¡Finalmente será de Calendario RFEA! 38º Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través

recorte-cartel-mba-2016_optO domingo 27 de novembro, o Comesaña Sporting Club, organizará un ano máis o “Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través” en San Andrés de Comesaña.

O Belarmino  e un clásico en maiúsculas, é a competición de campo a través máis antiga de Galicia (sen ter en conta os campionatos galegos), iniciouse en 1978 en homenaxe ao directivo do Comesaña Sporting Club, Belarmino Alonso Fernández, pola súa entrega ao club, falecido en 1977. Neste evento inténtase preservar a entidade do Campo a Través, sinónimo de austeridade, tenacidade e superación. Transcorre entre corredoiras, prados, campos e unha pequena carballeira. Caracterízase pola súa dureza, a lama, os constantes cambios de ritmo, na que os participantes poden experimentar as sensacións do Cross nos seus inicios. É un encontro coas orixes dos que amamos e gozamos deste nobre deporte.

Listaxe de Inscritos e Resultados
INSCRITOS
RESULTADOS

Horario das probas

Hora Categoría Ano nacemento Distan. Percorrido  (cir. = circuíto)
10:30 Xuvenil e Júnior Masculina 2.001/00 e 1.999/98 4.710 m. 3 voltas o circuíto nº 4
10:55 Xuvenil e Júnior Feminina 2.001/00 e 1.999/98 3.460 m. 1 cir. nº 4 + 1 circuíto completo
11:15 Promesa e Sénior Masculina 1.997/96/95 e 94 ou antes 8.565m. 1 cir. nº 3 + 4 circuítos completos
12:00 Promesa e Sénior Feminina 1.997/95/95 e 94 ou antes 6.227 m. 1 cir. nº 1 + 3 circuítos completos 
12:30 Cadete Masculina 2.002 e 2.003 3.460 m. 1 cir. nº 4 + 1 circuíto completo
12:50 Cadete Feminina 2.002 e 2.003 1.590 m. 1 volta ó circuíto nº 4
13:05 Infantil Masculina 2.004 e 2.005 1.590 m. 1 volta ó circuíto nº 4
13:20 Infantil Feminina 2.004 e 2.005 1.085 m. 1 volta ó circuíto nº 3
13:30 Alevín Masculina 2.006 e 2.007 1.085 m. 1 volta ó circuíto nº 3
13:40 Alevín Feminina 2.006 e 2.007 883 m. 1 volta ó circuíto nº 2

O circuíto

1- Circuito 2016 Circuitos 2016

Inscricións

O ser un evento federado, farase polo sistema informático da intranet da RFEA http://isis.rfea.es/sirfea2/rfea.asp pechándose as mesmas o 24 de novembro ás 20:00 h. Aqueles atletas que por ser independentes ou estranxeiros non teñan acceso ao sistema, poderán enviar un correo electrónico a: comesana@comesana.org ou ben por correo ordinario a Comesaña Sporting Club, Pedreira, nº 21 San Andrés de Comesaña, 36213 Vigo. Estas inscricións farán constar: Nome do club (se non é independente), nome e apelidos, ano de nacemento, sexo e número de licencia federativa, pechándose a inscrición por este sistema o día 22 de novembro.

Premios e trofeos

     Nas carreiras Senior/Promesa de ámbolos dous sexos, outorgarense compensacións en metáico aos cinco primeiros postos (400, 250, 125, 75 e 50 €) e trofeos tamen aos primeiros (alomenos cinco) nas categorías: Promesa, Júnior, Xuvenil, Cadete, Infantil é Alevín. Tamén trofeo para o club gañador de cada carreira.

Como localizar e chegar o circuíto 

Mapa de localización do circuíto

Vista do acceso ó circuíto con Street View

Para localización do circuito en Google maps ou en Google Eart, copiar e pegar no cadro de búsqueda o texto: 42.2024, -8.7662

Para chegar ao punto de acceso do circuíto

Para os que veñen dende fora de Vigo, poden acceder pola  circunvalación  VG-20 e tomar a saída 4 (ver imaxe da saída 4).

Dirección para navegador: Avd. de Ricardo Mella, 101-105

Coordenadas GPS:

  • 42°12’08″N 8°45’55″W
  • 42.2022, -8.7653

 

Tríptico informativo da proba

Regulamento da proba en galego

Reglamento de la prueba en castellano

 

