Animamos aos socios de ambos sexos a acudir a esta asemblea anual, iso achega máis o labor que se realiza desde a Xunta Directiva, tanto os acertos como os desacertos da mesma.
Axuda a unha maior integración na entidade de todas as persoas que formamos parte da mesma, a estar todas elas máis preparadas para inserirse en labores directivos, xa que aquí coñecen de primeira man o que require o Comesaña Sporting Club para seguir sumando e, non só anos, tamén na calidade das prestaciones que o club poida ofrecer aos seus deportistas.
Fomentar o encontro directo entre a súa masa social, persoas que se sintan orgullosas de ser parte dunha entidade centenaria, que en moitos casos ofreceu a súa primeira oportunidade de identificarse co atletismo a quen seguen na entidade como atletas e… a quen por diversos motivos no seu día fóronse e que deben saber terán bo recibimiento si un día volven. .