Manuel Rosales é de Marín, e Marín foi de Manuel Rosales. este venres na noitiña.
O asalto do asfalto, comezou polas nove, cos máis cativos desafíando posibilidades, e ás nove e media con previo protocolo de recoñecementos, Rosales disparou, e despois botouse a correr, foi a saída da carreira absoluta.
A convocatoria +10 de Marín Manuel Rosales. Gran Premio Ence, reuniu a un representativo número de corredores. Nun percorrido urbano de dúas voltas, completáronse os aproximados 10 km que dán nome á proba. As rúas de Marín priorizaron o evento, a presenza de corredores dispostos a invertir parte dun tempo nocturno correndo, volvéronse protagonistas, mentres os resignados automobilistas, agardaban, miraban, animaban, maldicían ¡quen sabe o que dirían!. Diríase que a ocasión ben merecía unha espera de atasco.
O Comesaña participou, en absoluto con tres homes e unha muller.
Antón Amoedo Giménez, foi o número 8, primeiro comesañense, cun tempo de 35′:24», na súa categría VTBM, clasificouse 3º. Germán Díaz Alonso entrou 17º e correu durante 36′:16» sendo 7º VTAM. Miguel Marzoa Ruíz cruzou a meta 25º con 36′:55′, 8º SNM. Diego Alonso Otero en 257º posto invertiu un tempo de 51′:55», SNM96
María Soledad Castro quedou 2ª na carreira feminina,45 da xeral, con 38′:22», e clasificaríase 1ª da súa categoría. VTCF
En homes o vencendor foi Iván Docampo González,(SGP) con 31′.17», seguido de Santiago López Rodríguez (Atletismo Porriño), cun tempo de 32′:32» e o terceiro posto correspondeu a Abel Barroso González (C.A. Ría de Arousa-O Grove), 34′:11»
Esther Navarrete Santana (C. A. Feminino Celta), cun tempo de 36′:39», proclamouse vencedora da carreira feminina; máis lonxe, e segunda quedou Sole cos 38′:22» xa mencionados e o terceiro posto foi para María del Rosario Figueroa ( C.C.R. Marisqueiro) invertindo 41′:27»
Primeiro, segundo e terceiro. Primeira, segunda e terceira, postos consolidados en inversión de tempo,sen desputas, a diferencia de crono é representativa.
A noite foi de Rosales, en Marín, moita xente aplaudiu e acolleu a meta e percorrido dos atletas, así unha ringleira de ánimos,á beira dereita, á beira esquerda, que sempre incitan a pensar nunha continuación…Esperamos un vindeiro disparo de Rosales e máis fazañas por contar.
Luces e branco sobre a escuridade, na foto de Laura |
Seguimos en clave Comesaña, nocturna, con foto realizada por Laura, espontánea, en sombra da noite.