta en 24’29»
  Sara Pérez Rodríguez seguialles de sexta en 24’51»
  María del Carmen Penas Blancoera logo a 11ª (12ª) en 26’10»
  E continuando:
  Sofía Freaza Otero foi a 13ª (14ª) en 26’32»
  Amalia Dopazo Otero foi a 28ª (29ª) en 31’11»
  Victoria Fernández García que foi a 32ª (33ª) en 31’56»
        Primeiras por equipos, seguimos, re,re, re, novando o título, 11 puntos valeron para situar a todas estas mulleres no podium seguidas con 28 do Ourerunning e Riazor Coruñacon 52.
 
        Sobre a carreira Júnior masculina mencionamos a Ero Doce González (Ría Ferrol), que con 21´21″ proclamouse campión, mentres Fernando Vales Ferreira (C.A. Santiago) entrou segundo invertindo 21´49″ e o noso Guzmán Gómez Guerreiro foi terceiro con 21’55», outorgándonos un bronce individual ademais de contribuir a medalla prateada de equipos.
        Enrique Martínez Martínez, entrou 5º en 22´12″. Damián Esmerode Domínguez14º (15º) en 24´27″ e Andrés González Martínez 18º (20º) en 25´12″. Serían estes catro os atletas do equipo júnior que lograba praza para o Cto. de España a celebrar por terceiro ano consecutivo no complexo turístico Marina D’Or – Ciudad de Vacaciones en Oropesa del Mar (Castellón).
        O papel desenvolvido por cada quen situou ao equipo nun meritorio segundo posto con 27 puntos, por detrás do C. A. Santiago con 27 e por diante do C. A. Negreira con 41.
       As mulleres Júnior tiveron como campiona a nosa atleta Carmela Cardama Báez, que con 16´52″ concede ao Comesaña S. C. e a ela mesma un novo título individual e a imprescindible contibución para o júnior colectivo. Segunda foi Eva Cid Guede (Sociedad Atlética Val Miñor) con 17´53″), quedando o terceiro posto no nome de Alba Lema Seoane(Olímpico Vedra) en 20´57″.
        Con, amáis da nomeada Carmela, Elena Guerra Dablanca, 6ª, 21´45″ e Bárbara Fernández García, 9ª, 23´03″, o Equipo estivo no alto do podio a un punto do 2º no mesmo, o Sociedad Atlética Val Miñor, glosado unha semana antes na prensa por seren, en representación de España, sextas por equipos en Portugal no Campionato de Europa de Clubes.
        En Marina D’Or o vindeiro domingo día 2, o Comesaña Sporting Club será un dos moitos Equipos que suma participantes, os máis multitudinarios, campionatos de España de Atletismo , considerando todas as especialidades, do calendario Federativo.
       Tendo gañado a representación de 7 equipos (catro títulos dous Sub-campionatos e un cuarto posto) nos Campionatos Galegos de Campo a Través, (máis de ese honorífico) 4 deles desprazaranse aos Campionatos de España de Campo a Través por Clubes, en disputa a resolver en terras mediterráneas, en Oropesa del Mar (Castellón) no circuito feito en Playa Verde no complexo turístico «Marina D’Or». Alá irán representándonos:

SÉNIOR MULLERES(Iria Fernández.- Barca Toba – Sara Pérez – Carmen Penas e Victoria Fernández)
PROMESA HOMES (Alberto Moreira -Alberto Ayuso – Martín Regueira e Alejandro Álvarez)
XUVENIL MULLERES (Ángela González – Carmen Fuentes – Elena Fraguas- Ángela Fdez. e Lorena Fdez.)
JÚNIOR HOMES (Guzmán Gómez – Enrique Martínez – Damián Esmerode e Andrés González)
Os tres restantes que no acudirán cítanse dende a honra que merecen.
PROMESA/SÉNIOR MULLERES no denominado «Cross Corto»
JÚNIOR MULLERES
CADETES HOMES

       Os resultados completos … Actas de resultados que por certo non se axustan a normativa fixada federativamente para uns resultados oficiáis… penoso, a lo menos, e o calificativo merecido diste feito.
      ¡¡Que boa viaxe vaia, que bos resultados vos traian. E noraboa, por conquistada presenza, de novo, en Marina D’Or nun circuito a beira da praia!!

        Como anexo e complemento, botamos man dunha inesgotable fonte de recursos, Joaquín, para ampliar datos de interese.
        O Campionato está organizado polo Club Atletismo Playas de Castellón, coa imprescindible axuda económica directa que lle achegan da Diputación de Castellón, Ayuntamiento de Oropesa del Mar e a entidade privada Grupo Marina D’Or… Amais das axudas anuais de patrocinio que teñen no club da propia Diputación, Playas de Castellón, S. A. Deportiva Villarreal Club de Fútbol e da empresa do séctor dietético INFISPORT (Instituto de Fisiología del Deporte) . Esta última foi creada no seu día polo farmaceútico castellonense Manuel Arasa para adicarse á Medicina Deportiva e que quizáis sexa actualmente a primeira do sector en España e das punteiras europeas.

        ¡¡Que fermoso sería co Comesaña Sporting Club fose quen de organizarlos no 2015, coas imprescindibles axudas de administracións e privadas claro está, co gallo do centenario do clube, non sí?

        Lembramos que no ano 1993 organizoúnos en Vigo o New Balance – San Miguel de Oya, que por certo foron casi unha homenaxe póstumo ao empresario Ángel Álvarez da firma Alfico, distribuidora en España dos produtos New Balance, falecido en accidente de tráfico ao ser atropelado por un camión na viguesa Praza de América.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.