CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
O Presidente do Comesaña Sporting Club, comunica a tódolos socios de ámbolos dous sexos, dacordo co determinado no Artigo 20º dos vixentes Estatutos, á convocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria correspondente ao exercicio 2017.
Asemblea que terá lugar ó vindeiro sábado día 28 de abril no Salón de Actos da Sociedad Vecinal Cultural e Deportiva “Nautilius”, situada en Sanín 54, San Andrés de Comesaña, Vigo, ás 19:30 horas a primeira convocatoria e as 20:00 horas en segunda, con arranxo o seguinte:
ORDE DO DÍA
- Saúdo do Presidente
- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
- Informe da xestión da Xunta Directiva.
- Estado e aprobación, se procede, das contas do exercicio 2017.
- Proposta de orzamentos para 2018
- Informe deportivo do ano 2017.
- Ratificación pola asemblea, do acordó tomado en xunta directiva de apoiar aos juices de atletismo expedientados por colaborar no 39º Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través.
- Cambios da Xunta Directiva (baixas e altas se as oubere).
- Preguntas, propostas e suxestións.
Pregramos a tódalas persoas convocadas, por tratarse de asuntos do maior interés para o club, a súa asistencia e puntualidade.
Secretaria Presidente
Silvia Vila Comesaña Belarmino Alonso Comesaña