Una Soledad… que ya tiene compañía

Con Soledad Castro comenzamos unha serie de entrevistas a atletas do Comesaña Spoting Club.

Soledad é a atleta que máis tempo leva pertencendo ao noso club, así que con ela inauguramos esta sección de preguntas e respostas.

   Ademáis do atletismo ,que otras afeccions tes?
Pois definiríame como polifacética. Son curiosa de meu, e todo aquilo que signifique crear e aprender sinto que hai que desenvolvelo. Cada vez o campo de acción é máis limitado porque sabes que non hai tempo e as enerxías vanse consumindo pero sigo adiante. Penso que é imposible aburrirse porque sempre hai algo por disfrutar ou contemplar.
Confeso: gústame ler, escribir, tocar o piano e descubrir o mundo da música, igual que inventar o universo das letras, o cine “vello”, a pintura e fotografía. Pasear e disfrutar dunha conversación que alimente, ampliar coñecementos en todas as variables…ser útil en pequenas e grandes cousas. E tamén cito a miña profesión como afección porque nela disfruto os libros, o alumnado e todo aquilo que supón o mundo da educación. Pero tamén confeso que non adiquei tanto tempo, nin tantas enerxías a ningunha actividade como ao atletismo. Penso Que é imposible aburrirse,
   Falando de pintura, tes una amiga pintora, non?
Chámase Fernanda e a súa paixón é botar tardes enteiras pintando. O seu estilo definiríase como realista, moi minucioso e traballado, cousa que agora non se apreza demasiado. Os seus cadros ás veces mesmo semellan fotos pintadas.
   Posiblemente poucas persoas pensen que te poidas adicar a tanta actividade levando os anos que levas no atletismo, sin embargo os teus primeiros contactos deportivos foron co fútbol.Non é así?
Pois así foi. Toda persoa depende das súas circuntancias; as miñas encamiñáronme cara ao fútbol, porque en realidade non tiña contacto con outro deporte, nin a posibilidade de desenvolvelo. Meu pai era porteiro de fútbol, na parroquia todos os rapaces, e rapazas, tiñamos una pelota disposta sempre a rodar. A fin fixemos un equipo feminino que enfrontaba a parroquias e círculos culturais, eu e maila miña irmá fichamos polo Abrente. Gustábame ser porteira ou defensa, a miña irmá era a encargada de meter os goles, e non o facía mal de todo. pero nin equipos nin xogadoras tivemos futuro. Quizais valeu máis socialmente que deportivamente, porque a polémica de muller e fútbol andou entón de boca en boca.
   Que circunstancias te levaron ao atletismo.?
A participación na carreira popular das Pedriña en Tameiga. Un grupo de amigos, decidimos anotarnos e correr. Fun a que máis correu e gañei a carreira, isto emocionoume e decidiume a continuar; buscar a maneira de poder correr para sempre. Creo que xa ía fervendo no sangue a necesidade , e pensó que dunha maneira ou outra o meu destino había ser ser atleta, máis tarde ou menos cedo.
As casualidades e o empeño, remataron por presentarme a Oliva, e dende entón aquí estou , empeñada en seguir e non desprenderme da historia e historias atléticas e honrar o tempo que a adestradora foi invertindo en min.
   En todos estes anos de atletismo levas coñecido a moita xente, e viaxado moito. Que é o que máis valoras de todas esas vivencias?
As súas múltiples facetas para poder enriquecerte, aprender e formarte. Humanamente a xente é unha fonte de recursos que valorar e aprehender; viaxar abre as portas a novas cousas e novos coñecementos; deportivamente a filosofía que se desprende do atletismo, ensina a ser máis grande en moitos aspectos: os fracasos e o éxito son diferentes e vívense de xeito distinto, pero veñen sendo un camiño parello para saber ser máis atleta e máis persoa. Compartir e vivir experiencias comúns é un privilexio que o atletismo outorga. Competir e superarte … Creo que aproveitaría todo e creo que xa non sabería estar sen sentir que son atleta e que me desenvolvo neste mundo e que Oliva estea decíndome cada semana o que debo adestrar. A sensación cansada de esforzo e suor xa vai impregnado en min, e renóvase en cada competición, en cada adestramento, en cada ducha…
   Algún evento que deixase una especial pegada en ti?
