Nunha mañá de estío, con sabor a sol, praia, area, e sombra dominical, Vilagarcía foi punto de referencia de carreira e campionato. O 15 de Xullo aí se celebraba a I Edición Carreira Popular Deputación de Pontevedra e o II Campionato Galego de 5 km en ruta.
Con cumprida austeridade desenvolveuse a xornada. Ás once e media un chisco pasadas, deuse a saída conxunta: categorías establecidas masculinas e femininas.Nun percorrido de dúas voltas de 2500 m. habería que completar os 5000. Un circuíto de ida e volta, sen obstáculos, costas ou outros impedimentos que entorpecesen a velocidade. Cadaquén ao seu ritmo e cos obxectivos mellor ou menos mellor acadados, foi chegando á meta e sen máis, despois do cansancio, cadaquén organizou o seu correcto descanso e recuperación, ou a espera para a entrega de trofeos e medallas.
En clave Comesaña hai moitos nomes por mencionar; a listaxe de atravesados na meta deste campionato é ilustrativa.
O primiero comesañense foi Alejandro Álvarez Costas, entrou na xeral de 14 invertindo 16′:25», que lle garantiu un segundo posto na súa categoría JM. A primeira comesañense do campionato foi María Yolanda Gutiérrez Robles, que cos seus 17′:33» subiu ao podio como segunda clasificada
Recóllense participantes tampos e postos, xeral de carreira e de categoría no campionato:
14- Alejandro Álvarez Costas– 2º JM2- 16′:25»
24- Enrique Martínez Martínez– 2º XM2-16′:41»
26- César Costas Álvarez– 4ºM35- 16′:51»
44- J. Andrés Fervenza Fragueiro– 9º M40- 17′:16»
50- Antón Amoedo Giménez-10ºM40- 17′:32»
63- Cándido Acuña Fernández– 13º M40- 17′:54»
84- Manuel Ayuso Vilaboa -SM -18′:37»
97- José Manuel Lorenzo Fernández– 18ºM40- 19′:12»
115- Manuel Pérez González 8º M50- 20′:18»
Maioría en M40 para homes; unha case medalla en M35; unha prata para Enrique en XM e Alejandro en JM; Unha mala pero superable carreira de Manuel SM tamén Manuel en M50 acadou un 8 de posto.
2-María Yolanda Gutiérrez Robles– SF- 17′:33»
3- Carmela Cardama Báez– 1ªXF- 18′:17»
4- M. Soledad Castro Soliño-1ª F45- 18′:34»
5- María de las Mercedes Gómez Alonso-1ºF40- 18′:48»
12-Victoria Fernández García– SF- 20′:31»
26-Elena Guerra Dablanca-3ª XF- 24′:52»
O podio foi cómplice das mulleres, unha considerable representación foi protagonista del.
Impediu de novo María Jesús Gestido ( EAMJ- Fuerteventura,), 1ª con 17′:16»,un pleno de Comesaña absoluto. Conformámonos pois, co 2 e 3º posto, e ata o 5º dominamos.
Como xa foi citada, Yoli acadaría a prata absoluta, quedando o bronce para Carmela, que continúa coa súa colleita de campionatos, e progresando. Na categoría W40 foi o ouro para Merchi e así tamén pasou con Sole en W45, Elena recolleu o seu merecido bronce en categoría xuvenil. e Victoria quedou de doce muller.
O campión galego masculino foi Francisco Javier Gómez Noya (SGP), 2º clasificouse Iván Docampo González tamén da SGP con 15′:20» e repetimos club SGP ao citar o bronce porque foi para Rafael Fuentes Lubiáns, 15′:40». Pleno podio para a SGP.
Na carreira popular proclamouse vencedor Crisanto Grajales Valencia cun tempo de 14′:16», segundo foi o xa citado Francisco Javier Gómez Noya e o terceiro posto quedou para Irving Adrián Pérez Pineda con 15′:16».
Na carreira feminina sería primeira Bárbara Riveros con 16′:37, segunda quedaría Ricarda Lisk, 17′:08» e terceira a campiona galega Mª Jesús Gestido.
Así se consolidou un segundo campionato na distancia. Así, puido ser Vilagarcía na súa primeira edición popular de cinco mil en ruta.
Dende alí pronunciamos, dende aquí seguimos pronunciando, pensando un nome, JOAQUÍN, para que en El permanezan o ánimo e forzas precisas que contribúan a unha boa e rápida recuperación. O percorrido que Te agarda vai cheo de voces que te empurren cara a túa meta. Esta páxina agárdaTe.
A primeira foto de Suso Carril.
A segunda foto de Beatriz Viteri correspondese ó podium femenino do Campionato.