O Comesaña Sporting Club, organizará en Vigo o próximo día 24 de novembro, co patrocinio do Concello de Vigo é coa colaboración da Deputación de Pontevedra o “41º Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través”, que conxuntamente nas categorías Sub-16 e menores (Cadete, Infantil, Alevín e Benxamín), e baixo o patrocinio dá Xunta de Galicia, tamén será a “Fase Zonal de Vigo do Deporte en Idade Escolar” que clasificará para os Campionatos Provinciais de Campo a Través do Programa Xogade, polo que débese indicar nas correspondentes inscricións quens partipan en dita fase.
Agasallos no «Belarmino»:
Nas carreiras Sénior/Sub-23 de ámbolos dous sexos, a máis de trofeos, outorgaranse compensacións en metálico en concepto de gastos de desprazamento e estancia,por valor de: 400 €, 250 €, 125 €, 75 € e 50 €. A máis, trofeos aos primeiros (alomenos cinco) nas categorías: Sub-23, Sub-20, Sub-18, Sub-16 (Cadete), Sub-14 (Infantil), Sub-12 (Alevín) é Sub-10 (Benxamín). Tamén trofeo para o club gañador de cada carreira.
(As inscripcións, para persóas nadas no ano 2003 ou antes, será exclusivamente con licenza federativa)
Inscricións ordenadas por (clicar na elección): (Apelido) (Club) (Carreira)
Resultados (clicar aquí)
Resultados Fase Zonal Xogade (clicar aquí)
Reglamento completo en español Regulamento completo en galego
Realizaránse clasificacións individuais Sénior-Sub-23 (do año 1996 ou antes, consideraranse coma Sénior), e das categorías: Sub-23, Sub-20, Sub-18, Sub-16 (Cadete*), Sub-14 (Infantil*), Sub-12 (Alevín*) é Sub-10 (Benxamín*). (*) Haberá unhas Clasificacións por separado de só participantes na Fase Zonal.
Horarios das carreiras
Hora | Categorías | Anos nacemento | Distancia | Percorrido (cir. = circuíto) |
10:15 | Sub-20 e Sub-18 masculina | 2000/01 e 2002-03 | 4.180 m. | 1 volta ao nº 4, e 1 ao cir. Completo |
10:40 | Sub-20 e Sub-18 feminina | 2000/01 e 2002-03 | 3.121 m. | 2 voltas ao cir. nº 2, e 1 ao nº 3 |
11:00 | Sénior e Sub-23 masculina | 1996 ou antes, e 1997/98 e 99 | 8.750 m. | 4 voltas ao circuíto completo |
11:45 | Sénior e Sub-23 feminina | 1996 ou antes, e 1997/98 e 99 | 7.040 m. | 2 voltas ao nº 3, e 2 ao cir. completo |
12:15 | Sub-16 (Cadete) masculina | 2004, 2005 é 2006 | 3.121 m. | 2 voltas ao cir. nº 2, e 1 ao nº 3 |
12:35 | Sub-16 (Cadete) feminina | 2004, 2005 é 2006 | 1.530 m. | 1 volta ao cir. nº 1, e outra ao nº 2 |
12:50 | Sub-14 (Infantil) masculina | 2006, 2007 é 2008 | 1.530 m. | 1 volta ao cir. nº 1, e outra ao nº 2 |
13:05 | Sub-14 (Infantil) feminina | 2006, 2007 é 2008 | 1.264 m. | 2 voltas ao circuíto nº 1 |
13:15 | Sub-12 (Alevín) masculina | 2009, 2010 é 2011 | 1.264 m. | 2 voltas ao circuíto nº 1 |
13:25 | Sub-12 (Alevín) feminina | 2009, 2010 é 2011 | 933 m. | 1 volta ó circuíto nº 2 |
13:30 | Sub-10 (Benxamín) masculina | 2012, 2013 é 2014 | 617 m. | 1 volta ó circuíto nº 1 |
13:35 | Sub-10 (Benxamín) feminina | 2002, 2013 é 2014 | 617 m. | 1 volta ó circuíto nº 1 |
Os cinco circuitos:
As inscricións:
Poderanse realizar ata o día 21 de novembro en: comesana.org, ou tamén enviando as solicitudes ao correo: comesana@comesana.org sempre indicando nos datos: Nome, Apelidos, Data Nacemento, Licenza (federada ou do Xogade) e Club, pechándose por este medio o día 19 de novembro ás 22.00 h.
Para que as inscricións de ambos os sexos poidan ser admitidas (estranxeiros incluídos) deberán ter dilixenciada a súa licencia federativa para a tempada 2018-2019, ou de ser o caso, para os nacidos no ano 2004 ou posteriormente, terán estar dados de alta en “Cross” no programa Xogade dá Xunta de Galicia.
Como localizar e chegar o circuíto
Mapa de localización do circuíto
Vista do acceso ó circuíto con Street View
Para localización do circuito en Google maps ou en Google Eart, copiar e pegar no cadro de búsqueda o texto: 42.2024, -8.7662
Para chegar ao punto de acceso do circuíto
Para os que veñen dende fora de Vigo, poden acceder pola circunvalación VG-20 e tomar a saída 4 (ver imaxe da saída 4).
Dirección para navegador: Avd. de Ricardo Mella, 101-105
Coordenadas GPS:
- 42°12’08″N 8°45’55″W
- 42.2022, -8.7653
Descargar o Tríptico informativo da proba
Duchas e vestiarios
Desde o aparcadoiro situado á beira do circuíto, sairá un autobús cada 20 minutos, para que os participantes que o desexen, poidan desprazarse ás duchas e vestiarios situados baixo as bancada das pistas de atletismo de Balaidos, o servizo será gratuíto e de ida e volta.