Hai moitos. Cada competición é diferente e ofrece vivencias distintas. Sempre queda algo marcado, bo ou malo.Cito unha ocasión en Pontevedra, sendo xorda, confudin o camiño nos metros finais , ía primeira e Rosi (Rosa Ana Nieto Fernández) perseguíame, cando eu continuei por circuito equivocado, ela parou e cedeume o posto. O máis triste foi a historia de Cangas, que xa non fai falta explicar os por qués. O campeonato de dez mil de Puerto Rico foi moi emotivo, un 5000 en Mallorca, desafíando circunstancias adversas de confianza…e últimamente estar en Hungría supuxo unha renacencia, porque cousas que se sentiron hai tempo volven estar presentes…todo vén sendo unha reciclaxe de emocións, fustracións e vivenzas sentidas. E non digo máis porque seria un serial inacabable.
   Estás ao tanto das declaracións de Odriozola?
Lín a entrevista no País. Hai declaracións que comparto. O atletismo non é un deporte popular, e practicalo supón renunciar a unha vida cómoda e fácil, sen recompensa inmediata, que non concorda creo coa dinámica que a sociedade ofrece. O sentido do sacrificio e superación individual ou colectiva vaise perdendo ou considérase doutro xeito. Non acordo co compromiso medallístico, non se pode esixir a un atleta de antemán unha medalla garantida. Tampouco unha medalla representa o todo. Hai atletas que non veñen colgados de medallas e son grandes atletas, claro que isto de nada serve porque non entra dentro das estatísticas , nin do cómputo numérico .
   Hai alguna frase que esteas farta de oir?
Si, que tome ferro e vitaminas , pero que se lea en sentido positivo. Que os anos pasan e debería facer algo de ximnasio para non perder potencia e forza
E eu estou farta de preguntarme cando demos empezarei a adestrar medianamente en serio para facer unha maratón, ou simplemente cando ousarei a meterme en tal ventura. E seica tamén telo un pouco difícil para facer unha maratón decente e mesmo acabala, cos quilómetros que fas cada semana.
   Como ves o futuro do atletismo?
Moi profesoinalizado e tecnificado. Ao mellor a capacidade humana de esforzo , resistencia e velocidade chegou ao seu límite e agora estamos mellorando con elementos colaterais: roupa, alimentación, medicina, técnica, aparellos, …Cada vez as medallas e éxitos son máis mediáticos , polo que os atletas preparanse para acadalas, e creo que fóra diso todo será “fracaso”. Será un mundo profesionalizado reducido, Os atletas serán auténticos profesonais entregados á causa. Ao mellor é unha visión extrema pero non sabería concordar valores, actitudes, e dinámica da sociedade actual, co atletismo sen máis beneficio que a propia satisfacción.
Haberá que considertar o atletismo popular disposto a acoller a topdo tipo de xente. Aínda que só na modalidade “correr” porque nas demais especialidades aínda non existe.
   Para ir poñendo punto final á enquisa contesta:
   Unha pista de atletismo: Pontevedra
   Unha cidade: Todas aquelas que teñen unha historia vella, de pedras e xente:
  Un político: XesúsCristo
   Un escritor: Entre tantos libros que me gustaron non sabería especificar ningún concreto como en todas estas preguntas puntuais que non me agradan pola limitación que supoñen.
   Un nome de home: Fernando
   Un nome de muller: Pronuncio Soledad porque é o nome da miña nai.
   Una comida: Non pasaría sen queixo, mazás e pan
   Un espectáculo que non sexa o atletismo: o cine.
   Pensaches algúna vez no Comesaña S. C. de hoxe en día?
Sempre tiven a esperanza de que algún día estaría menos soa . O inicio foi unha etapa agradecida porque eras o motivo esencial e protagonista do equipo, pero algo estaba aí fornecéndose e abrindo portas para a entrada de novos atletas. O labor feito, e os resultados están aí, sempre souben que o Comesaña sería titular de xornal , como equipo e como canteira de atletas.
Hai nomes que prometen e hoxe pódome considerar satisfeita e orgullosa de xa non ser a “Estrela” do Comesaña. Por iso deixo aquí as grazas ao Comesaña, a súa directiva e atletas que decidiron estar aí.

Fotos de: Cristóbal Ferradás (Memorial Belarmino),»Chus» Sanguos (Soledad hija y madre en Arona 10) y Marta García Bréa (10 Km, CUVI)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.