En Marina D’Or non todo son vacacións, ou alomenos este domingo foi excepcional, porque foi a “vocación» o que levou a Clubs de Atletismo de toda España ata esta vila de edificios e costa mediterránea.
O Comesaña foi un dos moitos que botou a rodar rodar estrada adiante para participar en cónclave feminino.
Mulleres formando Equipo xuvenil, cadete e sénior en cross curto, metéronse o sábado cedo nun autobús e despois de doce horas de asento e paradas en breve, alá chegaron na noite. Quizais a expedición máis numerosa dende tempos: participativa e acompañativa. Cousa para non obviar, si para mencionar ben alto e merecedora de calado (ou cálido) aplauso.
A organización ofreceu apartamentos cerca do circuito, e un comedor-buffet común para todos os clubs. Supuxo isto tranquilidade e comodidade, sen apuros de traslados e outras obrigas loxísticas e comida non faltou, abonda e diversa por satisfacer ata os máis raros aptetitos.
Mar, área e circuito dende a liña do horizonte. Á beira da Praia transcorreu unha mañá chea de sol, frio tenue de brisa, e plena de atletas en carreira.
Nun percorrido de herba, anacos de área, madeira, de liñas rectas e despois curvas, foron sucedéndose as distintas participacións por categorías masculinas e femininas.
Sen dúbida o protagonismo e interese desta crónica estriba nas actuaccións do Comesaña. Buf! Que orgullo e vértixe, ver a camiseta do Comesaña aí, nos primeiros postos, como aconteceu coa carreira cadete, como se presenciou na xuvenil. Aínda sendo un Campionato de Clubs, salientamos o resultado individual de Ángela e Carmela, 6ª e 2ª nas súas respectivas categorías e dase a noraboa a todas as individualidades que fixeron posible un Equipo e a súa participación nun campionato e a súa clasificación final.
O Equipo cadete, despois do mencionado 6º posto de Ángela, clasificou en 2ª posición a Lorena Fernández, 145ª na xeral; foi a 3ª Natalia Martínez, que entrou de 170ª; cuarta Sara Rodríguez, sendo 184ª, seguiuna Alba Rodríguez no posto 187º e Itsaso Fernández co 217º, pechou a 6ª posición.
Todos estes números definíronse nun 31º, posto finalmente acadado polo Equipo.
O Equipo xuvenil, comandado polo segundo posto xeral de Carmela, colleitou un 115º posto de Sara Penedo que a coloca de segunda na clasificación
para o Equipo; terceira sería Mónica Rodríguez que entrou de 139ª, o cuarto correspondeu a Elena Guerra, 190ª na xeral e quedou como quinta Jéssica Davila, 194ª.
Todas elas protagonizaron un 24º posto nun conxunto de 50 equipos.
Nos catro quilómetros do Cross Corto, Sandra Mosquera, saiu decidida nos postos primeros, pero a resposta do seu xeonllo traicionou un mellor resultado para ela e para o Equipo, valor e ilusión non faltaron. Á segunda das clasificadas Yolanda Gutiérrez quedoulle curta a distancia, está preparando unha maratón, polo que os catro kilómetros só foron anécdota ben cumprida.
Carmen Penas foi a terceira,; insuperable a súa traxectoria de campionato a campionato, vai a máis e máis, a menos e menos en número de clasificación individual final (110ª no ano 2010 e 57ª neste 2012). Dalí a pouco chegou Soledad Castro, chorando coma sempre a endemoñada distancia, demasiado curta para un corpo que non sabe correr a estes ritmos requeridos. Quinta foi Mercedes Gómez, que se manifesta non de todo conforme, pero cos ánimos dispostos a desconformormarse. A superación tamén é obvia na 6ª Silvia Veira, a súa evolución vai gañando postos: hai dous anos quedou 153ª, agora foi 100ª.
O feito, insta a teimar sobre o relativo da valoración dos resultados: o 57º está lonxe do 1º, pero está a 53 do 110º, quizais isto sexa o máis grande para a ilusión.
As 6 deron en suma un nada desmerecente 10º posto.
E outra vez estrada adiante, sen vacacións en Marina D’ors, máis cansadas se cadra, pero coa vocación renovada despois de sentir a máis ou menos satisfacción dun labor cumprido e rematado.
Ha ser esta unha páxina máis para a historia do Comesaña en Club, e esperemos que a continuación e constancia, nos obriguen a escribir constantemente grandes e pequenas novas.
En las fotos de Ángela González Y Jesús Martínez, que tan pronta y amablemente nos cedieron, vemos los tres equipòs del Comesaña Sporting Club que compitieron, así como a sus primeras clasificadas, Sandra tratando de recuperar su rodilla en el agua marina.