Na última reunión de Xunta Directiva, o presidente decidiu convocar para o próximo día 6 de agosto a Asemblea Xeral Ordinaria do Comesaña Sporting Club, por suposto sempre tomando as pertinentes medidas en vigor impostas polas autoridades sanitarias se fose o caso.
Esperando que nada o impida, rogamos a máxima asistencia de todas as persoas socias do club. A súa participación na asemblea é de vital importancia para o futuro desta centenaria entidade.