O corpo tería de absorber 10Kms. nun recoñecido percorrido urbano que nos había levar polas rúas da Coruña en variante traxecto de ida e volta. Mesmo puidemos chegar a sentirnos tranvía, avanzando polas sáus vías paso tras paso ata Riazor. onde xa tocou dar volta cara unha meta´: O Obelisco. Aos poucos alí foi chegando o Comesaña: Marcos Antonio Seijo Bujía levou a honra de inaugurar a presenza, boa colleita para Él, campíón galego M40, coa noraboa correspondente despois do tempo ausente. Carlos Carrera Moraña, que non ten licencia federativafoi o segundo do clube, Antonio Sobrado Fernández seguiuno para ultimarse como 6º na categoría M40; Miguel Ángel Costas Iglesias quedou no seu papel de 4º comesañense seica satisfeito, Alejandro Álvarez Costas non amosou un sorriso enteiro ante un 4º posto de categoría Xúnior, Manuel Ayuso Vilaboa mirou con ollos grandes a marca e o seu contento foi máis grande que os ollos. Germán Díaz Alonso reservouse e andou precavido cos números do crono, Yago Lago Álvarez foi o número 40 en SNM e Manuel Pérez González quedou cun baile recíproco de números na marca 43:34, seica capicúa.
O podio femenino, falou co Comesaña S. C. en ocasións varias. Absolutamente estivo con Patricia Méndes Pereira, para felicitarlle o seu Campionato, tamén o seu 2º posto na carreira. Yolanda Gutiérrez saudouno como subcampiona galega e como 3ª na carreira. Veu o silencio para falar de categorías e aí está Soledad Castro Soliño vencedora en F45 e Montserrat Carreira Costas bronce foi en F40, tamén con capicúa. Victoria Fernández García sería 5ª en categoría SNF .
E mentres todo acontecía entre sol e sombra os grandes e pequenos atletas comesañenses rehabilitábanse, bocadillo en man, bocado en boca.
E cando xa nada houbo que agardar, o Comesaña S. C. marchou da Coruña en autobús.
Postos, nomes e tempos
10º-Marcos Antonio Seijo Bujía–1ºM40–31’35», 31º – Carlos Carrera Moraña–15ºSNM–33’53», 32º-Antonio Sobrado Fernández–6ºM40–33’56», 67º-Miguel Ángel Costas Iglesias–18ºSNM–35’22», 75º-Alejandro Álvarez Costas–4ºJNM–35’37», 78º-Patricia Mendes Pereira– 2ªF-1ª SNF–35’39», 85º–Manuel Ayuso Vilaboa–35ºSNM–36’00», 129º-María Yolanda Guitiérrez–3ªF-2ªSNF-37’00», 167º-Germán Díaz Alonso–44ºM35–37’35», 171º-María Soledad Castro Soliño—6ªF6-1ªW45–37’41», 269º- Yago Lago Álvarez–93ºSNM–39’21», 351º- Francisco García Villaverde, 109ºM35–40’16», 656º-Manuel Pérez González–48ºM50–43’34», 802º-Victoria Fernández García—29ªF-9ªSNF-44’47», 928º-Montserrat Carreira Costas–35ªF–13ªW40–45’54».
Os postos son os da clasificación xeral, os do campionato son bastante distintos. Nestes intres nos resultados oficiais pendurados pola FGA na sua páxina, non consta a compiona Patricia Mendes Pereira…..¿?… ¡¡cousas que acontecen!!
Tamen participou na carreira dos Infantis, Cadetes e Xuvenís, categorias e sexos mesturados, nun percorrido apro.de 4 Km., o xuvenil Enrique Martínez Martínez, 8ºe 5º xuvenil en 11’57».
As fotos da carreira son de Xandra & Billa e mais de Mayu Coira, baixadas do foro de Correr en Galicia