Implicadas no desenvolvemento

Novamente dende a nosa páxina queremos dar a coñecer a labor que está a facer a organización IMPLICADAS NO DESENVOLVEMENTO, unha Organización Non Gobernamental de Cooperación ao Desenvovemento, galega, apartidaría e aconfesional fundada en 1998.
A súa misisón é traballar a prol da erradicación da pobreza nas comunidades máis afectadas por ela, e máis en concreto co grupo das mulleres a través das estructuras de opresión Norte-Sur e de xénero e a contribución a una vida digna para todas as persoas. Este traballo valeulle o Premio Eu tamén navegar contra a violencia de xénero da Xunta de Galicia de 2008.
Implicadas no Desenvolvemento financia e da soporte técnico en proxectos de desenvolvemento integral de comunidades de India e Etiopia. Traballa sobre o terreo con organización locais e tamén coa presenza da presidenta de Implicadas, María Reimóndez, que se desplaza periódicamente para apoiar o traballo sobre o terreo e proporcionar soporte técnico nas planificacións a avaliacións ás ONGs locais (Contrapartes).
Actualmente a organización traballa no proxecto 1 de 200, o cal pretende crear un cambio de mentalidade que permita formar alianzas para loitar contra a violencia de xénero a escala mundial, presentando ante a sociedade galega o problema do infanticidio feminino e as solución que se poden poner en marcha dende o Norte e o Sur indo ás raíces do problema, básicamente a desigualdade de xénero.
1 de 200 ten como obxectivo fomentar una conciencia crítica que se materialice en que, cando menos de 200 persoas se asocien a Implicadas antes de que remate o 2011, para que a organización continúe o seu traballo de loita contra a pobreza, a discriminación e a violencia de xénero, en concreto en contra do fenómeno do Infanticidio feminino en Salem. Mais de 200 nenas morren cada ano en Salem (India). 200 persoas poderían cambiar esta situación. Por só 12 euros ao mes podes ser 1 de 200.

http://www.implicadas.com/libro1de200 http://200implicadas.com/

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.