Agora que as follas do inverno xa non teñen calendario, agora que as follas das árbores van sentindo os síntomas da primavera, ordénanse as palabras para escribir.
Pouca cousa, porque os feitos xa van contados nunha páxina sen follas, pero viva. Nela, dáse conta da colleita de tempos, nomes eventos e información que protagoniza e relaciona co Comesaña. Nesta páxina.
Entón, só queda atrapar e botar man daquelas palabras que serven para asombrarse, sorprender e tamén agradecer, porque con elas debe contarse a historia invernal do Comesaña: asombradamente. Non só polos éxitos individuais acadados polos seus atletas, non só polos triunfos como Equipo, se non tamén polo camiño andado e acadado; pola grandeza e constancia das mulleres pola progresiva presenza en cantidade e calidade dos homes.
Por iso resólvense as palabras cunha abstracta NORABOA, sen destinatario certo , diríamos global comesañense.
E co meu incuestionable agradecemento con causas múltiples.