A San Silvestre

A 7ª San Silvestre Solidaria de Castrelos cadrou o último sábado do 2011.
Alá se foi un ano, consumido de tempo, engastado de vida; acá queda inaugurado outro, disposto a devorar días.
Hai acontecementos que agardan datas para seren protagonistas ano tras ano, esta carreira vai entrando no calendario da consolidación e vai sendo referente a considerar na axenda vital de cada 31 de decembro.
Con carácter benéfico e non competitivo naceu este evento, e así segue, fiel á súa orixe; eu dou, ti dame e corro, sen regulamento específico que cumprir. Unha saída, unha meta posible e 6kms en percorrido de tres voltas polo parque de Castrelos o demáis é vontade e vivencia. Cadaquen dende si inventa a súa carreira, en familia, en competición, en experimento, en compartida, en divertimento, en cumprimento, en promesa…ou porque si, por un sorteo, por un chocolate…
Falamos en competición e resulta un sabor de voltas sen vitoria recoñecida, sen podio, sen aplauso primeiro, nin metal de medalla. Resulta un correr sen obxectivos marcados a priori, de sensacións espontáneas e desprovistas de condicionamentos. Un tropezo, un adianto, unha parada…e todo segue cun sorriso porque o verdadeiramente agradecido é a resposta da xente, da organización e saber que no calendario dos acontementos hai unha referencia cada 31 de decembro.
Todos quedamos primeiros e todos fomos últimos, o azar pronunciou os números que foron nomes de agasallos e a recompensa de bebidas, plátanos, galletas e un chocolate quente anunciou o peche dun acontecer e a inminente chegada dunha ducia de anos en dous mil.
E que moitas San Silvestres máis acollan o intercambio de alimento real e alimento «virtual».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.