Ano III para a Pobra do Caramiñal e o seu Campionato Galego de Cross veterán.
Unha nova edición de domingo en Cabío con praia, vento, frío e piñeiros en sombra
As candeas, a terra, herba e area concluíron esmagadas, encravadas e buraqueadas de tanto pé. Non foi maltrato. foi esixencia dun percorrido, dun acontecemento que invadiu a rotina do lugar.
Atletas veteráns e non veteráns colleron as súas circunstancias, obxectivos e intencións para recrear unha xornada atlética.
O Comesaña evidenciouse, coñecemento das súa actuación xa temos. Só quedan por desvelar misterios, enigmas e incógnitas.
Por exemplo a enigma das horas que se invirten na espera das premiacións.
Por exemplo o misterio dos trofeos por equipos. Ulos?
Por exemplo a incógnita de Alberto R. Pantín: no inicio da súa carreira ( M-45 e maiores) escoitaba voces de ánimo «Veña Papi«, e avanzada a carreira as voces cambiaron: «veña abuelo«. Íronizaba así sobre o que considera unha mala actuacción. Aquí resóvese unicamente a incógnita cos parabéns oportunos , polo humor, por estar.
A resolución de enigma e misterio significaría a clave para mellorar con moito as impresións finais do Campionato.
Neste ano III, seguimos recoñecendo o labor da organización e a súa iniciativa.
Neste ano III o sol pousou no Comesaña, e brillou.