O día 17, homenaxe a ‘Sole’ en Mos

ooooooO Concello de Mos, que xa o 7 de agosto de 2006 impúxolle a medalla de ouro da localidade, organiza o vindeiro domingo día 17 ás 17:00 horas un acto de homenaxe á súa conveciña, e atleta deste club, Mª Soledad Castro Soliño, acto que consistirá na presentación dun rótulo co seu nome no antigo pabellón Pena de Francia.

oooooQue se pode escribir sobre o nivel e calidade de Sole como atleta, como deportista? Soamente con botar unha ollada á séu historial atlético non fai falla máis, pero é que o seu historial como ser humán aínda é superior ao deportivo, por iso este club, e sobre todo a súa familia e o Concello de Mos, téñense que sentir moi orgullosos de Sole, que sempre foi unha muller loitadora pola igualdade, grazas a ela, moitas competicións de atletismo igualáronse no trato e premiacións entre homes e mulleres.

ooooooAs mostras de deportividade e honestidade que sempre deixou patentes na súa traxectoria foron contínuas, cabe recordar cando nunha competición que quedara de segunda muller entregábanlle o trofeo e premio en metálico da primeira por descalificaciòn desta (unha atleta que por ser portuguesa e internacional, unha vergoñenta e discriminatoria norma impedía a súa participación), e Sole lles dixo que ela non subía ao podio nin recollía esa premiación como gañadora, que ela fora a segunda, que a primeira era a portuguesa, e como tal había que tratala, non vaía iso de admitir que participase e logo non darlle o que se gañou na competición, que en todo caso, cumprindo esa discriminatoria norma, non tiñan que admitir a súa inscripción. ¡E así se fixo!

ooooooXunto con Óscar Péreiro, o ciclista tiunfador de Tour de Francia, sen dúbida Sole é unha das máis importantes embaixadoras do municipio de Mos, e aínda que é certo que houbo grandes atletas, de ambos sexos, nos 104 anos de historia do Comesaña Sporting Club, quizais ninguén ha ter a transcendencia que para o mesmo ha ter Soledad Castro Soliño, tanto polos seus éxitos como pola súa entrega nos 26 anos e catro meses e pico que como atleta xa leva nesta entidade, habendo rexeitado no súa maior plenitude deportiva moitas ofertas de cambio recibidas, mostrando con iso unha fidelidade a unhas cores que fai anos non se leva.

oooooo¡Noraboa a Sole por esta nova distinción que lle fai o Concello de Mos… e a esa corporación polo seu acerto en actuar de tan acertado xeito para coa súa ilustre conveciña!

.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.