Regulamento completo da proba

  1. O Comesaña Sporting Club, co patrocinio do Concello de Vigo, a Deputación de Pontevedra, e coa autorización da Federación Galega de Atletismo, organiza o próximo día 27 de novembro en Vigo o “38o Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través” en San Andrés de Comesaña, “Molinos”, a beira do campo de fútbol “A Xunqueira”
    (Evento, en ambos sexos en nados no 2001 ou antes, exclusivamente para federados.)
  2. O control oficial das carreiras estará a cargo de membros do Comité Galego de Xuices FGA da Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo.
  3. O horario de saída das carreiras (metraxe aproximado) será o seguinte:
    Hora Categoría Ano nacemento Distan. Percorrido  (cir. = circuíto)
    10:30 Xuvenil e Júnior Masculina 2.001/00 e 1.999/98 4.710 m. 3 voltas o circuíto nº 4
    10:55 Xuvenil e Júnior Feminina 2.001/00 e 1.999/98 3.460 m. 1 cir. nº 4 + 1 circuíto completo
    11:15 Promesa e Sénior Masculina 1.997/96/95 e 94 ou antes 8.565m. 1 cir. nº 3 + 4 circuítos completos
    12:00 Promesa e Sénior Feminina 1.997/95/95 e 94 ou antes 6.227 m. 1 cir. nº 1 + 3 circuítos completos 
    12:30 Cadete Masculina 2.002 e 2.003 3.460 m. 1 cir. nº 4 + 1 circuíto completo
    12:50 Cadete Feminina 2.002 e 2.003 1.590 m. 1 volta ó circuíto nº 4
    13:05 Infantil Masculina 2.004 e 2.005 1.590 m. 1 volta ó circuíto nº 4
    13:20 Infantil Feminina 2.004 e 2.005 1.085 m. 1 volta ó circuíto nº 3
    13:30 Alevín Masculina 2.006 e 2.007 1.085 m. 1 volta ó circuíto nº 3
    13:40 Alevín Feminina 2.006 e 2.007 883 m. 1 volta ó circuíto nº 2

     

  4. As inscricións, ao ser un evento federado, faranse polo sistema informático da RFEA http://isis.rfea.es/sirfea2/rfea.asp pechándose as mesmas o 24 de novembro ás 20:00’
    Aqueles atletas que ben por ser independentes ou estranxeiros non teñan acceso ao sistema, poderán envialas por correo electrónico a: comesana@comesana.org, ou por correo ordinario a Comesaña Sporting Club, Pedreira, no 21 San Andrés de Comesaña, 36213 Vigo. Estas inscricións farán constar: Nome do club, (se non é independente) nome e apelidos, ano de nacemento, sexo e número de licenza federativa, pechándose por istes medios o día 22 de novembro.
  5. Neste evento non poderán participar nin atletas españois con axuda económica da RFEA nin atletas extranxeiros que ouberan feito, durante a presente tempada ou as 2 anteriores, unha marca dun valor de 900 puntos ou superior por táboa IAAF vixente (como se detalla no artigo 3.4 do regulamento das competicións da RFEA), salvo permiso expreso concedido. Este punto non é aplicable para atletas (españois ou estranxeiros) con licenza dilixenciada pola Federación Galega de Atletismo.
    Nota: (A organización non está dacordo con esta norma federativa, se ben, mentres estea en vigor acátaa e velará polo seu cumprimento).
  6. Para admitir as inscripcións (estranxeiros incluidos), cada atleta deberá ter dilixenciada súa licenza federativa para a tempada 2016/2017. Cadetes e menores alomenos dados de alta en “cross”, do Programa Xogade da Xunta de Galicia.
  7. En todas as carreiras haberá unha clasificación por clubs, establecéndose ésta coa suma dos postos ocupados polos catro primeiros atletas dun mesmo club en cada carreira (postos reais, contabilizando os de menos de catro por club ou independentes).
    En caso de empate, este resolverase en favor do club co 4o atleta mellor clasificado.
    Realizaranse clasificacións individuais Sénior-Promesa (do ano 1994 ou antes, consideraránse coma Sénior), e das categorías: Promesa, Júnior, Xuvenil, Cadete, Infantil é Alevín.
  8. Nas carreiras Senior/Promesa de ámbolos dous sexos, outorgarense compensacións en metáico aos cinco primeiros postos (400, 250, 125, 75 e 50 €) e trofeos tamen aos primeiros (alomenos cinco) nas categorías: Promesa, Júnior, Xuvenil, Cadete, Infantil é Alevín. Tamén trofeo para o club gañador de cada carreira.
  9. Todos os dorsais dos atletas serán entregados polo club organizador no momento da confirmación, que se realizará como mínimo media hora antes do comezo de cada carreira, debendo os atletas respectar, de habela, a publicidade impresa.
  10. Os participantes, en todalas carreiras, deberán pasar por cámara de chamadas ata 15 minutos antes da hora de saída fixada para súa carreira.
  11. As reclamacións sobre a competición, vervais ou por escrito, deberán ser presentadas ao Xuíz Árbitro ata 30 minutos despois da publicación dos resultados.
  12. Todo atletas participante estará cuberto por un Seguro de Responsabilidade Civil de acordo a reglamentación vigente.
  13. O non previsto neste Regulamento resolverase dacordo cos Regulamentos da FGA, RFEA e o Internacional da IAAF neste orde.
  14. O feito de inscribirse neste 38o Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través, implica a total aceptación do preceptuado no presente regulamento.

 

(Haberá un servicio de autobús de Vitrasa cada 20 minutos para achegar a participantes ata as duchas nas pistas de Balaídos e voltar ao circuito)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.