Seica o papa Xoán XXIII decidiu a saída e o Apóstolo Santiago acolleu a chegada. Un e mailo outro espertaron a mañá do domingo sobresaltados ata que interpretaron o panorama xa coñecido e esperado, porque se reitera cada ano no último domingo de Outubro: Un amplo rosario de corpos rezando propósitos e metas a superar, vai mergullando o asfalto das rúas santiaguesas..
Ás dez da mañá pola nova, as once pola vella
Milleiros de xentes decidiron facer do tempo carreira, colleron un anaco de sol, humor e ánimo e tomaron as pedras de Santiago, pés e máis pés batendo nelas.
Así é a Carreira Pedestre do Correo Gallego ,esta foi a 34 edición , sólida e monumental porque así o pronuncia o seu percorrido. Así ,constante, por permanecer na historia dos eventos que volven os días diferentes na memoria, así aplaudida e cálida porque sempre hai un berro unha voz, ou varias, que espabila o nervio no cansancio e empurra por chegar a meta un chisco antes.
A praza do Obradoiro agarda, impoñente e luminosa, tras doce kilómetros ensumidos no esforzo,mentres o tempo pasa; desafiante, para os corredores intrépidos e ambiciosos; a modo para os que esperan; indiferente para os que del prescinden; raudo para os 3037 cronos controlados na meta.
A crónica feminina de resultados desta edición escríbese en galego-portugués, porque así o sentenciou o podio e mailos trofeos de prata entregados ata o posto 5. A honra do primeiro posto levouna a portuguesa Rafaela Almeida, ( 42´24») do clube Sport Lisboa e Benfica; de seguido Solange Andreia Pereira ( 43′:00) do EAMJ-Fuerteventura; completou os tres postos Yolanda Gutiérrez ( 43’54») do Comesaña S.C. ;unha portuguesa de nacenza e galega de residencia, outra galega xenuina galega. No cuarto posto a portuguesa galega Patricia Mendes tamén do Comesaña (44’09») o Quinto volve a Portugal de cheo con Carla Fernández Machado. (44’23») Uniao Sportiva de Varzea.
En galego concreto, Yolanda Gutiérrez foi a primeira clasificada, Raquel Suárez (Ría de Ferrol) cun crono de 44’50»a segunda (6ª absoluta ) e colocouse no terceiro posto (7ª absoluta ) Soledad Castro do Comesaña S.C. invertindo 45’18».
O Comesaña integrou a súa presenza no panorama de Xoán XXIII e Santiago Apóstolo con honrosa participación e incuestionables resultados. Así o nome reiterado en micrófonos de Yolanda, o cuarto posto de Patricia por non poder ser máis mellor, e un terceiro e primeiro de categoría (de 46 anos e máis) para Sole.Carmen Penas Blanco acadou un meritorio 13ª nun tempo de 47’27» máis e prometedor ascenso auguramos a desta clásica comesañense.No posto 28 feminino despedíase do clube Iris Soto Blanco,ata o luns foi comesañense polo que aquí se recolle o seu nome, malia non levar a camiseta representativa do clube. nun tempo de 53’41»; un anaco máis atrás (47ª) entraba Amalia Dopazo, en 57’55»;
A crónica masculina pronúnciase en marroquí porque así o quixo, Hassan Lekhili,( Ourense Academia Postal) vencedor da proba cun tempo de 36’32». O segundo posto foi para o portugués Helder Santos ( Cyclones Sanitop) con 36’42»; quedando terceiro o galego da Sociedade Gimnástica de Pontevedra Carlos Villamor Castiñeira, de Lugo el, con 36’55».
Os seguintes trofeos de prata quedaron nas mans de Iván Hierro Peña ( Saucony Sport Camargo) cun crono de 37’06», e no quinto posto Carlos Manuel Costa do Juventude de Fornos aque parou o tempo en 37’12»
O cadro de honra galego correspondeu ao mencionado Carlos Villamor acompañado de Manuel Ángel Penas ( Puma Chapín Jeréz) con 37′:24» e con 30 segundos máis Gustavo Platas ( Y para correr Lugo)
O lábaro masculino do Comesaña levouno Marcos Antonio Seijo que se situou na meta no posto 20º cun tempo de 39’16»; foi 65º na súa última carreira como comesañense, Juan Carlos Villanueva Acuña, en 42’37»;logo no 892º e 63 da súa categoría, Ramón Vilanova que correu teimando na maratón de Lisboa, o próximo domingo alí acudirá para retar esa chea de quilómetros. que a sorte acompañe e que bos resultados se apañen. No 2039º era o directivo do clube e atleta Diego Alonso quen con 1: 01′ 22″ de esforzo chegaba a o Obradoiro
Coa bendición do sol e non se sabe se coa do apóstolo, aos poucos, as pedras volveron estar na Praza do Obrdoiro, agardando o número 35.
Nas fotos de José Manuel Pérez «Xinzo», feitas por súa dona e baixadas de foro de Correr en Galicia, ollamos a Patricia M. Pereira (20) Javier PérezMoreno, (3341) Jorge Veiga Carballedo, (3838) e Cayetano García Blanco, (2204) na outra Marcos Antonio Seijo no decorrer da proba.