De bronce, con frío e outros desconcertos.

      O frío ía entumecendo os corpos aos poucos, o sol foi timorato e non quixo esperguizarse ao completo, raios mornos que non espantaron as sensacións xélidas. A herba mudou o verde e amenceu cun longo vestido branco confeccionado en xeadas.

   Acontecía en Ribadavia, na celebración dos Campionatos de España de Clubs Veteráns.

  Como xa viña anunciado o Comesaña alí estivo e a súa participación consolidouse en bronce. Un terceiro posto que se inscribe ao palmarés do equipo e unha medalla que foi suma de cinco entrando en meta.Un podio compartido, para seguir facendo historia e historias.
      A carreira feminina acolleu todas as categorías e os equipos clasificados corresponderon a W35/40. E cóntase aquí a maneira de divertimento un chisco amargo a traizón das leis sabidas que nun momento se ofuscan e se volven enimigas.
      A meta remataba en costa, precedida dun arco inflable, o control de chips, xuíces e demais requisitos dunha chegada estaban visiblemente ubicados, mais non foi suficiente para anular o efecto óptico confundido de respirar o remate baixo un arco que nada sinalaba. Non sei o que tería acontecido de non ter sufrido unha alucinación absurda que sentenciou un primeiro posto? pero si sei da sensación rota e o sabor acedo. Non se conta a xeito se desculpa, só como necesidade de expresar a raiba dunhas pernas que correron en todo momento por afacerse coa Vitoria; foi un anaquiño precipitando un desenlace. Pero entristeceu e espertou máis impotencia ver a Merche, tamén, deterse cansada debaixo do arco que nada sinalaba. Cousas da incoherencia que ás veces nos atrapa, esta vez, aconteceu nunha carreira en Rivadavia, agardemos non ter que escribir outra vez
Pero isto só era un conto, e a verdadeira realidade está no final: que o Comesaña Sporting Club co seu equipo femenino veterano, foi estivo no podio con 5 bronces en 5 pescozos (Merche Gómez, Montse Carreira,  Olga Romero, Soledad Castro e Mila Gómez) e unha botella de Viña Costeira nas mans, xentileza da organización
O podio de Equipos Femeninos categorías conxuntas correspondeu aos equipos:

1- Atletismo Cuenca ……………………20
2- Beste Iruña At………………………..27
3- Comesaña Sporting Club…………..34

Falando en masculino disputáronse tres carreiras para acoller a clasificación en 5 categorías
1-M35/M40
2-M45/M5
3-M55-60

      Salientar a vitoria do Ourense Academia Postal en W45 a puntos equitativos co sequndo clasificado e o bronce do Universidade de Santiago na mesma categoría. Así como o tamén bronce do Vet. Pabellón Ourense en W55-60.
O cadtro masculino de podium resumiuse nos Equipos:

M35

1- Calatayud-Cajalón………………33

2- CA Evasión Running……………45

3- AD.Marathon……………………..51

M40

1- Ciudad de Toro………………….41
2- AD Maratón………………………74
3- P. magli Record-Elda…………90

M45

1- Ourense Academia Postal……27
2- Anta bodegas FDR……………..27
3- Universidade de Santiago……32

M50

1- Piélagos Inelecma……………….49
2- Escuela Plasencia………………..89
3- Parquets Germán Rivera……112

M55-60

1- AD.Marathón……………………21
2- TF.Cajacanarias………………..21
3- Vet. Pabellón Ourense……….39

      O feito de terse celebrado en Rivadavia este Campionato facilitou a participación do Comesaña, polo que se agradece a iniciativa e a organización, e que outras oportunidades veñan para participar e protagonizar.
       A foto e una xentileza do ourensán Nacho Rego

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.